Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Inaugurado el curso escolar 2006-2007 en la red de galescolas con la presentación del Plan Estratégico para la Calidad y Mejora Pedagógica

El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, ha presentado en la escuela infantil Santa María de Oza un Plan de Calidad y Mejora Pedagógica de A Coruña para las escuelas infantiles públicas y ha indicado que pretende convertir a los centros de la red Galescola en «una marca que será garantía de calidad». En el acto, que ha coincidido con la inauguración del comienzo del curso escolar, en la ciudad de A Coruña, Quintana ha estado acompañado de la secretaria xeral da Igualdade, Carmen Adán.

El plan de trabajo presentado se desarrollará entre 2006 y 2009 y contará con una inversión global de 8.599.000 euros. La línea estratégica se centra en «la mejora del proyecto educativo de cada uno de los centros» y en «impulsar la calidad del servicio de la participación de usuarios». El proyecto incide también en «reforzamiento del proceso formativo» y en «garantizar la incrusión de las nuevas tecnologías de la información y la comunicación», ha señalado Quintana.

El vicepresidente de la Xunta resaltó también la importancia de «mejorar el proyecto educativo de estos centros porque las Galescola van a ser, sobretodo, muy buenas escuelas que educarán en la imaginación, el respeto y la tolerancia».

La inversión de 6.425.000 euros ayudará a mejorar la calidad de los comedores, a llevar a cabo una progresiva ampliación horaria y de los servicios complementarios, entre otras medidas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Xunta de Galicia:

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presentou na Escola Infantil “Santa María de Oza” da Coruña un Plan de Calidade e Mellora Pedagóxica para as escolas infantís públicas co que se pretende facer dos centros da rede Galescola “unha marca que será garantía de calidade”, con máis servizos, e cunha mellor oferta educativa. No acto, que serviu tamén como apertura do curso escolar, estivo acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán.

O vicepresidente explicou que o eixo central do proxecto Galescola é a calidade, “e por iso pretendemos dar un salto fundamental para deixar dunha vez por todas no pasado o concepto de gardería e entrar plenamente no de escolas infantís”. Para iso, Quintana manifestou que era necesario a posta en marcha dun programa pedagóxico básico para todo o país, que vai permitir que todos os centros funcionen como unha verdadeira rede, “xa que ata agora o que tiñamos eran proxectos illados para cada un dos centros”.

O plan de traballo presentado, que se desenvolverá entre o 2006 e o 2009 e conta cun investimento global de 8.599.000 euros, terá como unha das súas liñas estratéxicas a mellora do proxecto educativo de cada centro, ao tempo que tratará de impulsar a calidade do servizo e a participación dos usuarios, incide no reforzamento do proceso formativo e do recoñecemento profesional, e quere garantir a inclusión das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e de novos recursos sociais. O plano de calidade vaise aplicar primeiro nos centros dependentes da Xunta e nas Galescola que se xestionen a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do que a día de hoxe forman parte xa 75 concellos e ao que se van incorporando día a día novos municipios.

O vicepresidente resaltou a importancia de mellorar o proxecto educativo destes centros, “porque as Galescola van ser sobre todo moi boas escolas, educando na imaxinación, o respecto e a tolerancia”. Neste senso, a secretaria xeral da Igualdade explicou que a mellora pedagóxica implicará o deseño dun proxecto educativo e curricular de cada centro, así como un plan de dinamización lingüística. Tamén resaltou a posta en marcha de iniciativas de apoio educativo ás familias, dentro do futuro programa Escola Aberta. Con estes fins, a Vicepresidencia destinará un orzamento de 935.000 euros.

Para impulsar a calidade do servizo farase un investimento de 6.425.000 euros que servirán para levar a cabo diversas medidas, centradas sobre todo nun plano específico de calidade dos comedores infantís, na progresiva ampliación horaria e dos servizos complementarios, e na mellora das instalacións a través dun novo Plan de Infraestruturas. Tratarase tamén de promover a inclusión e implicación das familias no centro, así como de mellorar os recursos para a atención de nenos e nenas con necesidades educativas especiais, e elaborarase unha carta de servizos das persoas usuarias en xeral e de cada escola. Neste senso, o vicepresidente afirmou que se pretende que as Galescola non só funcionen como escolas para nenos e nenas, senón que tamén sexan auténticas escolas de pais. “Estamos no inicio dun curso escolar moi importante, o curso no que se iniciará unha nova etapa na educación infantil en Galiza”, manifestou.

A través deste plan de calidade, introduciranse ademais criterios de sostenibilidade medioambiental nos centros, con programas de tratamento de residuos, aforro enerxético, enerxías alternativas. Por outra parte, vaise incidir na mellora da xestión dos centros mediante a difusión de boas prácticas na xestión educativa e a implantación de modelos de calidade.

Ademais da xestión, dáse especial importancia á formación dos profesionais, con programas de formación nos centros de traballo e cursos específicos, para o que se disporá dun orzamento adicional de 630.000 euros.

Carme Adán anunciou tamén un investimento de 609.000 euros destinados a que os centros dispoñan de conexión a Internet de banda ancha como elemento educativo para a formación nas novas tecnoloxías. Neste senso, recalcou a importancia da dotación e creación de contidos educativos adaptados a cada etapa de formación. Tamén adiantou a posta en marcha dun portal educativo como plataforma de interacción da comunidade escolar.

Na súa intervención, o vicepresidente destacou a importancia destas iniciativas porque “as Galescola son o corazón da revolución tranquila do Benestar” que se impulsa dende o seu departamento, por ser “unha arma cargada de futuro”. O vicepresidente sinalou que a Rede Galega de Escolas Infantís será un instrumento “fundamental” para acadar a verdadeira igualdade da sociedade galega. Segundo dixo, simbolizan os tres pilares básicos da aposta da Vicepresidencia polas políticas sociais: “calidade, identidade e compromiso de país”.

Quintana lembrou que as Galescola “van a educar en galego, en Galiza e para as galegas e os galegos do séculos XXI”. Estes centros servirán como instrumento para aplicar o Plano de Normalización Lingüística, aprobado no Parlamento por unanimidade dos tres grupos “e que nunca tivo unha verdadeira tradución práctica”, aclarou o vicepresidente.

Tamén salientou que esta rede vai contribuír a romper co “círculo maldito” da desestruturación territorial de Galiza, que implica que, ao non haber servizos marche a xente, e que logo por non haber xente non hai servizos. “Por iso o medio rural se desertiza”, concluíu, sinalando que o obxectivo é que toda a cidadanía de Galiza -viva onde viva- teña o mesmo nivel de benestar e a mesma dispoñibilidade de servizos. Preténdese rematar así, dunha vez por todas, coa división do país en cidadáns de primeira e de segunda, uns con todos os servizos e oportunidades e os outros con nada. O vicepresidente explicou que cos servizos sociais “tamén se fai país, tamén se pode vertebrar o territorio”, e por iso estes servizos non deben empregarse como instrumentos para competir entre os territorios, senón “ser tamén un mecanismo de reequilibrio e cohesión territorial”.

A rede Galescola supón a creación de 6.000 novas prazas públicas en escolas infantís para nenos e nenas menores de 3 anos, cun investimento total de 29 millóns de euros. Esta rede permitirá ademais a creación de máis de 1.200 postos de traballo directos.

A rede servirá para mellorar de xeito moi importante a taxa de cobertura de prazas en escolas infantís públicas. De feito, as provincias de Lugo e Ourense superarían o índice recomendado pola UE, que é do 33% da poboación menor de tres anos, sobrepasando este listón co 36 e o 44%, respectivamente. Na provincia da Coruña, os novos centros suporán a cobertura do 22%, cando o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais fala dun índice medio no conxunto do Estado do 21%. A provincia de Pontevedra sube, deste xeito, 8 puntos na taxa de cobertura de número de prazas en escolas infantís públicas, pasando dun índice do 10´5% no 2005 a un 18´3% en 2007.

Tras facer un percorrido polas instalacións da Escola Infantil, Anxo Quintana desprazouse á sede da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple, onde se reuniu cos seus responsables e puido coñecer de primeira man o proxecto Portas Abertas para a atención integral ao enfermo crónico e á súa familia. Con este proxecto, a entidade pon a disposición doutras asociacións diversos servizos, como fisioterapia, terapia ocupacional, atención psicosocial, transporte adaptado ou asesoramento, entre outras.

R.