Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Xunta insiste en solicitar á Sareb unha proposta concreta que inclúa o estado actual das vivendas dispoñibles en Galicia e as condicións para a súa cesión

O Goberno galego reclama coñecer as condicións nas que se atopan os inmobles -baleiros ou ocupados, con ou sen licencia de conservación, estado de conservación, etc.- así como as condicións nas que a Sareb a poría a disposición da Xunta.

García explica que tras analizar o listado recibido de 479 vivendas que están en comercialización e 806 pendentes de saneamento e logo de realizar as xestións correspondentes cos operadores locais da Sareb, o IGVS constatou que unha parte das vivendas incluídas na devandita oferta xa están comprometidas ou vendidas. De feito, por exemplo, na cidade de Vigo, 5 das 10 vivendas que aparecen no documento non estaban dispoñibles ao facer a consulta ao operador local.

O seguinte paso, unha vez recibida a información completa solicitada, sería unha reunión entre representantes do IGVS e da Sareb para concretar prazos e forma de cesión co obxectivo final de poñelas á disposición da cidadanía o antes posible.
R.