Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

PSdeG-PSOE y BNG rechazan crear una comisión de investigación sobre la oleada de incendios del verano. El presidente de la Xunta compareció en el Parlamento donde dijo que el fuego es cosa de todos

El Parlamento de Galicia ha rechazado la propuesta del Partido Popular de Galicia (PPdeG) para crear una comisión de investigación relativa a los incendios forestales que arrasaron Galicia la primera quincena de agosto.

El PSdeG y el BNG, con responsabilidades de Gobierno en la Xunta de Galicia, han votado en contra de esta propuesta. El portavoz del PP, Xosé Manuel Barreiro, ha asegurado que la única razón de los grupos que apoyan el Gobierno para rechazar la creación dicha comisión es que, si de ella se derivasen responsabilidades políticas, el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, «no podría cesar» a un miembro del Gobierno que no es de su partido. Barreiro ha defendido , además, la decisión de su grupo de no participar en la comisión de estudio constituida sobre el mismo tema ya que, según dijo, no es más que una «farsa» y un «paripé».

El portavoz parlamentario del PP, Eduardo Zaplana, ha anunciado una petición para crear una comisión de investigación sobre los incendios en Galicia en el Congreso de los Diputados tras el rechazo a la constitución de este órgano en el Parlamento gallego, una decisión que tachó de «inaudita». Zaplana adelantó también que solicitarán la comparecencia urgente del ministro del Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, para que informe de la marcha de la investigación sobre supuestas tramas criminales tras los fuegos, y de la ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona. «Cuando el ministro del Interior habló de tramas en los medios de comunicación en un momento en el que Galicia sufría una situación de tragedia, con pérdida de vidas humanas y un porcentaje altísimo de superficie quemada, es porque tenía algún dato», opinó Zaplana.

El presidente de la Xunta compareció en el Parlamento de Galicia donde hizo un llamamiento a plantar cara al fuego entre todos para salir fortalecidos como país de esta crisis. Emilio Pérez Touriño defiende la actuación del Gobierno gallego en la gestión de los fuegos insistiendo en que la Xunta actuó con raidez, decisión, contundencia y transparencia, en contra de la opinión del PPdeG que critica la descoordinación e impasividad del Gobierno gallego.

Nota de prensa de la comparecencia del presidente de la Xunta de Galicia en el Parlamento gallego remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fixo un chamamento, no pleno do Parlamento galego, a sacar conclusións da vaga de incendios de agosto que azotou Galicia para “plantarlle cara ao lume” entre todos. “Desta crise –aseverou- temos que saír fortalecidos como país, temos que saír en condicións de plantarlle cara ao lume e ás circunstancias excepcionais que o motivaron, e ás causas estruturais que o explican entre todos. Porque o lume é unha cuestión de todos”, reafirmou.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño explicou que o Goberno que preside se tivo que enfrontar ao longo do mes de agosto a unha situación de incendios forestais “excepcional e singular”, pero que o fixo con rapidez, contundencia e transparencia. “Témonos enfrontado a unha crise incendiaria de carácter singular e excepcional” pero “témonos enfrontado con rapidez, con decisión e contundencia, e con transparencia”, asegurou.

“Esa foi a pauta de conduta da Xunta de Galicia, de todos e cada un dos seus membros e, moi en particular, dos seus responsables máis directos á fronte das respectivas competencias e responsabilidades: con rapidez, con contundencia e con transparencia”, engadiu, polo que rexeitou o cese dalgún membro do Goberno galego.

“Desde o primeiro momento da crise demos a cara e puxémonos á fronte da responsabilidade, como tocaba e correspondía, pero nin estivemos escapados, nin estivemos escondidos, nin estivemos de caza, nin estivemos en ningunha situación que non fora desde o primeiro minuto dando a cara, asumindo a responsabilidade real e efectiva, coordinando a actuación, coordinando o operativo, coordinando a protección civil, coordinando o conxunto do mando da operación política”, argumentou o titular do Goberno autonómico.

O presidente da Xunta contrapuxo esta actuación co comportamento de Gobernos anteriores. “O certo é que o que contrasta profundamente é o comportamento dun Goberno que actúa con contundencia, con transparencia e con rapidez con comportamentos tan afastados diante doutras crises que viviu o país por parte dos Gobernos anteriores. Aí si que hai unha profunda diferenza e unha profunda distancia, señor Feijóo”, aseverou Touriño.

Nesta liña, o máximo mandatario galego tamén criticou a actitude, ao seu xuízo, “irresponsable” do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xa que, ante a vaga de incendios o único que pretendeu foi “sacar rédito político da situación”. “Vostede, desde o primeiro día, no seu comportamento diante desta crise o único, o único señor Feijóo que pretenderon sacar é rédito político a esta situación”, argumentou Pérez Touriño sinalando que o PP empregou “unha estratexia planificada de desgaste do Goberno”.

O titular do Goberno autonómico lembrou, así mesmo, que desde o principio da vaga de lumes o PP non dubidou en pedir responsabilidades e incluso ameazou cunha moción de censura. Pérez Touriño sinalou que incluso ao PP “non lle importou mentir nin alarmar” con tal de desgastar ao Goberno da Xunta, de aí que ofrecesen a cifra de 175.000 hectáreas queimadas, a pesar, sinalou Touriño, “de poder ocasionar con esa cifra, con ese dato e ese comportamento irresponsable un grave dano á imaxe e á realidade do noso país”.

“Claramente para vostedes valeu a tese desde o primeiro momento de canto peor, mellor”, engadiu o presidente da Xunta dirixíndose a Núñez Feijóo: “canto peor para Galicia e para o país, mellor para os intereses do Partido Popular”.

Durante a súa intervención, o xefe do Executivo autonómico tamén se referiu ás chamadas de afecto e solidariedade con Galicia que recibiu ao longo do mes de agosto. “Durante a crise –asegurou- tiven a chamada da Súa Maxestade El-Rei, que mostrou o apoio, a solidariedade e o compromiso con este país e o ánimo co que estaba pasando”, así como a do presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, e dos presidentes de distintas Comunidades Autónomas.

“Durante a crise tivemos a solidariedade e apoio de todas as Comunidades Autónomas, de todas as deste país”, lembrou Touriño. “Pero houbo unha chamada que era tan necesaria como as anteriores e que non se produciu e que é tarde para que se produza”. “E vostede non ten lexitimidade ningunha e confiabilidade ningunha para vir a esta Cámara tarde, mal e a rastro pola súa parte –dixo dirixíndose a Alberto Núñez Feijóo- para tentar emendar o seu comportamento durante a crise. Porque faltou a súa chamada, señor Núñez Feijóo, faltou a súa chamada”.

Pérez Touriño acusou ao Partido Popular de buscar só o rédito político. “A vostedes non lles interesa as conclusións de futuro. E o digo e o podo dicir con lexitimidade porque o seu comportamento o avala. Porque se lles interesara o futuro, reparar esta situación, concursar a súa vontade integradora para sumar esforzos nunha vontade de país estarían sentados traballando na comisión [de estudo creada no Parlamento galego], e seguirían reclamando a comisión de investigación, que a vostedes é o único que parece que lles preocupa, porque o único que lles preocupa é a foto, o desgaste de queimar ao Goberno, unha vez máis”, concluíu Touriño.

“Queremos implantar un modelo que nos permita combater os incendios cando estes se producen, pero tamén eliminar as causas que lles serven de mecha e de combustible”. Así de contundente se mostrou o titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, que compareceu, a petición propia, no pleno do Parlamento para informar sobre a vaga de lumes que azotou á Comunidade galega o pasado mes de agosto.

Pérez Touriño sinalou que o obxectivo do Goberno que preside é deseñar e acometer unha estratexia de loita contra o lume que xire arredor de tres eixes: a revisión dos sistemas de extinción e de resposta en situacións de emerxencia, con maiores medios, máis eficaces e profesionalizados; unha nova política forestal que incentive a utilidade do monte e a súa posta en valor; e a posta en marcha dun modelo territorial que “ofreza unha alternativa razoable e sostible ao crecemento difuso, desordenado e desequilibrado do noso urbanismo”.

Segundo explicou o mandatario autonómico na súa comparecencia, estras tres liñas de actuación plasmaranse noutros tantos textos lexislativos que entrarán na Cámara galega antes do próximo verán. “Ese é o compromiso que adquiro”, remarcou lembrando que “a Xunta de Galicia aprobará nos meses vindeiros os proxectos de lei de Emerxencias, da lei de Montes e da lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio”.

O presidente da Xunta insistiu na necesidade de cambiar o modelo herdado de loita contra os incendios forestais, un sistema que, segundo sinalou, “se ben deu froitos en anos anteriores, colapsou ao enfrontarse a unha situación excepcional e de extrema gravidade”.

“O problema non consistiu en racharmos o modelo de loita contra o lume vixente, que non o fixemos. O problema foi exactamente o contrario”, remarcou Pérez Touriño lembrando que este sistema xiraba arredor da “resignada aceptación da forte intencionalidade incendiaria, a configuración dun amplo dispositivo despregado no territorio e a rápida capacidade de resposta para afogar o lume nos primeiros momentos”.

Un modelo, insistiu, “que lle virou as costas ao fondo do problema” porque non abordou o control dos combustibles forestais, que nos últimos tres decenios acadaron un volume tan espectacular que converteron en insostible o esquema de resposta; e que non reparou nas raíces máis profundas do problema, de carácter estrutural, estreitamente vinculadas ao tradicional aproveitamento de solo e a unha deficiente organización do territorio.

“Temos por diante un gran desafío. Cambiar o modelo da política forestal deste país non é unha tarefa dun día, nin dunha soa persoa, nin dunha soa Consellería e nin sequera é unha tarefa que competa só ao Goberno” salientou Pérez Touriño. Por iso fixo un chamamento a abordar a loita contra o lume “entre todos”.

“Chegou a hora de traballar polo país, de desenvolver un esforzo común de colaboración. Desde un Goberno que está a asumir as súas responsabilidades, apelo á responsabilidade dos grupos e das administracións para abordar entre todos este gran tema de país”, incidiu.

Nesta liña, o mandatario galego lembrou que onte mesmo se constituíu unha comisión parlamentaria sobre incendios que, segundo sinalou, “pode converterse nunha útil ferramenta para abrir o camiño que lles propoño percorrer xuntos, a condición de que saibamos convertela nun espazo de análise, de diálogo, de propostas, de conclusión e de concertación”.

Emilio Pérez Touriño sinalou que o que sucedeu entre o 4 e o 14 de agosto en Galicia foi “absolutamente excepcional”, “un ataque masivo e criminal, amparado en condicións obxectivas favorables á acción delituosa”. Segundo explicou, durante ese breve período de tempo producíronse 1.651 incendios (case o triplo dos rexistrados nos mesmos días do ano anterior), cun promedio de cinco focos de lume cada un. Ademais, moitos dos incendios rexistrados “presentaban características singulares”, xa que se centraron en zonas costeiras moi habitadas, cunha poboación altamente diseminada o que supuxo, en palabras de Touriño, unha “ameaza á protección civil do país”.

Sen embargo, ante este “desafío excepcional” a reacción dos poderes públicos, a xuízo do mandatario galego, foi igualmente “excepcional”, tanto polo volume de recursos despregados para combater o lume; como pola transparencia informativa da que fixeron gala os medios de comunicación autonómicos; polo marco de axudas e indemnizacións arbitradas aos poucos días da vaga de lumes; e polo plan de recuperación das zonas afectadas aprobado no último Consello da Xunta.

“Desde o inicio da crise, a actuación da Xunta de Galicia, a do seu máximo responsable e a dos conselleiros de Medio Rural e de Presidencia foi inmediata e contundente”, incidiu Pérez Touriño, remarcando que é a primeira vez na historia que, “aínda quentes as cinzas”, un presidente se somete ao “escrutinio da vontade popular”.

Desde o 4 ao 14 de agosto “fragouse unha poderosa forza de choque, sen parangón na recente historia de España, que nalgún intre chegou a mobilizar 8.562 bombeiros, axentes e soldados -sen contarmos varios miles de voluntarios-, 946 vehículos diversos e 72 avións e helicópteros”, explicou o presidente da Xunta. Un “impresionante despregue de medios” que foi posible “pola decidida resposta do Goberno de España e do seu presidente” e pola solidariedade amosada polas comunidades autónomas e varios países.

Pero tamén no eido da investigación “a reacción foi inmediata”, a xuízo de Pérez Touriño, xa que o mesmo día 6 o Ministerio do Interior atribuíu ao Equipo contra o Crime Organizado a misión de seguir o rastro aos pirómanos e reforzou os servizos de intelixencia con cinco inspectores de elite, o que propiciou que no mes de agosto houbese cincuenta persoas detidas, “o que multiplica por cinco a media dos detidos no mes de agosto dos últimos cinco anos”.

“Antes había incendios, bastantes máis dos que nos facía ver a televisión autonómica –indicou o presidente da Xunta-, pero non había axudas. Tamén nese aspecto –engadiu- a situación é novidosa: só dez días despois de que remitise a actividade incendiaria a Xunta aprobou en Consello extraordinario un decreto de axudas urxentes por importe superior aos 13 millóns”. Unhas axudas ás que hai que engadir os 40 millóns de euros para reparar os danos causados que aprobou o Consello de Ministros do día 25 de agosto.

O titular do Goberno autonómico referiuse ao plan de recuperación posto en marcha pola Xunta. “Todos sabemos que este non é o primeiro ano en que Galicia sofre as consecuencias dunha vaga de incendios. Pero si que é a primeira vez que se pon en marcha un Plan de recuperación forestal e ambiental para rexenerar os ecosistemas afectados”. Un plan dotado con 126 millóns de euros que actuará sobre 200.000 hectáreas da Comunidade galega a través de catro grandes eixes vertebradores: a planificación forestal e ordenación do medio rural; a valorización do monte galego; a rexeneración de hábitats, a restauración hidrolóxica e a renovación de infraestruturas ambientais; e o investimento en infraestruturas e equipamentos para a intervención en casos de emerxencia.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, emprazou ao PP a “estar á altura das circunstancias” e incorporarse á Comisión parlamentaria de incendios forestais e participar nos debates para a reformulación do sistema de extinción de incendios e resposta a emerxencias, así como na revisión das políticas forestal e urbanística para evitar que Galicia sufra unha nova situación de crise motivada polos lumes.

Así o aseverou o máximo mandatario de Galicia, na quenda de peche do debate que tivo lugar no Parlamento durante o que, a petición propia, informou sobre a vaga de incendios sufrida pola comunidade autónoma o pasado mes de agosto. Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño quixo obviar as críticas lanzadas polo portavoz parlamentario do PP, Alberto Núñez Feijóo, e pensar “que está en disposición de traballar e achegar as súas contribucións” a este debate tanto no seno da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) como na Comisión creada polo Parlamento.

Na súa intervención, o presidente da Xunta recomendoulle a Núñez Feijóo “autocrítica e humildade” e lembroulle que durante a catástrofe do Prestige, cando era portavoz do PSdeG-PSOE, expresou “en reiteradas ocasións” ao Goberno galego a súa dispoñibilidade, mentres que con motivo da vaga de incendios o portavoz parlamentario do PP en ningún momento o chamou por teléfono. E reprochoulle que nas circunstancias “duras e críticas que consternaron ao país” vividas estes días , a sociedade galega puido ver cómo os populares se “ausentaron, deixaron as súas responsabilidades e boicotearon” a comisión de incendios creada para dar respostas a esta crise.

Respecto da hipótese da existencia de tramas organizadas tras os incendios, o presidente tamén lle reprochou a Núñez Feijóo a incoherencia do seu partido por desbotar a súa existencia agora e referirse a elas “continuamente” entre 1990 e o 2001. A este respecto, lembroulle unhas declaracións realizadas o pasado 14 de agosto polo presidente do PP, Mariano Rajoy, quen cualificou de “inmoralidade” que se falara da hipótese dunha trama organizada cando sendo vicepresidente do Goberno central, no 2002, el mesmo defendera esa hipótese.

Fronte a estas actitudes, Pérez Touriño asegurou que o Goberno que preside “asumiu as súas responsabilidades dende o primeiro momento”, fronte á actuación dos distintos Gobernos do PP, que nunca aprobaron axudas para os afectados polos lumes, pese a que nos últimos 15 anos arderon 350.000 hectáreas. “A diferenza é que agora hai un decreto de axudas urxentes e que o Goberno aprobou un Plan de Recuperación Forestal e Ambiental de Galicia dotado de 126 millóns de euros” que se suman aos 53 millóns habilitados pola Xunta e o Goberno central, aseverou. “Agora hai unha resposta e un compromiso do Executivo. Con vostedes, o baleiro, a falta de reposta e a falta de compromiso”, sentenciou.

O máximo mandatario galego quixo deixar a un lado “o catastrofismo da escola de Acebes e Zaplana” utilizado por Núñez Feijóo e aceptar a súa disposición ao acordo e ao diálogo, como un “acto de confianza” e de responsabilidade ante os cidadáns que votaron ao PP nas pasadas eleccións. “Convócoos a remangarse e poñerse a traballar na Comisión parlamentaria e a sacar as mellores conclusións sobre o acontecido”, sinalou o presidente, quen convidou ao líder popular a traballar sobre tres eixes básicos: a reformulación do actual sistema de extinción de incendios, que considerou “esgotado”, e do sistema de resposta ante emerxencias; a revisión da política forestal e de valorización do monte e o redeseño da política urbanística e territorial de Galicia.

A este respecto, Pérez Touriño fixo un chamamento para revisar a política forestal, de xeito que problemas como a debilidade financeira ou a atomización da propiedade non impidan mobilizar a superficie agraria abandonada e pór en valor o monte. “A Cámara terá que debater todas as medidas e chegar a un acordo nacional porque o país o necesita. Será necesario deseñar s instrumentos de xestión que eviten que o país siga xogando á ruleta rusa”, enfatizou o presidente, quen lembrou que no contacto cos cidadáns das zonas afectadas polos incendios estes lle reclamaron que se adopten as medidas para ordenar e cultivar os momentos, de xeito que se eviten os incendios.

E respecto da política urbanística, o presidente fixo fincapé en que é necesario adoptar as medidas pertinentes para que non se volvan producir situacións de urbanizacións “acosadas”, coas árbores pegadas aos cristais das casas, “sen sistemas hidrantes” ou con licenzas para construír gasolineiras ao seu carón.

“A ese traballo os convoco. Señor Feijóo, espero que agora si estea a altura das circunstancias”, concluíu.


R.