Galicia aposta por reforzar a Cooperación Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a mobilidade académica, cultural e científica

Ao encontro tamén asistiron os vicepresidentes da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Célia Ramos, Jorge Sobrado e Ana Gomes, e o director e o subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago, respectivamente.
Tamén se fixo balance das principais levadas a cabo pola entidade ao longo de 2023, entre elas, a sinatura o pasado novembro do protocolo co Consello Sindical Interrexional Galicia- Norte de Portugal, para mellorar as condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos; a celebración do 2º Encontro de AECT Ibéricas en materia de cooperación transfronteiriza ou o 1º Seminario de Directores e Editores de Medios de Comunicación da Eurorrexión organizado o pasado xuño co obxectivo de debater a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración.
A Asemblea e o Consello Superior da AECT da Eurorrrexión Galicia-Norte de Portugal comprometéronse a continuar a apoiar a mobilidade académica a través do programa IACOBUS de cooperación coa ensinanza superior de Galicia e Norte de Portugal, que neste 2024 celebra 10 anos e que se amplía cara unha Rede Eurorrexional de Coñecemento e Innovación. Ademais, lanzaranse novas convocatorias do IACOBUS para estadías, publicacións científicas e patentes. Desde o seu comezo, este programa conseguiu desenvolver a cooperación transfronteiriza no ámbito da I+D+i entre universidades, centros tecnolóxicos e institutos politécnicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Do mesmo xeito, a AECT ampliou o seu compromiso incentivar o intercambio cultural na Eurorrexión a través do programa Nortear e a cooperación transfronteiriza noutros sectores estratéxicos para Galicia e o Norte de Portugal, como o turismo, a través do proxecto Clustertur_GNP, que visa a creación dun clúster transfronteirizo na Eurorrexión.
Na xuntanza, tamén se acordou fomentar a cooperación nos sectores aeroespacial, da enerxía verde e do agroindustrial, a través dos outros programas en execución polo organismo.
Por último, reafirmouse o compromiso co impulso da mobilidade xeográfica e da cooperación de proximidade. A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal continúa a reclamar un Estatuto do Traballador Transfronteirizo ou a mellora nas conexións ferroviarias, coa aposta firme no tren de alta velocidade Vigo-Porto . Nesta liña, estase a impulsar un grupo de traballo coas diferentes entidades transfronteirizas de cara ao próximo Cumio Ibérico deste ano.
R.