Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Os servizos de emerxencias dos concellos galegos son reforzados con novos investimentos

No presente exercicio o goberno galego xa asignou 340.000 euros a 189 agrupacións de toda a comunidade para gastos de funcionamento, e hai publicada unha liña de axudas de 452.000 euros para equipamentos, o que permitirá adquirir 21 kits de material loxístico de seguridade viaria, outros 21 para emerxencias no medio acuático, 21 de ferramentas eléctricas, 8 remolques e 20 tendas de campaña.

Neste contexto, cabe destacar o histórico investimento de 26 millóns de euros para mellorar os equipamentos das agrupacións de voluntarios de Protección Civil e dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

No tocante á formación, a Xunta procura asegurar que os servizos de emerxencia estean permanentemente preparados, grazas ao traballo da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), que ofrece un plan de formación continua, cursos para obter o carné de voluntario de Protección Civil, e outros cursos dirixidos aos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias (recentemente foron convocados 11 destes cursos).
R.