Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O turismo galego medra por riba da media española en viaxeiros e noites no mes de outubro

O incremento da demanda turística prodúcese nun contexto do aumento tamén da oferta dispoñible, cun volume de prazas ofertadas que tamén se incrementa o 2,5%.

Turismo internacional

Os datos do Instituto Nacional e Estatística (INE) destacan tamén o bo comportamento do turismo internacional que medra o 13,2% no volume de noites hoteleiras e o 13,4% en viaxeiros aloxados no pasado mes de outubro. De feito, o turismo estranxeiro supón o 34% da demanda turística en Galicia no mes de outubro.

O turismo interno, o realizado polos residentes na Comunidade galega, tamén experimenta un crecemento do 4,2% no volume de noites hoteleiras e do 2,6% na cifra de viaxeiros.

Estas cifras repercutiron no incremento dos niveis de rendibilidade hoteleira nos dez primeiros meses do ano, que sobe un 7%. Estímase que o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos totais nominais de máis de 390M€ de euros neste período.
R.