Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A criminalidade en Galicia pecha o ano 2020 consolidando a mellor cifra da última década

A nivel provincial, tódalas provincias acadan importantes descensos, máis destacable no caso da Coruña, onde a taxa baixa ata o 28,7 (infraccións penais por 1.000 habitantes), 3 puntos menos respecto ao periodo anterior. Pontevedra acumula un descenso de 1,8 puntos ata os 28,8 casos por cada 1.000 habitantes. En canto a Lugo, descende 1,6 puntos ata o 21,1, e Ourense, rexistra 2,3 puntos menos ata 24,3 infraccións penais por cada 1.000 habitantes.

A taxa de criminalidade en Galicia descende en paralelo á diminución de infraccións penais acumuladas. Entre xaneiro e decembro do pasado ano os casos coñecidos polos Corpos e Fozas de Seguridade en Galicia foron 80.024, un 7,9% menos que no ano 2019 (6.314 infraccións menos). Javier Losada salientou que da totalidade de infraccións penais, as cateogorías principais descenderon máis dun 18%: “falamos de delictos moi graves ou graves que provocan maior preocupación entre a cidadanía como os roubos con violencia ou forza, os homicidios, os delictos de tipo sexual e os furtos”.

En canto á tipoloxía dos delitos, o delegado do Goberno apunta que os maiores descensos dánse en roubos e furtos. Tamén diminúen os delitos contra a liberdade sexual e os homicidios que descenden máis dun 31%.

Pola contra, aumentan as infraccións penais de tipo económico. Javier Losada volveu advertir sobre o crecemento das estafas, principalmente as de tipo bancario e os delictos vencellados ao branqueo de capitais.
R.