Prorrogado o uso de certificado covid en hospitais e residencias ata o nove de abril

Desde a vindeira semana, a vixilancia da covid centrarase en persoas e ámbitos vulnerables. Deste xeito, para a poboación xeral elimínanse os illamentos e probas confirmatorias, aínda que se seguen a recomendar medidas de precaución durante 10 días. Os casos positivos deben, ademais, informar aos seus contactos estreitos para que tamén tomen precaucións.
Sanidade levará a cabo unha vixilancia específica ás persoas e ámbitos vulnerables de especial vixilancia.
R.