Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

'O Son do Camiño' reunirá a vindeira semana no Monte do Gozo a público procedente de 35 países

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na presentación dos concertos de O Son do Camiño que reunirá no Monte do Gozo a 42 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo os vindeiros 15,16 e 17 de xuño, onde destacou que o festival ten vendido entradas a público procedente de 35 países.

Así o deron a coñecer hoxe Nava Castro xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e os directores do Festival, Kin Martinez e Iván Méndez; e o marketing manager de Estrella Galicia, Ramón de Meer. A directora de Turismo de Galicia indicou que “estar hoxe aquí na presentación dun dos festivais máis grandes e máis esperados de todo o ano, que ademais este ano contará coa asistencia con 120.000 persoas, é un auténtico orgullo para min, para Galicia e para os galegos e galegas”.


Nava Castro indicou que O Son do Camiño converteuse nun emblema e un sinal de identidade dos festivais en Galicia, que son ademais un puntal na recuperación tanto do sector cultural como do turístico, xa que nestas datas miles de persoas enchen a capital galega e posicionan a Galicia como sinónimo de calidade. “Desfrutaremos da mellor música co mellor ambiente e un entorno mítico e incomparable: o Monte do Gozo”, destacou a directora de Turismo de Galicia.

Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán. O Son do Camiño contará coas actuación de Vetusta Mora, The Kooks, Xoel López, Leiva, Viva Suecia, Marlon, Duki, Ginebras, Bizarrap, Aitana o Maluma, entre outros.

“Mediante este tipo de celebracións, dicímoslle a España e ao mundo, que Galicia, a nosa terra, está preparada para o turismo a través dunha oferta cultural sen parangón, que o Camiño a Santiago é o Camiño da excelencia”, rematou Nava Castro que indicou que no que vai de ano xa foron seladas preto de 130.0000 106.000 Compostelas, e máis de 1.3 millón de turistas visitaron a nosa comunidade no primeiro cuadrimestre do ano.
R.