Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A compañía Cámara Negra estrea no Salón Teatro en coprodución co CDG o espectáculo ‘Clausura do amor’

Os dous intérpretes defenden unha posta en escena de resistencia física e emocional, encarando un texto visceral sobre o fin amor. É, en definitiva, un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación, sen máis concesións que as da actuación e a palabra. Constitúe un combate devastador a través dunha intensa linguaxe que atopa os seus mellores aliados no humor acedo, no traballo de creación moi físico e na investigación a través da improvisación escénica.

Clausura do amor é una das cinco coproducións do CDG que tiveron que atrasar o seu encontro co público no Salón Teatro por mor do estado de alarma decretado pola pandemia. A estrea estaba planificada inicialmente para a primavera pasada, do mesmo xeito que as funcións das outras catro montaxes participadas pola Xunta de Galicia a través do CDG que tiveron que pospoñer a súa exhibición: Microspectivas dunha heterosexual insatisfeita, Poeta en Nova York, O premio, e Crónicas dun marica millennial.

A función de estrea de Clausura do amor será finalmente mañá ás 20,30 h., o mesmo horario que as do venres e sábado; en tanto que o domingo adiántase ás 18,00 horas. As 60 localidades dispoñibles para cada pase xa están á venda anticipada en liña a na web http://entradas.abanca.com Tamén poden mercarse no despacho de billetes do teatro desde dúas horas antes do comezo de cada pase.
R.