Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Galician Freaky Film Festival prepárase para traer a Vigo o mellor cine de xénero do ano

Na pasada edición, das 52 pezas que formaban a Selección Oficial, 33 foron proxectadas por primeira vez en Galicia.

O bo facer do GFFF, fai que a súa fama fóra das fronteiras galegas creza edición tras edición. Este ano foron convidados como festival amigo no TAC - Terror Arreu Cataluña, asociación que aglutina aos mellores festivais fantásticos de Cataluña.
Freakismo para todos os públicos

Alén da categoría como festival freaky, o certame quere convertirse nunha cita para todos os públicos, sexan ou non consumidores habituais deste tipo de audiovisual. Calquera persoa con interese no sétimo arte é susceptible de gozar no GFFF.

Á calidade e exclusividade das pezas proxectadas na Selección Oficial, súmanse as homenaxes a filmes de culto (este ano Terminator 1 e 2 e Pesadelo en Elm Street), complicadas de desfrutar na gran pantalla; as actividades paralelas con cineastas galegos e nacionais de renome, a feira de arte, a ambientación e o bo ambiente que se xera nas salas, algo que resalta o público fiel do certame.

Concurso de Banda Deseñada Benvidos a Vigo Street, de cómics inspirados na saga de Freddy Krueger.

Baixo o título Benvidos a Vigo Street o Galician Freaky Film Festival ten aberta a segunda edición do seu concurso de banda deseñada, que este ano está inspirado na saga de Freddy Krueger. As obras deberán situarnos inequívocamente na cidade de Vigo, non ter máis de catro páxinas, ser autoconclusivas e preferiblemente de terror. O prazo de presentación de obras está aberto ata o 31 de xullo a través dun formulario dispoñible na web do Galician Freaky Film Festival.

O xurado do certame de Banda Deseñada está composto por tres profesionais relacionados coa banda deseñada. Pepa Prieto Puy, ilustradora editorial e autora do cómic Mis agendas semanales; Norberto Fernández, ilustrador en diversas revistas, xornais, xogos de rol e carteis, ten catro cómics publicados; Fernando Iglesias, dono da libraría pontevedresa Baroja e coñecido nas redes sociais pola súa paixón pola saga Berserk.

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL: 8 ANOS DE FREAKISMO XUNTOS

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Desde hai oito anos trae á cidade olívica unha coidada selección nacional e internacional de curtametraxes de xénero. Pezas moitas veces inéditas en Galicia e España, só desfrutables nalgúns dos mellores festivais do mundo.

Unha abraiante selección de obras, unha coidada programación de actividades paralelas e un ambiente único fan que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan a Vigo para gozar do GFFF, unha experiencia que vai alén do cinematográfico e que se converte nunha auténtica experiencia de comunidade.

A oitava edición do GFFF terá lugar os días 20 e 21 e do 25 ao 28 na Praza Elíptica, con proxeccións nos Cines Tamberlick e actividades paralelas na Sala Apo'strophe.arte
R.