Galicia, xunto coas Comunidades do norte, solicita o aprazamento do grupo de traballo do lobo ata aclarar as dúbidas sobre o acordo adoptado na última Comisión Estatal

Tal e como vén denunciando a Xunta de Galicia, estas irregularidades afectan tanto á tramitación do procedemento, como á celebración da última Comisión estatal, xa que o propio Ditame emitido polo Comité Científico sinala “a ausencia de criterios obxectivos para a inclusión de especies no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial” (Lesrpe).
Así, a Xunta de Galicia súmase ás accións e medidas que as comunidades do Norte do río Douro (Asturias, Cantabria e Castela e León) emprenden para frear a inclusión do lobo no Lesrpe.
Estas rexións, que albergan máis do 95% dos lobos de España, defenden que esta decisión estatal carecer de fundamento técnico e científico e vulnera as competencias exclusivas en materia de caza das Comunidades Autónomas, pois a propia normativa comunitaria permite que as poboacións de lobo ao norte do Douro poidan ser xestionadas con normas cinexéticas.
R.