A Rede Localis destaca que os concellos galegos “aínda teñen marxe para elevar o uso da súa capacidade fiscal” A Rede Localis destaca que os concellos galegos aínda teñen marxe para elevar o uso da súa capacidade fiscal”

Un diferencia “endémica”
Respecto á marxe para mellorar o uso da capacidade fiscal propia dos concellos galegos, desde a Rede Localis sinálase que “nin tan sequera a mellora transitoria de recadación fiscal a nivel local polo crecemento na construción de vivenda antes da última gran recesión, previa á pandemia do covid-19, e o aumento da recadación pola vía das taxas corrixiu esta endémica diferenza”. Segundo indican os expertos da entidade, “tipos máis reducidos e maiores bonificacións parecen estar, polo menos en parte, detrás dos resultados das liquidacións de ingresos nos concellos galegos”.
Na súa análise, o observatorio recolle que 35,7% dos concellos galegos non revisou o valor catastral dos inmobles desde 1990, sendo os municipios de Lugo e Ourense os que presentan medias de revisión catastral máis baixas, afectando á recadación do imposto de bens inmobles e ao imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía municipal). Por outra banda, engaden desde a entidade, os impostos locais potestativos (plusvalía municipal e imposto sobre construcións, instalacións e obras) “non sempre se aplican e cando se opta por eles, os tipos impositivos son reducidos, ao que hai que engadir as importantes bonificacións fiscais aplicadas”.
“Compróbase unha menor esixencia fiscal nos municipios das provincias de Ourense e Lugo. Ademais, a medida que aumenta o número de habitantes do municipio os tipos impositivos e as cotas adoitan ser maiores. A recadación media por habitante en Galicia foi do 69,9% e do 51,4% en relación coa media a nivel estatal para os impostos directos e indirectos respectivamente”, recóllese no documento lanzado este venres.
R.