Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Ourense acoge entre el 4 y el 22 de octubre las VIII Jornadas de Banda Diseñada

El concello de Ourense acoge entre el 4 y el 22 de octubre de 2006 las VIII Jornadas de Banda Diseñada en la que se muestran diversas creaciones entre las que se incluyen los trabajos ganadores y seleccionados en el Certame Galego de Creadores Novos «GZcrea 2006», convocado por la Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade, en su modalidad de Banda Diseñada.

Nota remitida por la Casa da Xuventude de Ourense:

Entre o 4 e o 22 de outubro desenvolveranse en Ourense as XVIII Xornadas de Banda Deseñada, organizadas pola Casa da Xuventude co Colectivo Phanzynex, baixo o patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia) e da Concellaría de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense.

O cartel deste ano está asinado por Alberto Vázquez, que tamén é obxecto dunha exposición monográfica. Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), que estudou Belas Artes en Pontevedra e Valencia, ten gañado varios premios nos certames de BD convocados pola Xunta nos últimos anos (Imaxe Artística, Na Vangarda), así como o premio Injuve. É un dos fundadores do afamado Fanzine Enfermo, e publica en distintas revistas como NSLM, TOS ou Stripburger; ten publicado os álbums Alter Ego (Polaqia, 2002), Freda (Edicions de Ponent, 2003, con Kike Benlloch) e Psiconautas (Astiberri, 2006).

Entre as outras exposicións que comporán boa parte do programa deste ano está a dedicada ao tándem formado por Fontdevila e Monteys, autores do semanario El Jueves, en que desenvolven xuntos a serie «¡Para ti, que eres joven!», e por separado as tituladas «La parejita» e «Tato», respectivamente. Manel Fontdevila (Manresa, 1965) deuse a coñecer especialmente a través da revista Mr Brain Presenta, de Camaleón Ediciones. En 1995 entrou a traballar en El Jueves, onde foi director durante varios anos. Ten publicado varios álbums, como Mantecatos, premio á Mellor Obra do Ano no Saló del Còmic de Barcelona en 2004. Albert Monteys (Barcelona, 1971), pola súa parte, participou no fanzine de culto Mondo Lirondo —ao cal hai poucos anos lle foi dedicada unha exposición nas Xornadas—, e foi galardoado no Saló de Barcelona co Premio ao Autor Revelación pola obra Calavera Lunar. Substituíu a Fontdevila na dirección da revista El Jueves, e ademais das series que debuxa para esta tamén é o responsábel de «Carlitos Fax», serie para o mensual Míster K.

A mostra do Certamen Injuve de Cómic e Ilustración 2005 inclúe as obras dos premiados na modalidade de cómic (Alfonso Alonso, José Luis López Rubiño e Alejandro Romero Reche, Ana Bellido, Félix Díaz, J. M. Ken Niimura, Jorge Parras, Miguel Porto e Nicolay Troshchinskiy) e na de ilustración (Monserrat Batet, Martín López Lam, Marta Antelo, Carlos Arrojo, Silvia Bautista, María Betrán, Diego Blanco, June Crespo, Mar Hernández, Kira Oriola e El Profesional del Hambre), con presenza galega entre os galardoados (Miguel Porto e Diego Blanco), como vén ocorrendo nos últimos anos.

Unha mostra con creadores do colectivo galego Polaqia, que celebra os seus cinco anos de actividade reunindo boa parte dos autores de BD a través de diversas monografías e da revista Barsowia, e outra dos traballos gañadores e seleccionados no Certame Galego de Creadores Novos «GZcrea 2006» na súa modalidade de Banda Deseñada —concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade—, así como unha mostra de BD portuguesa, nestes momentos á espera de confirmación, compoñen, xunto con presentacións e actividades relacionadas, o programa das décimo oitavas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.
R.