Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Paradela (Lugo), vai celebrar o seu bicentenario como Concello

O programa deste inaugural comezará ás 12,00, se ben ás 11,45 xa se prevé a recepción de autoridades e convidados na Praza do Mercado. Entre estas autoridades estará o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez González, que co Alcalde José Manuel Mato Díaz presidirá os actos.

Ás 12,00, será inaugurado o MONUMENTO AOS CABALEIROS DE SANTIAGO, protectores do Camiño e dos Peregrinos, obra de Cándido Pazos. Intervirán o Alcalde, o escultor e o Conselleiro, descubrindo os tres o novo Monumento do Camiño.

A continuación (12,15, aprox.) no Edificio Multiusos, percorrido polas exposicións:
* "Do tempo das luces..." - Fotos antigas de xentes de Paradela, inicio do Arquivo Fotográfico do Concello.
* "Paradela, senda infinita" – "Viaxe" pola historia e realidade do Concello
* "Manuel Rodríguez López, 2.0" – Exposición audiovisual, Homenaxe ao escritor, Fillo predilecto de Paradela.
* Escultura do Paradelense ÁLVARO DE LA VEGA, coa que se suma á celebración.
ç
De seguido, Acto oficial de inauguracion, no que intervirán o Alcalde dando a benvida aos asistentes; o historiador Xaime Felix López Arias (Arlindo); Xulio Xiz, dando conta do máis importante das celebracións; o fillo predilecto de Paradela, Diego López Rodríguez; a Presidenta da Asociación de Mulleres de Paradela, Rocío Domínguez Brea, e o Conselleiro Román Rodríguez González.

O cantautor de Becerreá, Alfredo González Vilela cantará dúas cancións sobre poemas do seu amigo Manuel Rodríguez López)
Ao remate, ofrecerase aos presentes viño da Ribeira Sacra con pinchos do País.

* Entregaranse aos asistentes a monografía "Os 200 anos do Concello de Paradela", de Xaime F. López Arias (Arlindo) e os catálogos das tres exposicións.

* Estas mostras permaneceran durante o verán en Paradela. De setembro a decembro, "Paradela, senda infinita" e "Manuel Rodríguez López, 2.0" viaxarán a Lugo, Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarìn, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, Santiago e A Coruña.
R.