Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Rechazo sindical al Plan Lácteo: Sindicato Labrego Galego y Xóvenes Agricultores consideran que es una vuelta atrás

El Sindicato Labrego Galego (SLG) y Xóvenes Agricultores criticaron el acuerdo sobre el Plan Lácteo anunciado por el Ministerio de Agricultura porque es una «vuelta atrás» al establecer pautas de reparto de cuota similares a las fijadas por el PP, por lo que pidieron al Gobierno que reconsidere los criterios marcados en 2005.

La secretaria general del SLG, Lidia Senra, insistió en que el acuerdo político hecho público, que prevé la creación de bancos regionales coordinados para transferir cuotas y la reapertura de las cesiones de cuotas entre ganaderos, «rompe el compromiso» del Gobierno acerca de que los criterios fijados en 2005 en esta área se mantendrían toda la legislatura. «El hecho de llegar a un acuerdo político con las comunidades autónomas en el que se deja el 80% de cuota en cada comunidad es utilizar criterios que ya utilizó el PP y que lo único que consiguieron fueron grandes desequilibrios entre explotaciones, al facilitar el acceso a la cuota a explotaciones más dimensionadas en detrimento de aquéllas en las que es necesario actuar», subrayó. Senra puso como ejemplo el caso de una explotación de Murcia, con siete millones de kilos de leche, que recibió otros 700.000 gratis.

La secretaria general del SLG pidió que la cuota se reparta de manera gratuita con criterios claros, que no haya compraventa y que se trabaje por que las explotaciones que están por debajo de los 177.000 kilos sean viables. Por ello, la sindicalista consideró que el Ministerio ha de reconsiderar y retomar los criterios del pasado año que, según dijo, son: hasta 177.000 kilos por explotación, que es la media de cuota del Estado, se reciba gratuitamente de la reserva, por cada litro que se compre, hasta 2,5 litros; hasta 250.000 kilos se obtenga 1,5 kilos; y, a partir de 300.000, se opte a la compra pero sin reserva. En su opinión, «ésta es la única manera de hacer política lechera y mantener las explotaciones».

Nota de Prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, manifestou en Silleda a súa preocupación polo plan de reestruturación láctea que está levando a cabo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Non obstante, o titular do Goberno galego tamén se amosou confiado en que o MAPA non vai aprobar un plan que non conte co apoio da Xunta de Galicia. “Teño a plena seguridade de que non vai ser aprobado un plan desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en relación co leite que non conte co consenso, co compromiso e co apoio da Xunta de Galicia”, aseverou Emilio Pérez Touriño, engadindo que “así espero que sexa, e así estou seguro de que será”.

O presidente da Xunta aproveitou a súa intervención na inauguración da XXIX edición da Feira Semana Verde de Silleda para manifestar a súa preocupación “co estado actual da proposta encol da reestruturación do sector lácteo”, unha proposta coa que, dixo, “aínda non podemos estar de acordo como Goberno”. Sen embargo, Emilio Pérez Touriño agradeceu a oferta permanente de diálogo posta de manifesto polo secretario xeral do Ministerio, Josep Puxeu. De feito, na súa intervención, Jusep Puxeu comprometeuse a manter un diálogo para facer frutíferas as súas propostas, “acordes coas directrices comunitarias e acordes coas necesidades do sector”.

O secretario xeral do Ministerio de Agricultura recoñeceu que Galicia se especializou e mellorou moito nos últimos anos porque “os galegos decidiron especializarse e liderar o sector”. Neste sentido, comprometeu que a proposta de reestruturación do Ministerio terá en conta os criterios sociais, porque non quere facer “nada contra Galicia” xa que sería ir tamén contra o sector do leite. “Compartimos a idea de goberno, de apostar por unha Galicia moderna e dinámica, con vontade de liderar sectores tan importantes como o sector lácteo, como o sector agroalimentario, sen que isto supoña abandonar o sistema de explotacións existentes”, asegurou.

No seu discurso, o presidente da Xunta tamén se referiu á posta en marcha do Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia. “Comprometemos e cumpriremos o compromiso establecido de aprobar un plan de reequilibrio e desenvolvemento territorial de Galicia co correspondente fondo orzamentario anual, que durante a vixencia do período de fondos europeos 2007-2013 será un instrumento espero que útil ao servizo da xusta causa do desenvolvemento da Galicia rural”, indicou.

Así mesmo, o titular da Xunta defendeu a idea de dotar á xente que viva no rural duns ingresos, “un salario digno polo seu traballo”, para que dispoñan de servizos e de oportunidades sociais, económicas e culturais semellantes ás que posúen as persoas que viven nas cidades. Para acadar estes obxectivos, Touriño defendeu que o seu Goberno deseñará as políticas axeitadas no rural co fin de que os gandeiros e agricultores saiban que non están sos nos seus problemas.

O presidente galego avogou por virar a tendencia que se produce na actualidade e conseguir fixar poboación nas zonas rurais. “Necesitamos volver ilusionar á xuventude para que se incorpore ás actividades gandeiras e agrarias e deste xeito fixar poboación”, dixo Touriño.

Emilio Pérez Touriño tamén se referiu no seu discurso aos obxectivos prioritarios que persegue o Goberno que preside en materia agroalimentaria: a mellora da produción en condicións competitivas, a busca dun maior valor engadido na transformación dos produtos agrarios e a súa venda en condicións transparentes.

Co fin de garantir o cumprimento dos obxectivos anteriormente citados, a Xunta traballará, tal e como sinalou Emilio Pérez Touriño, en aumentar a viabilidade das explotacións. Neste sentido, traballarase na creación dun banco de terras e promoverase a concentración parcelaria, “cunha partida adicional de 10 millóns de euros para rematar zonas antes paralizadas”.

Paralelamente, fomentarase a conformación dun “marco estable de diálogo” entre axentes da cadea na procura dunha “maior transparencia” na formación de prezos.

Ademais, estanse a desenvolver os estudos iniciais para a formación dun Grupo Lácteo Galego “forte”, xa que Galicia achega, segundo lembrou o presidente da Xunta, máis da terceira parte da produción leiteira de toda España.

Por último, o máximo mandatario autonómico tivo verbas de eloxio para todos os que fan posible unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Segundo asegurou Touriño esta Feira tense convertido “nun escenario galego, nacional e internacional de obrigada presenza para os profesionais do sector agropecuario”.

O presidente galego dixo tamén que “Galicia enteira está orgullosa de contar con esta Feira Internacional” porque “contribúe á modernización e á competitividade do sector” en Galicia. Así, esta Feira ten sido “testemuña da constante evolución do mundo agropecuario”, segundo asegurou Touriño.

Pero o presidente da Xunta quixo dar un paso máis alá e comprometerse co futuro da Feira Internacional de Silleda. Neste sentido, anunciou que se fai necesario afrontar o fortalecemento do seu futuro, a través dun Plan Estratéxico, “que nos achegue as seguridades financeiras necesarias para a súa condición e que serva para encarar o futuro con máis fortaleza aínda”.

Na inauguración da XXIX edición da Feira Semana Verde de Silleda participaron, ademais do presidente da Xunta e do secretario xeral do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o secretario de Estado Adxunto de Agricultura e das Pescas de Portugal; a presidenta do Parlamento de Galicia; o alcalde de Silleda; e o presidente da Fundación Semana Verde de Galicia; así como os conselleiros de Política Territorial, María José Caride, e do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.

R.