Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Presentado el Plan Especial de Seguridad Vial para Galicia que incluye la colocación de 13 nuevos radares

El Plan Especial de Seguridad Vial para Galicia contempla la dotación de cinco nuevos radares móviles para controlar la velocidad en las carreteras secundarias y la instalación a finales de año de ocho nuevos radares fijos y 18 cabinas en las carreteras autonómicas. El ministro del Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, y el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, han mantenido un encuentro en el Pazo de Raxoi, el segundo en los últimos diez días, tras el que comparecieron en rueda de prensa conjunta para detallar las medidas de este plan, que se extenderá al resto de autonomías.

El objetivo de la iniciativa, elaborada según las directrices de la Unión Europea y liderada por la Xunta en colaboración con la Dirección General de Tráfico, es reducir los fallecidos por accidente de tráfico en Galicia en un 25 % en el periodo 2006-2010 mediante siete líneas estratégicas.

La primera de ellas es la instalación a finales de año de ocho nuevos radares y 18 cabinas en las carreteras gallegas: 7 en A Coruña (4 en la vía del Barbanza), 3 en Lugo, 3 en Ourense y 5 en Pontevedra, que se sumarán a los 12 radares que ya existen en A Coruña (3), Lugo (4), Ourense (3) y Pontevedra (2). Además, Interior destinará a partir de hoy un nuevo vehículo con radar móvil para las policías locales, así como cinco nuevos radares móviles para controlar la velocidad en vías secundarias. Estos se distribuirán uno por provincia y otro más de apoyo para toda la autonomía, que funcionarán en estático instalado sobre un trípode o en el interior del vehículo. También se incrementarán en 2.000 los etilómetros para el control de alcoholemia por la Guardia Civil Rural con el fin de que sean utilizados en carreteras secundarias durante el patrullaje.

El Plan Especial para Galicia incluye también la vigilancia en las carreteras secundarias con el apoyo de las Unidades de Seguridad Ciudadana de las comandancias, ya que es en estas vías en las que los fallecidos por accidente de tráfico supera la media del Estado. La Guardia Civil aumentará de esta forma la vigilancia en las carreteras secundarias, a las que enviará vehículos camuflados para controlar el tráfico, la tasa de alcoholemia, el uso del cinturón de seguridad y del casco, y la utilización del teléfono móvil.

Según el Ministerio, Galicia supone el 26% de la población española (2,7 millones de habitantes) y dispone del seis por ciento del parque de vehículos, pero en ella se produjo en 2005 el 8,6% de los accidentes mortales en carretera (247) que ocasionaron 284 muertos, el 8,5% del total en España. El titular de Interior subrayó que en la comunidad gallega la siniestralidad es la más alta del país pero quiso enviar un mensaje de tranquilidad: «No hay una maldición en Galicia en relación con este tema sino razones objetivas», como los jóvenes, la nocturnidad, los peatones y el amplio número de vías secundarias. El ministro descartó por el momento la transferencia a Galicia de las competencias en este ámbito.

Por su parte, Pérez Touriño aseguró que se ganará esta «batalla» también en Galicia, un «país desordenado» urbanísticamente, dijo, por lo que abogó por esforzarse en reducir riesgos en arcenes y en los accesos a las vías de colegios públicos u hoteles, así como mejorar la señalización en las vías del Barbanza y Salnés. «Esta Galicia del cambio, del siglo XXI, no está dispuesta a convivir por más tiempo con ese reguero de familias destrozadas» por los accidentes de tráfico, subrayó el titular de la Xunta.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“Imos gañar esta batalla tamén en Galicia. Estou seguro de que así será e non pararemos ata conseguilo”. Son palabras do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante a súa intervención ante os medios de comunicación logo de se reunir co ministro do Interior. Emilio Pérez Touriño e Alfredo Pérez Rubalcaba presentaron publicamente o Plan Especial de Seguridade Viaria que se porá en marcha en Galicia coa intención de reducir a sinistralidade viaria nas estradas galegas.

Este plan, elaborado seguindo as directrices da Unión Europea, está liderado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

O titular da Xunta salientou durante a súa intervención a vontade do seu Goberno de traballar conxuntamente e en coordinación coa Administración Central do Estado neste asunto porque, segundo afirmou, “estamos decididos a gañar este obxectivo e a compartir este esforzo con toda a sociedade”. Segundo Touriño nesta tarefa “non hai distinción entre gobernos e a solidariedade é plena e total”.

A presentación deste Plan Especial dá resposta ao anunciado 10 días atrás cando Touriño e Rubalcaba se reuniron en Santiago para abordar diferentes asuntos de interese común entre Xunta e Ministerio do Interior. Así, articúlase unha serie de medidas urxentes coa intención de reducir a sinistralidade nas vías galegas. Trátase, segundo o presidente do Goberno autonómico, de medidas “especiais” e “singulares” que atenden as particularidades de Galicia porque esta Comunidade Autónoma vén, de xeito estrutural, mantendo unha “tónica de accidentabilidade por riba da media nacional”.

O presidente da Xunta recalcou o compromiso do Executivo que preside coa seguridade viaria e sinalou que esta materia forma parte “dunha prioridade de goberno”. En verbas do presidente da Xunta “é a primeira vez que hai un goberno comprometido plenamente” con este asunto. Para acadar os obxectivos cómpre articular unha “política integral” e “sostida no tempo” porque o problema da accidentabilidade en Galicia é “complexo e poliédrico” no que inciden “multiplicidade de factores”.

Touriño sinalou que é necesario ser tenaces para “reducir as dramáticas cifras coas que estamos convivindo” e amosou a súa seguridade e plena conciencia de que Galicia “non está disposta a convivir por máis tempo con este regueiro de vidas truncadas e familias destrozadas”.

Experiencia piloto
O titular do Executivo galego referiuse tamén a algunhas medidas postas xa en marcha polo seu Goberno para evitar a sinistralidade viaria. Así, explicou que desde hai poucas semanas existe un sistema de transporte nocturno, que opera en oito rutas de Galicia, para que os mozos e mozas que saen de noite non teñan que conducir. A pasada fin de semana, segundo salientou o presidente da Xunta, o denominado Noitebús, foi utilizado por 3.000 viaxeiros.

Ademais, a Xunta incrementou notablemente neste exercicio os orzamentos destinados a mantemento e conservación de estradas o que rompeu “a tendencia decrecente do anterior Goberno na dedicación de recursos”, tal e como afirmou Touriño. Todo isto porque “estamos ante un problema que require non baixar a garda e incrementar recursos e esforzos”.

Finalmente, o presidente da Xunta tamén se referiu ao Plan de Infraestruturas de Transporte que estará listo a finais de ano e que incluirá melloras en moitas estradas galegas, así como ao Plan Galego de Seguridade Viaria que contará con partidas específicas nos orzamentos de 2007 para a súa aplicación.

Optimismo de Rubalcaba
Pola súa banda, o ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, manifestou as súas expectativas de que o plan presentado hoxe poida reducir as mortes por accidente en Galicia. “Somos optimistas –dixo Rubalcaba- e cando nos pomos a elo as cousas melloran”. Segundo Rubalcaba, isto será así porque existe unha administración, “neste caso a Xunta de Galicia”, volcada plenamente no tema e isto “é clave”. Ao tempo destacou que existe conciencia social sobre asunto e coordinación entre administracións.

Ademais de presentar o Plan Especial de Seguridade Viaria para Galicia, o ministro do Interior presentou en Santiago esta mañá unha campaña estatal do seu departamento de control de velocidade por radares e que se desenvolverá entre o 7 e o 20 de agosto.

Características do Plan Especial de Seguridade Viaria para Galicia
O Plan de Seguridade Viaria presentado hoxe polo ministro do Interior e o presidente da Xunta describe un conxunto de accións encamiñadas á intentar reducir a sinistralidade nas estradas galegas. Foi elaborado seguindo as directrices da Unión Europea recollidas no Plan de Acción Europeo de Seguridade Viaria e está en consonancia co Plan Estratéxico Nacional de Seguridade Viaria 2005-2008.

O Plan prevé máis radares fixos para o control da velocidade en Galicia. Está previsto que se instalen 8 novos radares e 18 cabinas, nas que irán rotando os radares, nas estradas galegas. Os radares estarán instalados no horizonte de 2006 e veñen sumarse aos 12 actualmente existentes.

Ao tempo, o Ministerio do Interior destinará un novo vehículo, equipado con radar móbil, para que os diferentes concellos de Galicia poidan desenvolver campañas de control de velocidade e de alcoholemia. Paralelamente, instalaranse 5 novos radares móbiles para controlar a velocidade nas estradas secundarias.

Por outra banda, a Administración central do Estado distribuirá 2.000 etilómetros dun solo uso ás patrullas da Garda Civil para realizar controis de alcoholemia, o que posibilitará chegar a estradas secundarias que habitualmente non son cubertas.

Incrementarase a vixilancia nas estradas secundarias galegas por ser as que rexistran un maior índice de sinsitralidade. O obxectivo desta medida é atallar a suposta sensación de impunidade que pode existir na circulación por vías secundarias. Dentro destas medidas especiais de vixilancia, articuladas dentro dun plan especial, destacan iniciativas que desenvolverá a Agrupación de Tráfico da Garda Civil: máis vixilancia deste corpo nas estradas secundarias, control da velocidade nestas estradas, vixilancia e controis preventivos de alcoholemia polos equipos de atestados neste tipo de vías, emprego de patrullas de alcoholemia na vixilancia das estradas, servizos con vehículos camuflados nas estradas secundarias e elaboración de estudos, informes e propostas de mellora das estradas.

Ademais, as Unidades de Seguridade Cidadán das Comandancias tamén promoverán novas medidas dirixidas a controlar o uso do cinto de seguridade, o uso do casco de protección nas motocicletas, o uso do teléfono móbil e outros dispositivos durante a condución e as taxas de alcoholemia.

R.