Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Xunta eleva a nivel medio o Plan de Contaminación Mariña Camgal

'A Xunta traballa cos concellos na limpeza das praias, o que lle pedimos ao Goberno central é que colabore tamén', solicitou.

O presidente galego lembrou que a Xunta activou o plan Camgal o 3 de xaneiro, no mesmo día que o Goberno central lle comunicou esta vertedura por parte do mercante Toconao fronte as costas de Portugal. No entanto, aclarou que decidiu agora elevalo a nivel medio por ser o 'requisito' por parte do Executivo estatal para colaborar na recollida destes residuos de plásticos. 'A Xunta non ten ningún problema en facelo', asegurou, pero fixo a 'petición expresa' ao Goberno central de que leve a cabo os seus traballos e esforzos no mar —por ser onde ten competencias exclusivas— co obxecto de que, deste xeito, se impida que cheguen á costa 'todos estes sacos que están no mar'.

'Hai sacos que non chegaron ás costas e o momento de recollelos é agora que está no mar e as correntes destes días van facelo todo máis fácil', argumentou ao respecto, ao tempo que amosou o compromiso da Xunta en seguir traballando na recollida dos pellets e colaborando cos concellos, e incrementar os esforzos neste eido se é necesario.
R.