A Xunta adapta o novo protocolo de xestión de casos covid en centros educativos ao contexto específico das escolas infantís

A Xunta comunicoullo xa a todas as escolas infantís de Galicia, de xeito que poidan comezar a aplicar este novo protocolo. Os centros deberán informar de todos os casos como ata o de agora, pero tan só se pecharán aulas ou centros cando se supere ese nivel fixado a nivel nacional. En calquera dos casos, deberán informar a autoridade sanitaria que será a encargada de decretar o peche da aula ou do centro.
R.