Galicia reclama ao Goberno central unha reforma lexislativa que poña freo á ocupación de vivendas con penas máis duras e axilidade nos desaloxos
Despois de subliñar a necesidade de traballar desde as administracións públicas para ofrecer un marco xurídico estable e duradeiro fronte ao fenómeno okupa, Ángeles Vázquez fixo fincapé na dimensión social do problema, que afecta non só aos propietarios dos inmobles, senón tamén á veciñanza dos barrios e zonas que concentran un maior número de casos e á sociedade en xeral, xerando inquedanza e inseguridade.
Así llo trasladaron nos últimos meses as principais federacións e asociacións veciñais de Galicia, que comparten a preocupación da Xunta e demandan as reformas normativas a nivel estatal que sexan necesarias para facer fronte ao aumento das ocupacións.
Tras reiterar a súa petición de que o Goberno central comparta coa Xunta os datos que manexa —compromiso que adquiriu o delegado—, a conselleira incidiu en que, pese ás dificultades para dispoñer de cifras exactas vivendas ocupadas, é evidente que se trata dun problema cunha tendencia crecente en Galicia e que, por esa razón, esperta unha sensibilidade social cada vez maior que require solucións rápidas e eficaces.
En concreto, os puntos clave da demanda da Xunta son outorgar ás comunidades de veciños o dereito a actuar perante a xustiza en caso de ocupación; arbitrar mecanismos xurídicos que garantan o desaloxo cautelar do inmoble nas primeiras horas; endurecer as penas tanto para disuadir aos okupas como para acabar coa sensación de impotencia dos afectados; e lograr un marco normativo que poña freo a esta situación.
Pola contra, a responsable autonómica lamentou que, a pesar de que o seu departamento leva máis de dous anos advertindo da problemática que están a xerar as ocupacións ilegais en contornas residenciais de todo o país, o Executivo central parece non compartir esta mesma inquedanza.
De feito, a futura Lei de vivenda estatal, actualmente en tramitación parlamentaria, podería incluso agravar a situación actual xa que, segundo explicou a conselleira, admite a ocupación ilegal como unha forma de acceso preferente ao parque público residencial, a través dunha modificación da Lei de axuizamento civil incorporada no proxecto.
Por iso, considerou de gran utilidade os dous informes encargados pola Xunta a xuristas expertos na materia co fin de buscar solucións e cambios lexislativos eficaces fronte ao fenómeno das ocupacións, poñendo ambos documentos á disposición de Miñones.
Tramitación dos PBM
Noutra orde de asuntos, a conselleira aproveitou a súa xuntanza con delegado do Goberno en Galicia para trasladarlle que os plans básicos municipais de media ducia de concellos galegos están pendentes de aprobación definitiva desde hai meses debido aos requirimentos formulados por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).
Ao respecto e tras sinalar a importancia desta ferramenta urbanística para os municipios de menos de 5.000 habitantes sen ningún tipo de planeamento, Ángeles Vázquez pediulle que se interesara pola situación ante o organismo de conca estatal, apelando á colaboración institucional entre administracións para tratar de resolver esta situación e axilizar na medida do posible os correspondentes informes.

R.