Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Aposta polo fermosismo para poñer en valor as paisaxes de Galicia

Neste sentido, Ángeles Vázquez subliñou a gran acollida que recibiu este programa de subvencións a cidadanía galega desde a súa posta en marcha hai tres anos por parte do Instituto de Estudos do Territorio (IET), cun número de solicitudes que foi en aumento con cada nova convocatoria e que reflicte un interese tamén crecente por contribuír ao embelecemento da Comunidade coa execución de pequenas obras e reparacións exteriores que teñen un impacto moi positivo sobre a contorna.

Por iso, incidiu na necesidade de poñer en valor a achega que están a facer de cara á preservación e mellora da paisaxe non só as distintas administracións públicas senón tamén os comprometidos co entorno no que viven a través do coidado exterior das súas vivendas, peches e outro tipo de edificacións.

De feito e tras poñer como exemplo o muíño que visitou en Coristanco —no que se eliminou o recebado que cubría todas as fachadas exteriores e se renovou por completo o acabado da cuberta coa colocación de tella cerámica—, explicou que as intervencións que subvenciona a Xunta a propietarios particulares desde o ano 2021 tamén serven para recuperar e poñer en valor elementos de titularidade privada, pero que forman parte á vez do acervo cultural e etnográfico de Galicia polo que o beneficio que se consegue é dobre: individual e colectivo.