Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O transporte público autonómico prorrogará a bonificación do 50% en 2024



Rueda recriminoulle ao Executivo central que, a piques de rematar o ano, os galegos e galegas descoñezan se van pode seguir desfrutando das bonificacións do transporte por estrada, interurbano y metropolitano. En todo caso, salientou que grazas á “estabilidade e a eficacia” de ter uns Orzamentos autonómicos aprobados en tempo e forma para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2024, a Xunta pode “suplir as lagoas” do Goberno estatal e prorrogar este desconto do 50 % que vén aplicando desde o 1 de setembro de 2022.

Estes descontos teñen beneficiado 23 millóns de viaxes, estimándose que este número roldará os 27 millóns o final de ano, beneficiando a máis do 77 % dos viaxeiros do transporte público de Galicia. A bonificación aplícase tamén ao transporte da ría de Vigo, que comunica a cidade olívica cos concellos de Cangas e de Moaña; así como no ferrocarril na área de Ferrol, ao formar parte do Plan de transporte metropolitano. O desconto abrangue, ademais, os servizo urbanos de Ferrol e de Pontevedra, cidades onde o transporte público se realiza a través de concesións autonómicas.

Proxecto de lei de recursos naturais de Galicia

“Imos seguir traballando con orde e sentidiño para seguir sendo esta illa de estabilidade”, adiantou Rueda sobre as intencións do Goberno galego, tras a aprobación dos Orzamentos de 2024. Precisamente, puxo en valor que mañá mesmo o Consello da Xunta vai aprobar o Proxecto de lei de recursos naturais de Galicia.

O presidente da Xunta defendeu esta normativa para que os galegos e galegas se poidan beneficiar no seu propio territorio dos beneficios da produción das enerxías renovables, xa que o que procura a normativa é aproveitar a abundancia dos recursos naturais de Galicia para reter na Comunidade o beneficio ambiental económico e social dos proxectos que impliquen a produción de enerxía renovable e as concesións de augas e minaría.
R.