Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia dispondrá de delegaciones de la Xunta en el exterior a partir de 2007

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha anunciado que antes de finales de año estará preparado un decreto destinado a la creación de delegaciones del Gobierno autonómico en el exterior, con el objetivo de tener una presencia en países de Latinoamérica y Europa. En una recepción ofrecida a los representantes del consulares de varios países acreditados en Galicia, Touriño indicó que el documento, actualmente en fase de redacción, «definirá con claridad los objetivos, ámbitos de acción y medidas» que la Xunta pretende llevar a cabo en lo relativo a sus relaciones exteriores e internacionales.

Las delegaciones que la Xunta quiere abrir en el exterior estarán dedicadas a representar los intereses de Galicia «en la más estricta lealtad con el Estado», dijo el dirigente gallego a una treintena de representantes consulares, principalmente de países europeos y latinoamericanos. Touriño destacó que la voluntad de la Xunta con ese tipo de oficinas de representación es conseguir, por una parte un papel «más participativo» de Galicia en la «nueva dimensión europea», siguiendo el «principio de subsidiariedad». Añadió que, por otra, quiere contribuir a que Galicia, debido a sus vínculos culturales e históricos con Latinoamérica, tenga una mayor presencia en las políticas de «cooperación y desarrollo» en esa región, además de en otras partes del mundo.

El presidente gallego destacó las relaciones «muy específicas» con Portugal, señaló que su Gobierno está trabajando para elaborar una plan estratégico conjunto sobre proyectos de cooperación transfronteriza y expresó su confianza en poder obtener ayuda europea. Añadió que Galicia desea «dejar de ser un país que gestiona fondos para infraestructuras» para convertirse en otro capaz de «captar fondos europeos de los ámbitos empresariales». Por ello justificó la necesidad de que Galicia tenga una mayor presencia ante los organismos europeos, para «que se conozcan en el seno de la UE las demandas de a UE», dijo. Asimismo, destacó los lazos históricos y culturales de Galicia con Latinoamérica, además de su situación geográfica, y aseguró que su Gobierno pretende entre los dos continentes y también llevar a cabo «alianzas estratégicas y empresariales».

Touriño, que efectuó en mayo pasado una visita a Uruguay y Argentina, ya anunció entonces la intención de abrir en el futuro en Buenos Aires una oficina de representación de Galicia.

En la reunión con los representantes consulares celebrada en el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela, Touriño subrayó que Galicia, por su contacto marítimo, tiene una vocación de apertura a otras regiones del mundo en temas de cooperación y desarrollo. Así, indicó que la Xunta llevará a cabo proyectos concretos de cooperación en favor de las zonas en las que haya colectividades gallegas, pero también «más allá de los patrones tradicionales». Precisó que la cooperación se extenderá así a estados ribereños de Africa y de la región de Asia y del Pacífico.

En la recepción, a la que siguió un debate sobre diversos aspectos de las orientaciones políticas de la Xunta, participaron representantes consulares europeos de Portugal, Reino Unido, Irlanda, Francia, Bélgica, Holanda, Dinamarca, Suecia, Noruega, Finlandia e Italia. También asistieron representantes de Argentina, Uruguay, Brasil Bolivia, Venezuela, Panamá, Guatemala, México y otros países latinoamericanos, así como de Filipinas y Costa de Marfil, según fuentes de la Xunta.

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, anunciou que o Goberno que preside redactará, antes de que finalice este ano, o decreto de creación de delegacións da Xunta de Galicia no exterior. “Quero aproveitar esta ocasión para anunciarlles que o Goberno galego terá redactado antes de que remate o ano en curso o decreto que vai facer posible a apertura de delegacións da Xunta de Galicia no exterior”, asegurou, lembrando que estas institucións terán como obxectivo “institucionalizar a presenza de Galicia nos países nas que se instalen”, así como xestionar e coordinar as accións e intereses da Comunidade Autónoma no exterior.

Durante a recepción aos membros do Corpo Consular de Galicia, Emilio Pérez Touriño lembrou que esta medida forma parte da nova política de relacións exteriores que levará a cabo o Goberno galego e cuxos eixes “aparecerán plenamente desenvolvidos” nun documento actualmente en fase de redacción que levará por título “Estratexia de Acción en Política Exterior”.

Este documento que, segundo salientou o titular da Xunta, deberá estar rematado este ano, “definirá con claridade os obxectivos, ámbitos de acción e medidas do Goberno galego en todo o relativo ás súas relacións internacionais”.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño referiuse, ademais, á pretensión do Goberno que preside para que Galicia xogue un novo papel, “máis participativo, máis pleno e máis potente”, no entramado institucional europeo. Un papel que, ao seu xuízo, se ve favorecido polas políticas que está aplicando nesta materia o Goberno español, que van permitir que as comunidades autónomas asuman “unha nova dimensión na política exterior” do Estado.

O presidente da Xunta puxo como exemplo desta nova política exterior o feito de que Galicia será a que asuma a representación das comunidades autónomas españolas, no ámbito da educación, no Consello de Ministros da Unión Europea a partir do vindeiro 1 de xaneiro.

“Queremos achegar a realidade de Galicia á Comisión Europea. Que se coñeza a situación das nosas principais infraestruturas e as estratexias da Xunta de Galicia de crecemento económico”, asegurou. Por iso, engadiu, “presentaremos en breve o Marco Estratéxico para a Converxencia Económica de Galicia” que recollerá as prioridades para o investimento dos fondos europeos no período 2007-2013.

No marco da política europea, a Fundación Galicia-Europa seguirá a desempeñar “un importante papel”, sinalou Pérez Touriño salientando que vai incorporar novos técnicos e reforzar “notablemente” as súas funcións de asesoramento, presenza e información, segundo se contempla no Plan Estratéxico 2006-2009.

“Queremos pasar de ser un país que xestiona fondos para facer infraestruturas a outro capaz de captar fondos europeos para os ámbitos empresariais”, aseverou o mandatario galego. O obxectivo último do Goberno galego, concluíu, “é facer de Galicia unha rexión forte no marco dun proxecto, o europeo, no que cremos firmemente e polo que nos sentimos plenamente concernidos”.

O mandatario autonómico tamén fixo mención especial ás relacións “moi específicas e intensas” entre a Comunidade galega e Portugal, que se particularizan na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Pérez Touriño lembrou que actualmente se está a elaborar un plan estratéxico de cooperación, no marco da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, que vai fixar os eixes e as medidas de cooperación transfronteiriza para o período orzamentario 2007-2013.

Así mesmo, sinalou que agora, co novo regulamento do Feder, se abre a posibilidade de crear unha Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza, capaz de asumir tarefas de xestión e execución conxunta dos fondos comunitarios e de acadar “unha cooperación transfronteiriza de segunda xeración, máis ampla, máis avanzada e máis eficiente”, aseverou Touriño.

Por outra banda, lembrou que o Goberno galego seguirá apostando por unha acción exterior centrada en América, así como por un achegamento selectivo aos estados ribeireños de África e da área Asia-Pacífico. Neste sentido, avogou por seguir traballando e cooperando a nivel político, económico e cultural, cos países que forman a comunidade iberoamericana, para que Galicia desenvolva esa vocación “de ponte con España e con Europa que a nosa situación xeográfica e a propia historia foi encargándose de facer posible”.

Na súa xuntanza con membros do Corpo Consular en Galicia, o mandatario autonómico tivo a oportunidade de presentarlle as liñas estratéxicas nas que se está a centrar a acción do Goberno galego: a plena inserción de Galicia no novo mundo global do século XXI, coa converxencia da Comunidade con España e con Europa; a aposta pola “Galicia social”, pois non se trata só de medrar máis e mellor, senón tamén dun xeito equilibrado social e territorialmente; a preservación do medio ambiente e do patrimonio cultural galego; e a modernización política e institucional, baseándose na mellora da calidade da democracia e a ampliación do autogoberno. Nesta liña, o titular da Xunta explicou que o autogoberno deberá ser tamén un instrumento axeitado para “unha maior e máis sistemática presenza de Galicia no escenario europeo e internacional”, liña estratéxica da política exterior galega.

Pola súa banda, o secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Santiago Gómez-Reino, remarcou que a “acción exterior do Goberno galego non pode nin debe esgotarse na actividade despregada ante as institucións europeas en Bruxelas, aínda que a maior parte das enerxías estean dedicadas ao seguimento da actividade comunitaria e á xestión dos intereses da autonomía na capital europea”.

Neste sentido, apuntou “o longo proceso de 15 anos de cooperación coa Rexión Norte de Portugal”, que permitiu “estreitar todo tipo de relacións políticas económicas, sociais e culturais”, así como as que se sitúan fóra do ámbito comunitario. Gómez-Reino manifestou que o Goberno galego “seguirá mantendo como prioridade as relacións cos países iberoamericanos e manterá, como obxectivo importante de desenvolvemento e con espírito práctico, as relacións cos países doutras zonas xeográficas do planeta”.

“As nosas relacións cos países terceiros xirarán non só arredor das obrigas que temos coas colectividades galegas no exterior, senón tamén na proxección exterior da Autonomía, difundindo a lingua e a cultura galegas, así como prestando apoio a proxectos empresariais e investimentos, e incluso colaborando na captación de capital, tanto material como humano”, declarou.

Na xuntanza entre o presidente da Xunta e o Corpo Consular en Galicia tamén participaron o secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino e María Regina Flor e Almeida, cónsul xeral de Portugal en Vigo e decana do Corpo Consular desta cidade, así como preto de corenta representantes de diversos países na Comunidade galega.

Os países que contan na actualidade con representantes consulares en Galicia son Panamá, Guatemala, El Salvador, México, República Dominicana, Uruguai, Cuba, Filipinas, Bolivia, Venezuela, Arxentina, Ecuador, Brasil, Chile, Costa de Marfil, Estados Unidos, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Noruega, Suecia, Francia, Lituania, Países Baixos, Irlanda, Portugal, Polonia, Islandia, Dinamarca, Finlandia, Italia e Reino Unido.
R.