Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Tui conmemora el CXV aniversario de la celebración de los históricos Xogos Florais de Galicia

La Real Academia Galega (RAG) promueve en Tui la celebración de CXV aniversario de los Xogos Florais en Galicia que tuvieron lugar en esta ciudad pontevedresa y que pasaron a la historia por ser el primer acto público celebrado íntegra y exclusivamente en gallego.

Nota de prensa remitida por el Concello de Tui

A cidade de Tui acolle o sábado 24 de xuño os actos organizados pola Real Academia Galega, en colaboración co Concello de Tui e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, para conmemorar o CXV aniversario da celebración nesta cidade, no Teatro Principal, dos Xogos Florais de Galicia.
A importancia destes Xogos, que foron organizados pola Xunta Rexionalista de Tui, radica no feito de ser a primeira vez que un acto público foi celebrado exclusivamente en lingua galega e supuxo un fito histórico na promoción do idioma galego e da identidade de Galicia como pobo diferenciado.

A presenza en Tui de persoeiros como Manuel Murguía, Alfredo Brañas, Salvador Cabeza de León xunto aos tudenses Manuel Lago González ou Antonino Cerviño González é lembrada no Teatro Municipal coa exposición de dous obxectos persoais destes intelectuais: o birrete do arcebispo Lago e a chisteira de Manuel Murguía. E no remate no acto coa lectura dunha escolma dos textos pronunciados naquel evento por Murguía, Brañas e Lago.

A conmemoración destes Xogos Florais que converteu a Tui nun lugar referente para a historia da nosa cultura ofrece a oportunidade de escoitar as intervencións de destacados intelectuais de Galicia que forman parte na actualidade da Real Academia Galega: o seu presidente Xosé Ramón Barreiro Fernández, e os académicos Xesús Alonso Montero, Andrés Torres Queiruga e Xosé Luis Méndez Ferrín.

De novo a cidade tudense se convirte en centro da vida cultural do país, en consecuencia dende o Concello de Tui convidase aos cidadáns a participar nestes actos institucionais.

Programa de Actos:

* Ás 12,00 h.: Recepción á Real Academia Galega pola Corporación Municipal de Tui no Teatro Municipal
* Ás 12,30 h.: Saída do cortexo cívico cara ao Teatro Principal na praza de Fromista. Abre a comitiva a Banda Municipal de Música de Tui. No Palco da música no Paseo da Corredoira: intervención do académico Xesús Alonso Montero. A seguir o gaiteiro Xosé Ferreirós, de Milladoiro, interpreta a “Alborada” de Rosalía de Castro. Na Porta da Pía, antiga entrada á cidade: salutación do alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha. A continuación o neno gaiteiro, Xalo, interpreta a “Muiñeira dos campaneiros”. Diante da Catedral, na praza de San Fernando, intervención do académico Andrés Torres Queiruga. A continuación o gaiteiro Bieito Romero, de Luar na Lubre, interpreta unha muiñeira tradicional.
* Ás 13,00 h.: Diante do Teatro Principal, na praza de Fromista, alocución do académico Xosé Luis Méndez Ferrín, lectura dos discursos históricos de 1891 pronunciados polos membros do Consistorio dos Xogos Florais, por parte de académicos e autoridades. Palabras de Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega. A Banda de Música interpreta como remate o Himno Galego.

R.