Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Primera visita institucional del nuevo alcade de A Coruña. Javier Losada se entrevistó con el presidente de la Xunta para debatir sobre los temas pendientes de la ciudad

El nuevo alcalde de A Coruña realizó su primera visita institucional desde que accedió al cargo en sustitución de Francisco Vázquez, y se desplazó a Santiago de Compostela para entrevistarse con el presidente de la Xunta de Galicia para abordar los temas pendientes de su municipio.

Emilio Pérez Touriño y Javier Losada se entrevistaron en la capital de Galicia donde el presidente del Gobierno gallego se comprometió a colaborar lealmente con la ciudad coruñesa con el fin de estar siempre cerca de las inquietudes, proyectos y ambiciones de los ciudadanos.

El titular del Ejecutivo gallego agradeció al nuevo regidor herculino su disposición a establecer la colaboración precisa para mantener abierto el diálogo entre ambas administraciones, así como su predisposición a trabajar conjuntamente -Ayuntamiento y Xunta- para sacar adelante los proyectos que demanden los coruñeses.

La vivienda y el empleo, la estación intermodal, la construcción del puerto exterior y la remodelación portuaria o el inicio de la circunvalación en torno a la tercera ronda, fueron algunos de los asuntos abordados en este primer encuentro.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia sobre la reunión entre el presidente de la Xunta y el alcalde de A Coruña

O máximo mandatario autonómico, Emilio Pérez Touriño, mantivo esta mañá unha primeira xuntanza co novo alcalde da Coruña, Javier Losada, con que abordou os principais temas que preocupan á cidadanía e os proxectos pendentes para a cidade. Logo da reunión, o presidente da Xunta manifestou a disposición do Goberno galego “para colaborar lealmente coa cidade e para estar sempre cerca das inquedanzas, dos proxectos e das ambicións que ten a cidade e que o seu alcalde me ten manifestado”, asegurou.

Emilio Pérez Touriño agradeceulle ao alcalde coruñés “a súa disposición a manter eses vínculos de leal colaboración, de entendemento e de diálogo permanente para xuntos construír o mellor futuro para os cidadáns da Coruña e tamén para os cidadáns de Galicia”. “Temos a vontade permanente para traballar xunto co alcalde da cidade da Coruña e apoialo, en todo o que os cidadáns da Coruña demanden, desde a Xunta, e estar próximos aos seus intereses e aos seus proxectos”, engadiu.

Durante a reunión, os mandatarios autonómico e municipal tiveron a oportunidade de repasar “os grandes proxectos pendentes da cidade”, unha cidade que, segundo sinalou Touriño, “significa tanto para Galicia”. “Galicia ten que ser basicamente a conxunción da suma da cooperación e do esforzo conxunto das cidades, e de maneira relevante, da propia cidade da Coruña, que ten demostrado sempre o mellor de si mesma, da súa capacidade de empuxe, de iniciativa e capacidade de emprendemento; unha cidade liberal e aberta que tivo sempre no seu alcalde unha disposición para a colaboración leal, para compartir proxectos en beneficio de Galicia e da propia cidade”, aseverou.

Deste xeito, na xuntanza abordáronse asuntos como a vivenda e o emprego, a estación intermodal, a construción do porto exterior e a remodelación portuaria ou o inicio da circunvalación en torno a terceira ronda.

Pola súa banda, o alcalde coruñés, Javier Losada, agradeceulle ao presidente galego o que o teña recibido, algo que ao seu entender é unha demostración de que está ao lado dos cidadáns da Comunidade. Así mesmo, o rexedor coruñés amosou a súa disposición a poñer á Coruña “ao servizo de Galicia”.

Facsímile de Alfar

Durante o encontro, Javier Losada fíxolle entrega ao presidente da Xunta dun facsímile da revista Alfar, que se converteu nunha das principais revistas literarias e de arte españolas da década dos anos 20. Nesta publicación participaron moitos escritores e artistas vangardistas, fundamentalmente os pertencentes á Xeración do 27, así como outros escritores hispanoamericanos. A publicación tamén daba cabida a outros escritores cataláns e galegos que escribían na súa propia lingua.

Coa dirección de Julio J. Casal, cónsul de Uruguai na Coruña, Alfar apareceu con tal denominación en outubro de 1923, antes de empregar outros nomes. A última revista publicada na Coruña foi no verán de 1927. O seu director Julio J. Casal estivo respaldado na Coruña por intelectuais da cidade, como Julio R. Yordi, Ángel del Castillo, Luis Huici, Alfonso Mosquera, Juan G. del Valle, etc, ademais da presenza importante dos galeguistas Antonio Villar Ponte e Viqueira. Trátase, polo tanto, dunha empresa eminentemente galega e coruñesa, aínda que cunha participación universal, xa que Alfar abriu as súas páxinas ás personalidades do mundo literario e plástico de todas as tendencias, de todas as linguas, das dúas beiras do Altántico e de Europa.
R.