O Gaiás reivindica a literatura fantástica en galego cunha exposición na Biblioteca de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta tarde na Biblioteca de Galicia a exposición Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego, unha mostra que, resaltou, “pon de manifesto a ampla creación que existe neste xénero na nosa lingua, ao que contribúen as traducións ao galego de gran cantidade de autores e autoras de renome internacional”.
Tal e como lembrou o representante de Cultura da Xunta, esta proposta forma parte da programación impulsada pola Administración autonómica co gallo do Día das Bibliotecas, celebrado o pasado 24 de outubro, e pon en valor o seu labor como “grandes transmisoras de coñecemento e creadoras de mundos, como neste caso o fantástico”, apuntou. Así, a través de máis de 100 pezas bibliográficas custodiadas no Gaiás, ademais de gravados, manuscritos e outros materiais achegados polos autores e autoras expostas, o percorrido divulga unha modalidade literaria que nalgunhas épocas se considerou menor, poñendo tamén de relevo o territorio galego como un escenario que dá pulo á fantasía.
Neste senso, López Campos destacou que “somos unha terra de lendas e tradicións” e celebrou a presenza na mostra “do fantástico nas nosas letras” desde principios do século pasado, coa obra de Vicente Risco Do caso que ll’e aconteceu ó doutor Alveiros, ata a actualidade. Deste xeito, entre as publicacións atópanse as de figuras tan relevantes para a recuperación e revalorización da cultura galega como Risco, Dieste, Castelao, Cunqueiro, Méndez Ferrín ou Ánxel Fole; pasando por creadores que continuaron este legado e foron abrindo novos vieiros finalizada a ditadura como Darío Xohán Cabana, Agustín Fernández Paz, Manuel Rivas ou Suso de Toro, entre outros. Isto sen esquecer o nacemento de Urco, a primeira editorial especializada en literatura fantástica.
A mostra tamén acolle as creacións dalgúns autores e autoras que na actualidade continúan a escribir obras deste corte como María Reimóndez, Patricia A. Janeiro, Elena Gallego ou Lara Dopazo, e faise eco da da única editorial centrada hoxe en día neste xénero en lingua galega, Boadicea, impulsada en 2022 por José Manuel Dopazo, Marcos López e Alba Rozas.
No que ten que ver co ámbito internacional, as 12 vitrinas mergúllannos, entre outras, nas creacións de nomes como J. R. R. Tolkien, Ursula K. Le Guin, Mary Shelley, Shirley Jackson, Edgar Allan Poe ou H.P. Lovecraft. Ademais, o discurso expositivo compleméntase coas ilustracións de Iago Torres París, cuxo característico universo creativo está presente nas capas de obras de literatura fantástica de Contos Estraños, Boadicea Editora ou Galaxia.
A historia da literatura fantástica galega
A exposición pon o foco no rico acervo de lendas e tradicións de influencia celta e precristiá, así como características climáticas e orográficas, que contribuíron á xestación dunha atmosfera favorable para que agrome a literatura fantástica en Galicia, que se transmitiu orixinalmente de modo oral, ao redor da lareira. Deste xeito afóndase en catro bloques: a tradición popular galega, a fantasía, a ciencia ficción e o terror.
Comisariada pola escritora Alba Rozas e o técnico da Biblioteca de Galicia Lorenzo Romero, a mostra permanecerá aberta ata o mes de maio no horario de apertura das instalacións.
Con esta proposta, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, continúa a súa liña de programación a prol da visibilidade das letras en galego e de todos os autores e autoras que contribúen á riqueza literaria na lingua.

R.