Mantense o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol a partir do vindeiro 1 de xaneiro
O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de manter a bonificación do 50% no transporte público autonómico, sempre e cando o Goberno central mantivese o desconto estatal.
Coa tramitación e publicación da orde xa hoxe no Diario Oficial de Galicia, o Executivo autonómico anticipouse para garantir que as bonificacións aos usuarios do transporte público autonómico teñan continuidade, sen interrupción, xa desde o mesmo día 1 de xaneiro, pese a que non foi ata só hai dous días, o 27 de decembro, cando o Goberno de España confirmou que ía manter o desconto estatal para os autobuses interurbanos e urbanos.
A pesar de que a orde publicada no DOG establece como prazo de aplicación dos descontos ata o 31 de xaneiro, xa prevé a ampliación do período no que se aplicará a minoración temporal da tarifa en función do establecido polo Goberno central no Real Decreto Lei para responder ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína aprobado polo Consello de Ministros o pasado día 27; isto é, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2023.
A bonificación do 50% no transporte público autonómico inclúe, ademais do autobús interurbano, o transporte de ría e o tren na área de Ferrol, tamén os servizos de transporte urbano de Ferrol e Pontevedra, cidades onde este transporte se presta a través das concesións autonómicas.
A Xunta vén aplicando desde o pasado 1 de setembro a máxima bonificación no transporte público de titularidade autonómica, incrementando nun 20% a axuda estatal que o Goberno de España fixou nun 30%.
Durante practicamente estes catro meses, a Xunta asumiu con fondos propios a totalidade da rebaixa, posto que non foi ata o pasado 23 de decembro cando o Goberno central abonou a cantidade comprometida.
Os descontos do 50% aplicados desde a Xunta nos buses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol, levan xa bonificados 5,4 millóns de viaxes, beneficiando a máis do 75% dos viaxeiros do transporte público de Galicia.
Resposta ás necesidades de mobilidade
O Goberno galego, con estes incentivos, continúa a dar resposta ás necesidades reais dos cidadáns en materia de mobilidade.
A Xunta continúa coa súa aposta sen precedentes polo transporte público, ao que destinará o vindeiro ano 90 M€, tras materializar a renovación integral de todas as liñas de transporte interurbano e a posta en marcha de diferentes tipos de bonificacións.
A Xunta financia máis do 76% do custo das 3.400 liñas de transporte interurbano que operan na actualidade en Galicia e puxo en funcionamento unha medida pioneira na España das autonomías, a tarxeta Xente Nova, coa que preto de 135.000 mozos viaxan gratis por toda Galicia nos autobuses interurbanos da Xunta.

R.