Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Vigo acogerá la salida de la Vuelta Ciclista a España 2007

La Vuelta a España 2007 saldrá desde la ciudad de Vigo, según ha anunciado el director general para el deporte de la Xunta de Galicia, Santiago Domínguez Olveira. El dirigente del deporte gallego ha explicado que «en la decisión de la selección de una ciudad gallega teníamos que garantizar que fuese una ciudad grande, con capacidad hotelera y dotada de los servicios y de las comunicaciones que se precisan para albergar la salida de esta importante competición».

Domínguez Olveira ha subrayado que este evento traerá «una importante promoción para la ciudad y para toda Galicia», además de atraer a Vigo a más de tres mil personas durante más de una semana. Sobre la relación de la ciudad con este deporte, el director general recordó que los dos grandes ciclistas gallegos del momento, Óscar Pereiro y Marcos Serrano pertenecen al entorno de Vigo, como el director del Karpin Galicia, Álvaro Pino; como la Fundación Ciclismo Galego y sus tres patrocinadores privados.

Además de albergar la salida, Galicia acogerá el próximo año la etapa prólogo (Vigo-Vigo) y dos etapas más, aunque será en diciembre cuando Unipublic dé a conocer todo el recorrido, apuntó Domínguez Olveira.

Nota remitida por el Gabinete de Prensa de la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia:

A Vuelta Ciclista a España do vindeiro ano terá Vigo como cidade de saída. Así o anunciou o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, en rolda de prensa. “Na decisión da escolla dunha cidade galega tiñamos que garantir que fose unha cidade grande, con capacidade hoteleira, e dotada dos servizos e das comunicacións que se precisan para albergar a saída desta importante competición”. Domínguez Olveira lembrou que a saída dende Vigo carrexará “unha importante promoción para a cidade e para toda Galiza”, amais de traer a Vigo a máis de tres mil persoas durante máis dunha semana.

Domínguez Olveira anunciou que, de cara a asinar o protocolo de saída da Vuelta 2007, solicitará unha entrevista formal coa alcaldesa de Vigo. Na elección de Vigo como punto de partida para a Vuelta 2007 analizouse o histórico de saídas da caravana ciclista en Galiza, que no ano 82 partiu de Santiago de Compostela e dende A Coruña nos anos 1989 e 1993. Por iso, o director xeral insistiu no criterio de “tentar equilibrar o protagonismo territorial, amais de que Vigo recolle outros aspectos fundamentais para a historia do ciclismo en Galiza”: os dous grandes ciclistas galegos do momento (Óscar Pereiro e Marcos Serrano) pertencen ao entorno de Vigo, como tamén pertence o director do Karpin Galicia, Álvaro Pino. Domínguez Olveira tamén destacou que é en Vigo onde o equipo profesional galego, a Fundación Ciclismo Galego e os seus tres patrocinadores privados teñen a súa sede.

Amais de albergar a saída, Galiza acollerá na vindeira edición da Vuelta a etapa prólogo (Vigo-Vigo) e dúas etapas máis. “Será en decembro cando Unipublic dea a coñecer todo o percorrido, pero podemos adiantar que xa temos pechadas dúas etapas máis en Galiza. A intención da Dirección Xeral para o Deporte é cubrir, cando menos, tres das catro provincias galegas, aínda que iso dependerá fundamentalmente das condicións técnicas e dos perfís do percorrido que impoña a organización”. “Queremos que esta sexa unha homenaxe ao ciclismo galego –afirmou Santiago Domínguez- que vivirá a saída da Vuelta despois de 14 anos. Supón un importantísimo esforzo económico para a Consellería de Cultura e Deporte. Málaga, que deu a saída este ano, investiu un millón de euros, e o noso investimento será un pouco maior. O que queremos é que este esforzo redunde no noso ciclismo de base e en todos os clubs que levan anos traballando para facer deste soño unha realidade. Estamos traballando na organización dun acto paralelo á saída no que participen os ciclistas das categorías inferiores dos clubs galegos”.

O director xeral para o Deporte referiuse ao bo momento que está vivir o noso ciclismo, que ten os seus mellores espellos en Óscar Pereiro, virtual vencedor do Tour; David Blanco, campión da Vuelta a Portugal e Ezequiel Mosquera, convocado para o Mundial sub 21.

Mais neste marco de bos resultados non se pode esquecer a posta en funcionamento do Karpin Galicia. Santiago Domínguez lembrou que o equipo profesional galego está a punto de pechar compromisos con corredores galegos, estatais e rusos, e que comezará a rodar a comezos do ano 2007. Ademais, a Fundación Ciclismo Galego, entidade encargada da súa xestión, vén de ser declarada “fundación de interese galego”. En relación á súa participación na Vuelta 2007, o director xeral lembrou a “boa dispoñibilidade manifestada por Unipublic” para incluír a participación do equipo profesional galego.

R.