Méndez Romeu compromete a cooperación da Xunta co Poder Xudicial na resolución dos problemas que afectan aos cidadáns
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, comprometeu o apoio do Goberno galego co Poder Xudicial, na resolución dos problemas que afectan aos cidadáns, que demandan “unha xustiza rápida, áxil e uns medios modernos que faciliten o labor dos xuíces, maxistrados e demais persoal xudicial”.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, fixo estas declaracións en Pontevedra, logo de reunirse co presidente da Audiencia Provincial, Manuel Almenar Belenguer, nun encontro no que tamén participou o director xeral de Xustiza, Santiago Antonio Roura Gómez.
José Luis Méndez Romeu cualificou de “satisfactoria” a situación dos xulgados na provincia, en canto a número e en canto ás súas condicións materiais.
Así mesmo, o conselleiro de Presidencia da Xunta considerou que co número de xulgados existentes na provincia e cos que están previstos, como o de Lalín, as necesidades da provincia quedarían cubertas.
Non obstante, considerou que a propia evolución demográfica de Vigo “vainos obrigar á creación dun novo edificio xudicial para acoller aos xulgados que, previsiblemente, se van ter que crear nos vindeiros meses”. Por iso, en vindeiras semanas está previsto manter conversas co Concello de Vigo co fin de analizar cal pode ser a situación idónea para un novo edificio xudicial e iniciar os traballos de análise de proxecto, redacción e construción.
Preocupacións dos cidadáns
Durante a xuntanza, o conselleiro de Presidencia e o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra tamén tiveron a oportunidade de abordar outros asuntos que preocupan á cidadanía galega, como a proliferación dos incendios forestais e a problemática xudicial que plantexan, a formación dos xuíces e maxistrados ou cuestións relativas a competencias comúns como a reordenación da Oficina Xudicial, prevista para os vindeiros meses, e que, segundo Méndez Romeu, conlevará “un esforzo importante de adaptación das estruturas dos xulgados”.

R.