O Proxecto Xenoma Galicia botará a andar a vindeira semana
O Proxecto Xenoma Galicia botará a andar a vindeira semana co envío de SMS de citación a 2.000 persoas no marco da fase piloto desta iniciativa do Goberno galego. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nunha rolda de prensa que tivo lugar no Edificio Administrativo de San Lázaro.
No acto, o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; o director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo; e a coordinadora científica deste proxecto, María Brión.
Trátase dun conxunto de cidadáns seleccionados para conformar unha mostra representativa da poboación galega na súa diversidade, contando con persoas dos dous sexos, de diferentes franxas de idade e residentes en distintas contornas, tanto rurais como urbanas.
Logo desas citacións, no mes de decembro, procederase á toma de mostras de sangue do primeiro grupo de 1.000 participantes, nun proceso que se desenvolverá de xeito simultáneo nos 14 hospitais da rede do Servizo Galego de Saúde.
Gómez Caamaño detallou que, deste xeito, ponse en marcha o Proxecto Xenoma Galicia, a través desta fase piloto, que vai servir de ensaio operativo para avanzar progresivamente nas seguintes etapas desta medida que está chamada a marcar un antes e un despois na protección da saúde da cidadanía galega.
Tal e como subliñou o titular da carteira sanitaria, esta iniciativa pioneira da Xunta busca compilar unha gran mostra de ADN con fins médicos para identificar as variantes xenéticas de alto risco, co obxecto de poder actuar a tempo no seguimento, diagnóstico e tratamento de enfermidades graves, como o cancro de mama ou de ovario hereditario, entre outras.
O conselleiro incidiu en que a análise xenética supón obter unha información de valor incalculable sobre os riscos que posúen as persoas de padecer patoloxías graves e actuar en consecuencia para previlas ou tratalas a tempo e co tratamento preciso.
Prevención e control da enfermidade
No acto de hoxe o conselleiro subliñou que o seu departamento dedica cada vez un maior esforzo á prevención e o control das enfermidades e, a tal efecto, dispón do calendario de vacinación para toda a vida máis completo do mundo e o cribado neonatal más completo de España.
Así mesmo, Gómez Caamaño puxo en valor que Sanidade conta cun programa de detección temperá de diferentes tipos de cancro que é referencia a nivel internacional, e que está a demostrar a súa eficacia con resultados en saúde.
Toma de mostras no mes de decembro
Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, explicou que o obxectivo específico deste proxecto piloto é tomar mostras de sangue a 1.000 persoas en ensaiar o proceso a seguir ata a obtención de resultados.
Tamén detallou que os criterios de inclusión da poboación diana é de persoas de idade entre 35 e 70 anos, residentes en Galicia, e que a invitación a participar é por medio de elección aleatoria. A toma de mostras de sangue realizarase nos hospitais do Servizo Galego de Saúde os sábados 14 e 21 de decembro, pola mañá, en tres tramos horarios.
Carmen Durán sinalou que os equipos de extracción xa están constituídos e terán en vindeiras datas unha xornada de formación presencial.
A distribución dos participantes no proxecto piloto abrangue dous concellos do ámbito urbano, con 140 participantes; catro semiurbanos, con 280 participantes; e nove do rural, con 630 participantes.
Na súa intervención no acto, o doutor Carracedo salientou que este é o punto de partida dun proxecto “único no mundo”. Trátase dun proxecto “de país” que posibilitará predicir e anticiparse ás enfermidades comúns, ademais dunha oportunidade para o desenvolvemento do tecido de investigación en Galicia co propósito de poñernos nunha situación de vangarda, incidiu o profesor Carracedo.
O director da Fundación Pública de Medicina Xenómica concluíu a súa intervención animando á participación da xente e remarcando as garantías legais e éticas máximas respecto da información recollida neste proxecto.

R.