Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Amigos da Ópera de Vigo presenta unha nova edición do Festival Outono Lírico

Como actividades parelelas, o ciclo inclúe a iniciativa Novas Voces da Lírica Galega no Auditorio Martín Codax ás 19,00 horas. Neste caso será con entrada libre e a representación será a cargo da soprano Lucía Iglesias e Carlos E. Pérez ao piano e Aldara Otero ao violín.

O auditorio municipal acollerá o ciclo Ópera no cine, de entrada libre. O 14 de setembro visionarase Macbeth; o 28 de setembro, Der Fliegende Hollander; o 5 de outubro, I due Foscari, e o 26 de outubro. Suor Angelica. A iniciativa completarase cun ciclo de conferencias no Centro Social Afundación. Todas serán ás 19,00 horas e de entrada libre. O 24 de setembro Pauline Viardot. Una estrella que alumbró a los demás a cargo de Teresa Adrán, musicóloga e divulgadora musical; o 22 de outubro Corelli. La voz titánica con Ricardo de Cala, director e presentador de Maestros Cantores en Radio Clásica e o 2 de novembro Caruso. Poderoso Señor con Victoria Stapells e Arturo Reverter, escritores e críticos musicais.


Visita

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe os ensaios da actuación inaugural do Festival Outono Lírico, organizado pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo que conta un ano máis co apoio da Xunta de Galicia.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade presenciou as probas realizadas polo tenor Ismael Jordi e a soprano Sabina Puértolas no Teatro Afundación para a preparación do primeiro concerto da edición deste ano do Festival, que arrancará mañá na cidade. Anxo M. Lorenzo recordou o “apoio manifesto e constante” do Goberno autonómico a esta entidade “polo destacado traballo que a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo está a facer desde hai anos por promover este xénero musical entre todos os públicos”.

Neste sentido, salientou que o Goberno autonómico aposta por reforzar este xénero musical durante este Xacobeo 21-22, a través dunha serie de apoios ás catro principais agrupacións galegas deste xénero entre as que se atopa a Orquestra Vigo 430. “O noso obxectivo é reforzar a presenza da música clásica na celebración do Ano Santo, achegándoa ao gran público, en consonancia co que entidades como a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo está a facer desde hai anos”, expresou.
R.