Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O 17° Ribeira Sacra Festival presenta a súa edición máis especial este 2020

A música en directo é un dos grandes eixos no que se enmarca o 17° Ribeira Sacra Festival, que contará con todos os recursos previstos e medidas sanitarias por entón para que os artistas asolaguen de música os principais escenarios que forman parte desta nova cita.

Escenarios en enclaves naturais tan espectaculares como o Escenario Momentos Alhambra, situado no Miradoiro de Santiorxo, como en edicións anteriores, pero este ano tamén no casco histórico de Chantada. Outra experiencia máxica é a que se vive en dúas das principais adegas da zona, Regina Viarum, onde este ano se situará o escenario Fest Galicia; e Adega Algueira, pero tamén en sitios patrimoniais como o Reitoral de Gundivós, e o Catamarán de Doade, co Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra.

PROGRAMACIÓN MUSICAL

O Festival 17° Ribeira Sacra é a cita perfecta non só para quen xa coñece o encanto da zona, senón tamén para todas aquelas persoas que aínda non tiveron a oportunidade de deixarse fascinar por un dos segredos mellor gardados da paisaxe galega, no que este ano, Xoel López presentará temas do seu décimo quinto traballo, do que xa escoitamos adiantos, como 'Tigre de bengala', cheo de frescura e ritmos bailongos, un disco no que o artista dá renda solta por completo á súa imaxinación. A voz emocionante de Ele ecoará durante semanas entre cada recuncho da Ribeira Sacra, mentres que con Guadi Galego viaxaremos ata o seu interior da man de 'Immersion', un álbum gravado con invitados de luxo, como Iván Ferreiro, quen xa gozou da experiencia 17º na primeira edición do Festival.

Durante esta viaxe poderemos saborear o delicioso indie-pop psicodélico dos portugueses Cassete Pirata, sen dúbida, un tesouro de banda por descubrir; do mesmo xeito que Momboi, o seu estilo é moi persoal: cumbia e rumba mestúranse con melodías jazz e funk. A nota de cor poñeraa Elba, con sons pop moi frescos e próximos á electrónica, de onde tamén beben Laura LaMontagne & PicoAmperio, de maneira máis íntima e movéndose desde os loops á tradición galego-portuguesa das “cantigas de amigo”. E do discurso e o poder da canción tradicional galega, tamén por parte tamén de Os amigos dos músicos, pasaremos a Best Boy e as súas cancións folk-pop que acariñan mentres pechas os ollos.

Esta cita única, que marida día e noite música, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, dará a coñecer moi pronto outras novidades do seu programa: catas, cociña de autor, roteiros e outras actividades para o goce da zona.

Os abonos para desta IV edición están xa esgotados. Para este ano o festival creou unha edición máis reducida e de menor formato, o que obrigou a reducir os abonos e os espazos de celebración. O evento está suxeito ás medidas preventivas e recomendacións sanitarias que vaian actualizándose por parte das autoridades.


R.