Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Prorrogada a bonificación adicional do 50% no transporte público autonómico ata xaneiro de 2024

Ademais, este desconto seguirá a sumarse ás bonificacións que a Xunta ten activas no marco do Plan de transporte público de Galicia.
O Consello da Xunta avaliou tamén hoxe o balance da aplicación das bonificacións no transporte público autonómico desde a implantación do desconto adicional do 50 % no prezo do billete o mes de setembro do ano pasado.

A Xunta considera que, desde a posta en marcha en setembro de 2022 dese desconto adicional do 50 % e ata o pasado mes de maio, se bonificaron case 14 millóns de viaxes en transporte público, unha cifra que, previsiblemente, superará os 15,5 millóns de viaxes cando remate o mes de xuño.

Así, o balance dos nove meses desde a implantación da bonificación do 50 %, de setembro a maio, é que case o 78 % das viaxes en transporte público de competencia da Xunta recibiron descontos, grazas ao pagamento coas tarxetas de mobilidade de Galicia TMG e TMG Xente nova.

Ademais, as bonificacións activas impulsaron o uso do transporte público no conxunto de Galicia, que gañou un 28 % máis de viaxeiros entre setembro de 2022 e o pasado mes de maio fronte ao mesmo período do curso anterior. Esta recuperación da demanda aproxima o volume total de persoas usuarias ás cifras previas á pandemia da COVID-19, aínda que continúa un 13 % por debaixo.
R.