Galicia terá dispoñible a partir do 14 de xullo a autocita de vacinación da covid para primeiras doses de adultos, nenos e recordo de 18 anos en adiante

No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente.
Xunto ao anteriormente sinalado, o Goberno galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid.
Os horarios dos puntos de vacinación poden ser consultados pola cidadanía no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Vacinacion-Covid-OC
R.