O subcomité clínico fixa o nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.
Continúan os cribados para a detección precoz de casos
A dirección xeral de Saúde Pública continua a intensificar a realización de cribados poboacionais na procura de identificar novos casos positivos polo virus Sars-Cov-2. Así, entre os días 6 e 19 de abril, convoca para realización de probas diagnósticas a máis de 35.000 galegos e galegas.
Últimos datos e programa de vacinación para a fin de semana
Na xornada de onte, a Xunta de Galicia administrou un total de 33.229 dosis de vacinas contra a covid-19. En concreto, vacinou a 31.882 persoas coa vacina de Pfizer, e a 1.347 coa de Astrazeneca.
No caso da vacina británica, 1.264 doses foron administradas en grandes recintos (Ferrol e Cee) e 83 noutros puntos de vacinación. No caso das vacinación en Ferrol e Coruña-Cee as porcentaxes de adherencia acadaron o 81,6% na cidade departamental, e o 80,4 % en Cee. Así, a porcentaxe global de adherencia á vacina de Astrazeneca na comunidade galega é de o 77,43%.
A Xunta continúa a acelerar o ritmo de vacinación en Galicia ao convocar a preto de 52.000 persoas para vacinarse, durante esta fin de semana. Así, nas xornadas do sábado e domingo, administrará a vacina de Pfizer ao redor de 27.000 persoas, xunto con outras 25.000 doses da vacina de Astrazeneca.
R.