A Cidade da Cultura acolle o V Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia con arredor de 600 rapaces e rapazas de 12 agrupacións
O certame incluíu por último un concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da Comunidade, baixo a dirección dos mestres José Luis Tielas Santiago e Pedro Miguel Ralo Serrano.
O peche ao festival correu a cargo da interpretación conxunta do Himno galego, por parte de todas as bandas, na praza central do Gaiás, e a entrega de diplomas conmemorativos coa participación da directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP), Iván Estévez. O encontro foi organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta de Galicia coa colaboración da Deputación da Coruña.

R.