A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos que mobilizan 14 millóns de euros para corrixir impactos paisaxísticos

As achegas para particulares deben destinarse a fachadas, cubertas e muros de peche, aínda que na convocatoria deste ano se incluíu como novidade a posibilidade de financiar a retirada de elementos adxacentes que prexudiquen a imaxe ou causen algún impacto nos bens nos que se pretende intervir.

O exemplo de Trazo
Unha boa mostra das oportunidades que ofrecen estas achegas de fermosismo é o concello coruñés de Trazo, un municipio que recibiu no período 2021-2024 axudas por importe de preto de 140.000 euros para un total de 38 actuacións. É o caso dunha vivenda na parroquia de Vilouchada, cuxos propietarios recibiron en 2021 unha achega de 3.000 euros para a renovación da cuberta con tella do país.
E dentro da convocatoria de 2024 este Concello ten aprobadas dúas actuacións en instalacións de titularidade municipal: a mellora do estado do Centro Social de Oa, na parroquia de Xavestre, e a recuperación e acondicionamento do Lavadoiro de Irexe, na parroquia de Chaián. Estas actuacións suman unha axuda total de máis de 26.000 euros.
R.