O Centro Gaiástech aborda os horizontes dixitais dos sectores cultural, deportivo e turístico nun encontro con expertos

O debate sobre a transformación dixital no sector turístico será moderado por Ruth González, xefa de servizo de Turismo da Deputación Pontevedra; e nel participarán Andrés Martinez, CEO de Iurban, unha empresa que ofrece chatbots conectados a 95 idiomas; Esther Rodríguez Ramos de MyStreetBook, especializada no uso da Intelixencia Artificial para a creación de rutas especializadas; e José Troitiño de SH360, que proporciona servizos integrais de xestión hoteleira.
A mesa final centrarase na transformación dixital das empresas deportivas. Moderada por Julio César Bernárdez da Federación Galega de Baloncesto, contará coa participación de Carla da Silva, técnica de Innovación do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar; Tito Ramallo de ScoutYouPro, unha plataforma dixital para o seguimento e avaliación do rendemento dos deportistas; e de Miguel Álvarez de Kaantera, unha aplicación dixital de planificación e control da actividade deportiva para clubs e redes de academias.
R.