Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia gañou preto de 2.000 habitantes no ano 2022 grazas ao saldo migratorio

Así, a conselleira destacou que nesta normativa contémplanse medidas para crear máis servizos no rural, para fomentar o retorno dos galegos na diáspora, para garantir o dereito das persoas maiores a decidir onde vivir esta etapa das súas vidas, para darlle á mocidade máis oportunidades e tamén para mellorar a conciliación das familias.

Axudas ás familias

Neste sentido, puxo en valor o impulso de medidas como a Tarxeta Benvida, que ofrece un apoio económico para asumir os gastos básicos polo nacemento dun bebé e que leva beneficiado a 92.500 galegos desde o ano 2016; do Bono Coidado, que permite a contratación dun servizo extraordinario de conciliación como pode ser un campamento de verán e que no pasado ano chegou a 4.900 fogares; ou da gratuidade de todas as escolas infantís para todos os fillos.

Con respecto a esta última actuación, a conselleira sinalou que Galicia é a única comunidade que conta cunha medida destas características, que beneficia a todos os nenos, vaian ao centro que vaian, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Máis de 31.000 familias non pagan nada por levar os seus nenos a un destes centros para o que a Xunta destina un orzamento de 55 millóns de euros ao ano.

Financiamento autonómico

Fabiola García afirmou que o reto demográfico é unha situación complexa —plural nas súas causas e consecuencias—, que afecta a todas as sociedades occidentais e que debe abordarse desde o consenso, a unanimidade e a colaboración institucional. Por este mesmo motivo, lembrou, oito presidentes autonómicos de distinta cor política reclamaron no ano 2021 en Santiago a implicación do Goberno central para un financiamento autonómico xusto, que atenda á dispersión e a realidade de cada territorio, e que teña en conta a aquelas zonas de especial perigo fronte ao reto demográfico.
R.