Máis do 95% da poboación galega maior de 12 anos está vacinada coa pauta completa

A Xunta de Galicia agradece ao Ministerio de Defensa a incorporacion dos equipos militares de vacinación aos puntos establecidos polo Goberno galego. A nosa comunidade autónoma propuxo ao Ministerio que estes equipos se instalasen nas áreas de Ferrol e Pontevedra, que son as máis pequenas, e que se sumasen ao proceso de vacinación en puntos masivos, que tan bos resultados están a dar.
Sinalar que o persoal de Defensa xa leva uns días incorporados, e a súa colaboracion supón engadir o esforzo duns 20 profesionais máis ao equipo de entre 400 e 500 persoas que a Xunta mobiliza cada día nos puntos de vacinación masiva de Galicia.
Respecto dos obxectivos establecidos na conferencia de presidentes celebrada o 22 de decembro, Galicia xa cumprira o 13 dese mes o propósito marcado para final de ano de ter vacinada con dosis de reforzo ao 80% da poboación de 60 a 69 anos. Tamén se fixou nesa reunión, para o mes de xaneiro, chegar ao 80% de doses de reforzo na poboación de entre 50 e 59 anos, e hoxe Galicia xa ten a dose de reforzo administrada ao 90% deste grupo de idade.
R.