A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada de debate entre a mocidade con motivo do Día de Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta mañá na xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento, ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo.
Gamallo destacou na súa intervención o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. Nesta liña, explicou como algunhas políticas comunitarias afectan á vida diaria á sociedade galega e, en especial, á mocidade.
“O futuro de Galicia tamén depende en grande medida das decisións que se toman a nivel europeo como é o caso das axudas postas en marcha dende a Unión Europea para apoiar á agricultura ou na necesidade dunha política pesqueira común que promova a sostibilidade sen deixar atrás ás familias galegas que dependen da pesca.” Achegou, ademais, o traballo da Xunta en defensa destes intereses de Galicia ante as institucións europeas a través da Fundación Galicia Europa.
De feito, a fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.

R.