Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O proxecto "O Courel, destino e futuro" espera continuidade para 2025

O director da consultora Noa Innova, promotora desta campaña, rematou sinalando que volverá insistir diante do Miteco para conseguir financiación e non defraudar as expectativas que xa se crearon entre a cidadanía.

No balance do proxecto resaltouse:

1.- A gran colaboración de ponentes representantes das administracións públicas.

2.- A participación cidadá, non tan intensa que os esforzos realizados merecían, observándose un "cansazo" cidadán, quizais polos plans, proxectos, mensaxes, ou promesas incumpridas en anteriores planes polas Administracións.

3.- En termos empresariais, a participación e interese polo desenvolvemento de O Courel pode considerase boa, aínda que focalizada en poucas persoas, líderes na comarca, e no sector de actividade no que actúan o viño, o turismo... e en base a estes poderánse executar futuros proxectos de desenvolvemento empresarial.

4.- A unidade de actuación entre os tres Concellos debería ser o obxectivo principal destas administracións tan preto do cidadán, que ademais ao estar todas baixo a figura do xeoparque Montañas de O Courel, serve como elemento vertebrador que poña o foco sobre o conxunto da comarca.

5.- Critícase por cidadáns e empresas a deixadez das administracións en canto a infraestruturas e servizos, tanto a Deputación como a Xunta de Galicia, responsables das vías de comunicación e en canto a servizos a carencia ou escaseza de servizos sanitarios.

6.- En canto a ordención territorial e rehabilitación do patrimonio, sinálase a dificultade de reformas e rehabilitacións ao estar a maior parte do territorio cuns niveles moi altos de protección; a importante carga burocrática que ralentiza a obtención de lixenzas e a falta dun parque de vivendas adecuado e accesible para a fixación de poboación, a pesar de que o inventario de patrimonio civil realizado polo equipo de arquitectura do proxecto estudiou en Folgoso do Courel 34 núcleos de poboación con 107 edificacións; 22 núcleos con 61 edificacións de Ribas de Sil e 33 núcleos con 80 edificacións rehabilitables en Quiroga.

7.- Falta de man de obra e cualificación, tanto en profesionais como en empresas capacitadas na zona.

Polo indicado, estímase que o desenvolvemento de O Courel pasa pola actuación conxunta desde os tres concellos, que podería formalizase en accións como:

A.- Afrontar un plan unificado de comunicación no que os tres Concellos estéan presentes, e sen perder a súa identidade destaquen as fortalezas que o conxunto pode ofrecer para establecer novas empresas e crear emprego.

B.- Que os tres Concellos establezan unha colaboración para atraer nova poboación baseada en políticas de vivenda e incentivos económicos e facilidades burocráticas, establecendo unha bolsa de activos inmobiliarios con identificación de propietarios e costes de alugueres.

C.- Fomentar a creación dunha escola taller de oficios relacionados coa construción e rehabilitación, pasar dos actuais obradoiros de emprego a fomentar o autoemprego e estudar a posibilidade de crear no actual instituto de Quiroga un ciclo de FP de hostelería, turismo e viticultura.

D.- Aceptar unha imaxe de marca para os productos de O Courel e das feiras que se celebran anualmente nos tres Concellos, sen perder a identidade de cada un, de forma que todo se identifique con O Courel.
R.