Os galegos xa poden pagar os seus impostos a través da plataforma Bizum
Os galegos e galegas teñen á súa disposición outras formas de pago, como a posibilidade de aboar on line, -a través da Oficina Virtual Tributaria da Atriga e cunha tarxeta de crédito ou débito- todos os ingresos xestionados por este organismo, para evitar os desprazamentos ás oficinas bancarias.
Así mesmo, poden realizar nas súas delegacións o pago das autoliquidacións do Imposto de Sucesións e Doazóns, do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD) e de vehículos usados por importe de ata 3.000 euros, a través dun Terminal en Punto de Venda (TPV) físico. Esta operación pode facerse mediante tarxeta de crédito ou débito de calquera entidade bancaria –e sen comisión de utilización para o contribuínte-, no mesmo momento no que se estea a realizar a presentación dos impostos en calquera das cinco delegacións da Atriga (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).
Ademais, tamén poden realizar o pago das débedas tributarias a través de xiro postal e ampliaranse os acordos con entidades bancarias para poder realizar o pago de impostos a través de caixeiros automáticos. Neste momento, poden facerse xa xestións nos caixeiros do Banco Santander e de CaixaBank.

R.