Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Xunta destina máis de 10.000.000 euros aos Programas Integrados de Emprego para facilitar a ocupación de 4.000 desempregados

Así mesmo, cómpre salientar que de todo o importe, reservaranse dous millóns de euros para programas dirixidos en exclusiva a mulleres sen ocupación, que recibirán atención específica e adaptada as súas necesidades.

Os destinatarios prioritarios tamén seguirán a ser persoas en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, maiores de 45, persoas con discapacidade ou migrantes.

Desde 2009, 42.000 persoas participaron nestes programas, aos que se destinaron 74 millóns de euros.
R.