Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Celebrado en Galicia el primer debate del gobierno bipartito (PSdeG-BNG) sobre el Estado de la Autonomía. En su primer discurso como presidente, Touriño planteó los pactos por el Estatuto, para la ordenación del territorio y contra el fuego

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha pronunciado su primer discurso en el primer debate del Estado de la Autonomía en que ha intervenido como jefe del Ejecutivo gallego. En la apertura de la sesión Touriño ha abogado por la recuperación del empleo como una de las prioridades de la legislatura. En este sentido ha anunciado que «o ano que cen crearemos máis de 35.000 novos empregos na nosa comunidade».

También ha propuesto crear un gran pacto entre todas las fuerzas para poder sacar adelante el nuevo Estatuto de Autonomía, afirmando que los los gallegos «no soportarían un segundo agravio», una autonomía «de segunda». El presidente gallego aprovechó para plantear a los grupos parlamentarios otros dos pactos: para la ordenación del territorio y en defensa de los montes.

En su intervención, que se prolongó durante dos horas, el jefe del Ejecutivo gallego ha indicado que, al igual que hoy Galicia figura legalmente como una nacionalidad histórica, «aspiramos a que nuestro carácter nacional sea expresado y recogido» en el Estatuto bajo una fórmula de consenso, que garantice que los gallegos «no perdamos el estatus que hoy poseemos».

El diálogo también es según Touriño una de las claves para luchar contra el fuego en Galicia. En este sentido ha afirmado que «es una batalla que Galicia tiene que ganar» y ha añadido: «No podemos prescindir en esta lucha del Partido Popular». Según el presidente de la Xunta «es necesario un gran pacto político en defensa del monte gallego y contra los incendio forestales». En esta misión quiere incorporar a todos los agentes implicados como la Xunta, la Fegamp y a todas las fuerzas políticas. «La defensa de nuestros árboles es una pieza clave del futuro de Galicia», ha insistido.

Anxo Quintana (BNG)

El Estatuto y los incendios también tuvieron una reflexión por parte del portavoz del BNG en la Cámara gallega y vicepresidente de la Xunta. Anxo Quintana centró una parte importante de su discurso en insistir en la necesidad de llegar a un gran pacto político en la reforma del Estatuto de Galicia: «ten que haber un acordo para o novo Estatuto e ten que habelo antes de que remate este ano», ha afirmado con la misma contundencia que empleó en asegurar que «Galicia non pode seguir na liña de saída cando os demáis están xa desputando o sprint». Para Quintana es importante que se alcance un acuerdo cuanto antes sobre la reforma y espera obtenerlo en la Cámara. «Quero que se nos permita saír desde debate podendo dicir ás galegas e ós galegos que hay un acordo e que antes de que acabe o ano hai Estatuto».

En este sentido ha aceptado acelerar el proceso aunque ello le suponga realizar cesiones: «Todos coñecen a nosa fórmula orixinaria contemplada no texto articulado presentado en decembro e non me importa ser o primeiro en ceder». El vicepresidente de la Xunta se refirió al texto literal que le gustaría incluir en el preámbulo estatutario: «A tradición e o sentimento galeguista que nos unen como pobo e o Parlamento que nos representa como cidadáns definen a Galicia como unha nación. A constitución española no seu artigo 2 recoñece o carácter nacional de Galicia como nacionalidade histórica».

Sobre la crisis de los incendios, el líder nacionalista aseguró que «a primeira versión é que a verdade e a trasparencia son a mellor ferramenta de traballo frento ao lume». En un ejercicio de humildad afirmó que «cómpre saber aceptar las críticas», y ha defendido la creación de una comisión parlamentaria sobre el fuego: «A mellor ferramenta era unha comisión de estudo que analizara a crisis pero tamén a secuencia histórica de este problema». «Se houbo un erro, rectificamos a tiempo. A comisión que hoxe funciona é a que queríamos todos para investigar e depurar responsabilidades se as houbera», añadió. «La equivocación ahora será patrimonio de los que apuesten por la crispación», ha dicho refiriéndose a la actitud de los populares a los que también ha dirigido otro mensaje: «Seguir nos reproches non nos vai levar moi lonxe».

Alberto Núñez Feijóo (PPdeG)

El presidente del PP gallego, Alberto Núñez Feijoo, también se ha estrenado como orador en este debate asumiendo el papel de líder de la oposición. Núñez Feijóo, siguiendo la estela del presidente de la Xunta, también ha propuesto un gran pacto por las infraestructuras en el marco de un duro discurso contra el Gobierno de coalición de la Xunta formado por PSdeG y BNG del que recordó su escaso apoyo popular ya que fue el PPdeG el partido más votado en las elecciones de junio de 2005.

Muy crítico con el bipartito, Núñez Feijóo hizo referencia a los conflictos internos del Gobierno de coalición, al que acusó de no entenderse en temas como el «salario da liberdade», política lingüística, Ence o el canon eléctrico. Además, el líder de la oposición aseguró que Touriño padece una obsesión por destruir el pasado al tiempo que acusó a la Xunta de está paralizada por haber hecho cuatro leyes cuando había prometido 19 y por haber paralizado obras de infraestructuras por toda la comunidad.

Tras criticar la política industrial del Ejecutivo de Touriño, definió el año de gobierno bipartito como «o ano da decepción». Por tres factores: «o incumprimento de promesas, o alonxamento da sociedade e a pérdida de prestixio». Feijoo continuó sus ataques arremetiendo contra la TVG, a la que reprochó falta de pluralidad. Dijo que los informativos de la cadena «semellan o Nodo». También criticó los presupuestos del Estado para este año y la pérdida de ayudas procedentes de Europa.

Sobre la oleada de incendios que azotó Galicia este verano, el líder del PPdeG acusó a la Xunta de convertir un «incendio forestal nun incendio autonómico» y reclamó a Touriño el cese de los responsables dela consellería de Medio Rural, ofreciéndose a acudir a la comisión de estudio de los incendios en el Parlamento a cambio de crear una de investigación sobre el mismo tema. También sugirió que se reclamen al Estado 150 millones de euros en los presupuestos para la reforestación.

Nota de prensa remitida polo Gabinete de Comunicación da Xunta:

O presidente da Xunta propuxo, na súa intervención no debate sobre o estado da comunidade autónoma no Parlamento de Galicia, tres grandes pactos: reforma do Estatuto, pacto polo territorio e, en defensa do monte e contra os incendios forestais.

O máximo mandatario do Goberno galego subliñou que a reforma do Estatuto en Galicia non é só un dos principais obxectivos do Goberno, senón dunha gran maioría da sociedade galega, que foi expresando con claridade “as súas arelas reformistas”.

Pérez Touriño lembrou o acordo asinado o pasado mes de xuño entre o PSdeG e o BNG, un acordo –dixo- “resultado dun intenso esforzo de diálogo” entre dúas forzas políticas. Para o titular do Goberno autonómica, os dous grupos están a “ser capaces” de poñer os intereses de Galicia por riba dos seus lexítimos intereses partidarios, “sen ocultar as súas diferenzas”.

Neste sentido, indicou que na reforma estatutaria “estanse a producir avances”, mesmo en asuntos que noutros momentos se presentaban como atrancos “dificilmente superables”. Así, salientou a inclusión no novo texto dunha serie de dereitos e deberes dos cidadáns que amplían os previstos na Constitución; a posta ao día do entramado institucional autonómico; a creación dun Consello do Poder Xudicial en Galicia; o deseño de organización territorial e a necesidade de regular a participación de Galicia na formación da vontade da UE, no que atinxe aos nosos ámbitos competencias. Outros avances, sinalou, están encamiñados a ampliar e definir con precisión o abano competencial da Comunidade Autónoma, así como o redeseño da facenda galega e do modelo de financiamento da Comunidade.

O presidente reiterou a oferta de consenso aos tres grupos políticos presentados na Cámara e repetiu que a única esixencia que puxera no seu día, e que segue a ser así, é a do respecto ao marco constitucional e xurídico vixente.

“O Estatuto que queremos é un Estatuto no que se poidan recoñecer todas as forzas políticas e sociais, un Estatuto para toda a cidadanía, de todos e sen exclusións”, sinalou o xefe do Executivo galego. Deste xeito, cualificou de “oportunidade histórica” a creación dun Estatuto, “acordado por todos”, por iso a posibilidade de que participen todas as forzas políticas segue a estar aberta. Pero, “para iso segue tamén a facer falta xenerosidade, capacidade de diálogo e vontade de acordo”.

Para Pérez Touriño é necesario que a ponencia estatutaria entre a fondo en cuestións importantes que seguen a ser obxecto de diverxencia. Neste eido, manifestou que os seus integrantes deberán facelo “co ánimo claro de chegar a acordos, non de retardar o proceso, nin de extraer vantaxes partidistas pensadas para o curto prazo, nin de favorecer estratexias que se disputan noutros terreos lonxe de Galicia”, concretou.

Neste escenario, o presidente apostou por un pacto para a reforma do Estatuto de Autonomía. Esta reforma, explicou, deberá estar sustentada en oito eixes. En primeiro lugar, axustarase aos criterios de pleno respecto á Constitución e o consenso entre todas as forzas políticas. O segundo punto fai referencia á vía, xa que o Estatuto responderá exclusivamente ás necesidades e aspiracións propias da Comunidade, co obxecto de que “non quedemos nin un milímetro por debaixo do acadado por ningunha outra comunidade”.

O terceiro punto sinala que, en materia de autogoberno, xa que deberán ser reforzado o marco competencial de Galicia e os dereitos da cidadanía, así como o papel do Parlamento e dos instrumentos de control da acción do Goberno. Así a reforma deberá recoñecer a dimensión exterior de Galicia e reforzar a nosa identidade lingüística e cultural e as bases dunha ampla autonomía financeira.

En cuarto lugar, recóllese o concepto de galeguismo, que “asume desde sempre o carácter nacional de Galicia”, aseverou Pérez Touriño. Nesta liña explicou que a identidade nacional, os trazos da lingua galega e a cultura propia da comunidade constitúen un elemento de unidade e non de división entre os galegos.

O quinto punto refírese ao financiamento, que deberá asentarse nos obxectivos de autonomía financeira e corresponsabilidade fiscal, suficiencia de recursos e solidariedade e cohesión. Neste punto deberán ponderarse adecuadamente os factores de maior custo propios da comunidade: o envellecemento, a dispersión e a poboación residente no exterior.

Como sexto aspecto, a reforma deberá integrar a revisión do Fondo de Suficiencia, que actuará como elemento de peche do sistema e deberá permitir o equilibrio entre a descentralización tributaria e a suficiencia financeira, da corresponsabilidade fiscal coa cohesión e a solidariedade. Tamén en materia económica, e como sétimo punto, está a reforma do Fondo de Compensación Interterritorial, o aumento da súa contía, para facer posible unha auténtica política de desenvolvemento rexional.

Por último, en oitavo lugar, e en canto aos investimentos do Estado na comunidade, deberá actuarse tendo en conta dous criterios: introdución de cláusulas de garantía de salvagarda, respecto á evolución do orzamento total territorializado, establecendo obxectivos cuantitativos de investimento territorializado, vinculado ben a porcentaxes, ben a termos de stock de capital público, de tal xeito que ao longo de 10 anos sexa posible recuperar o déficit histórico en infraestruturas.

Por todo isto, dixo o presidente, “apelo máis que nunca á responsabilidade de compartir unha estratexia como país, de sumar e non dividir, para que Galicia avance e poida contar cun Estatuto de primeira”.

Neste senso, o xefe do executivo autonómico, propón un “Estatuto de encontro”. Isto, indicou, significará “renuncias e xenerosidade de todos”. “Non caben pois posturas numantinas nin enrrocamentos ou posicións inamovibles”, alegou Touriño.

Así, o máximo mandatario da Xunta manifestou a súa aspiración a que Galicia “sexa un modelo que conxugue o recoñecemento do seu carácter nacional coa plena garantía da cohesión e da igualdade”. Asegurou que o Estatuto é “un desafío e unha oportunidade histórica”. Superar este dobre reto daría, manifestou o presidente, “unha fortaleza e enerxía incalculable como país” e permitiría “acadar a meta da converxencia real con España e con Europa no horizonte da lexislatura”.

En materia de desenvolvemento territorial, o titular da Administración autonómica propuxo un gran pacto polo territorio e o desenvolvemento sostible. Este –dixo “ten que incluír á Xunta de Galicia, aos concellos, aos axentes económicos e sociais e ao principal partido da oposición”. Explicou que a defensa do territorio “esixe actuacións claras e decididas e todos somos imprescindibles nesta tarefa”.

Segundo indicou o presidente, neste pacto, á Xunta correspóndelle liderar e deseñar o proceso, propoñer liñas estratéxicas e as pautas de actuación, e plasmar, nos correspondentes proxectos de lei, o contido dese pacto nacional.

Pola súa banda, indicou que os concellos deben ter a súa implicación posto que son as institucións más próximas aos cidadáns e ao territorio e depositarios de amplas competencias en materia urbanística. A inclusión dos axentes sociais ven determinada pola transcendencia económica que conlevan a reordenación do territorio e as regulacións sobre o uso do solo, así como o positivo impacto desas medidas sobre a actividade produtiva e a competitividade das empresas e produtos.

Neste eido, o titular da Xunta subliñou tamén a importancia da adhesión do principal partido da oposición porque, asegurou, trátase dun “pacto que non é para unha ou dúas lexislaturas, senón que ten vocación de permanencia, e non pode estar sometido a vaivéns das alternancias do poder”.

“Tres son as condicións previas”, informou o presidente, que “de seren asumidas” garanten a permanencia dos principios básicos, á marxe de reaxustes ou modificacións puntuais.

A primeira premisa consiste na convición de que a reordenación do territorio, o reequilibrio e o aproveitamento racional dos recursos non só son compatibles co crecemento, senón que “son a panca do desenvolvemento sostible e son unha ferramenta para a mellora da competitividade”. Neste sentido, Pérez Touriño subliñou que “o territorio é un dos nosos principais activos económicos e, polo tanto, todo dispendio dese capital supón atentar contra os nosos potenciais de crecemento presente e futuro”.

Incidiu o presidente en que “non se pode interpretar a protección da paisaxe como unha parálise, freo ou rémora da actividade económica, máis ben ao contrario”, posto que “a riqueza desde legado é a mellor plataforma para optimizar as rendas e satisfacer as demandas de benestar social”.

A segunda condición estriba no deseño dunha política urbanística ao servizo da calidade de vida na cidade e no medio rural, e non suxeita a movementos especulativos ou intereses inmobiliarios. Porque, subliñou Pérez Touriño, o urbanismo “ten que estar exclusivamente ao servizo dos cidadáns e transformar as cidades e as vilas en espazos de convivencia social”.

O terceiro requisito consiste en asumir o imperio da lei, respectar “escrupulosamente” a normativa actual ou da que se decida aprobar democraticamente. “Sexa a que sexa”, indicou o titular da Xunta, a norma debe ser absolutamente transparente e clara nos seus preceptos, “sen buratos legais nin posibilidades de dobre lectura que permitan interpretacións fraudulentas ou subterfuxios para esquivala”, salientou Touriño.

Para sustentar este pacto poranse en marcha a Lei de medidas urxentes de ordenación do territorio e do litoral, o Plan Integrado do Litoral, e as directrices de ordenación do territorio, os dous últimos serán presentados no 2007.

Ademais, o Plan de Inspección Urbanística, xa en funcionamento, e que dará orixe a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no 2007, construirán o “dique de contención” dos abusos e converteranse en guía da reordenación territorial.

O presidente amosouse convencido da necesidade de crear un modelo de crecemento sostible e equilibrado para Galicia. Por iso dixo que o Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia, que incorpora só para este ano 200 millóns de euros, aposta por un tipo de desenvolvemento económico e equilibrado en “loita contra a Galicia de dúas velocidades”.

Pérez Touriño referiuse a vaga de incendios que asolou Galicia nos días 4 a 14 de agosto, 11 días nos que se produciron 1.651 incendios e, no que –indicou o presidente- “a forza humana mobilizada para acabar con este ataque incendiario non tivo parangón, con 8.562 bombeiros, 946 vehículos e 72 avións e helicópteros”.

Para o titular da Xunta, a vaga de lumes deste verán demostrou a necesidade de cambiar o modelo forestal, un modelo baseado, ata o de agora, case exclusivamente na extinción e na rapidez de resposta diante do lume, pero que, segundo indicou o presidente, deixa intactas as raíces dos incendios, as súas causas estruturais e permanentes. Por iso, comprometeuse a cambialo. “E imos empezar -dixo- negándonos a aceptar como unha fatalidade irremediable que Galicia arda no verán”.

O obxectivo do Goberno neste eido é artellar unha estratexia de loita contra o lume fundamentada en tres eixes: reformulación do sistema de extinción, deseño da nova política forestal e avance cara a un modelo territorial alternativo ao “crecemento difuso, desordenado e moitas veces caótico que caracteriza o urbanismo en moitos lugares de Galicia”, subliñou.

Neste sentido, avanzou que para o próximo exercicio Galicia contará coa Lei de Emerxencias, unha Lei de Montes e unha Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia para afrontar os tres obxectivos.

Así, explicou que mentres no estean aprobados os texto legais, hai un Plan de Recuperación Forestal e Ambiental dotado con 126 millóns de euros e que actuará durante os próximos tres anos sobre 200.000 hectáreas de territorio galego a través de catro grandes liñas: planificación forestal e ordenación do medio rural; revalorización do monte queimado; rexeneración de hábitats, restauración hidrolóxica e renovación de infraestruturas ambientais e, finalmente, o investimento en infraestruturas e equipamentos para actuacións en casos de emerxencia.

Por todo iso, o presidente da Xunta avogou por acadar un gran pacto galego en defensa do monte e contra os incendios forestais. Neste sentido, Pérez Touriño dixo que “aquí teremos que estar todos”: Xunta, Fegamp, deputacións, partidos políticos, organizacións cívicas e cidadáns, poñendo por riba dos intereses particulares a defensa do bosque e natureza de Galicia. Pérez Touriño insistiu en que “a loita contra o lume é unha loita de país, unha batalla na que todos os galegos e as galegas nos xogamos moito. Unha batalla que Galicia ten que gañar”.

Neste sentido, o titular do Goberno galego quixo aproveitar a súa intervención de hoxe para reiterar formalmente a invitación ao PPdeG para que se una aos traballos da Comisión de Incendios, para que sexa neste foro onde “faga as súas críticas, esixa a información e achegue propostas e alternativas”, expresou.

Finalmente, o titular da Xunta destacou que no vindeiro exercicio Galicia disporá para afrontar a loita contra o lume de tres novos proxectos legais que se están a elaborar como son a Lei de emerxencias, a nova Lei de montes e unha Lei de medidas urxentes de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia anunciou o investimento de 330 millóns de euros para o saneamento integral das rías galegas mediante a construción de 22 novas depuradoras nos vindeiros dous anos. Touriño realizou este anuncio no marco da súa intervención no Debate sobre o Estado da Autonomía, iniciado hoxe no Parlamento.

Estas novas instalacións permitirán sanear as augas das rías de Pontevedra, Vigo, Arousa, A Coruña, Ferrol, Betanzos, Costa da Morte e a Mariña luguesa, entre outras. Segundo asegurou o máximo mandatario galego a Xunta de Galicia aposta por un modelo de crecemento que compatibilice “o progreso económico coa conservación e aproveitamento eficiente dos nosos recursos naturais e coa posta en valor do noso territorio”.

O presidente da Xunta articulou o seu discurso no Debate sobre o Estado da Autonomía en catro eixes: Crece máis (aposta polo desenvolvemento económico da Comunidade Autónoma); Crece en igualdade (aposta polas políticas sociais); Crecer mellor (aposta por un modelo de desenvolvemento sustentable equilibrado) e Crecer en calidade democrática e no reforzamento de Galicia como país.

Ademais, do anuncio do Plan de Saneamento Integral das rías galegas, Touriño anunciou que a Xunta tamén está a redactar o borrador da Lei integral de xestión de residuos e que, “de forma inmediata” se proceda a aprobación da “Lei de protección da paisaxe” que, a xuízo do mandatario autonómico, permitirá poñer en valor e preservar o mellor dos recursos naturais de Galicia.

Paralelamente, asegurou Pérez Touriño, “crearemos a marca de calidade Parques Naturais de Galicia, e redactaremos os estudos para a futura declaración como parques naturais dos Ancares, O Courel e o Macizo Central Ourensán, e a ampliación dos espazos da Rede Natura 2000”. Nesta mesma liña, está previsto que o vindeiro ano o Goberno galego poña en marcha a Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.

Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén se referiu a medidas levadas a cabo polo Goberno que preside en materia de medioambiente como a suspensión de trinta e dúas concesións de minicentrais hidroeléctricas ou á creación do Centro de Investigación e Información Ambiental de Galicia en Lourizán.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño referiuse ademais a que a preservación do territorio e do medio natural galego esixe ademais “actuacións claras e decidas no ámbito da ordenación territorial e do urbanismo”. O Plan territorial integrado do litoral e a inmediata Lei de medidas urxentes de ordenación do territorio e do litoral de Galicia afondarán neste cometido. Xunto a iso, o Plan de Inspección Urbanística, xa en funcionamento, que dará orixe á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Nesta aposta polo crecemento sustentable e equilibrado, o titular do Goberno galego reiterou a posta en marcha do Plan de Reequibrio Territorial de Galicia, que incorporará só para este ano investimentos por valor de 200 millóns de euros e que terá continuidade en posteriores exercicios orzamentarios.

Xunto a isto, lembrou que a dinamización económica e social de Galicia pasa por modernizar a súa base produtiva. De aí medidas como a Lei de Pesca, que chegará ao Parlamento galego este mesmo ano; o Plan Galego de Acuicultura; ou a Lei de Conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras, que, a xuízo do mandatario galego, “vai fornecer dun novo valor boa parte das 800.000 hectáreas que agora mesmo se atopan abandonadas ou infrautilizadas dentro do territorio galego”.

Precisamente, e co obxecto de revalorizar o medio rural, o Goberno galego modificou o Plan de Investimentos e Infraestruturas no Medio Rural, seguindo criterios de transparencia e eficiencia, o que permitiu asinar preto de 180 convenios con concellos por un montante investidor de 40 millóns de euros no período 2006-2007.

Na súa intervención, o titular do Goberno galego lembrou que un dos principais obxectivos do Goberno galego é “avanzar na consecución dunha sociedade máis cohesionada, máis segura e tamén máis xusta”, de aí a especial atención ás políticas educativas, sanitarias, aos servizos sociais e á vivenda.

Para Emilio Pérez Touriño as axudas económicos por fillo a cargo, de 360 euros, ou os programas como o de Atención ás Familias Monoparentais, “expresan o compromiso do Goberno galego no apoio ao labor das familias”.

“Estamos facendo un importante esforzo para a mellora dos comedores escolares”, remarcou Touriño, co obxectivo de que ao rematar o ano “o 40% dos centros escolares de Galicia conten con servizo de comedor”.

Xunto a isto, lembrou o Progama de gratuidade dos libros de texto, que permitiu que, xa neste curso, os libros de texto de toda a educación primaria e do 50% de secundaria foran gratuítos, unha medida que está a beneficiar xa a máis de 100.000 familias galegas. O compromiso nesta materia, segundo Touriño, “é que no vindeiro curso os libros de texto sexan gratuítos en todo o ensino obrigatorio, o que beneficiará a preto de 140.000 familias”.

Touriño anunciou tamén que este mesmo ano se convocará unha liña de axudas para que 5.000 novas familias se poidan ver beneficiadas e destacou a extensión da figura do acompañante escolar, que estará implantada a finais de curso no 93 por cento das rutas.

En materia educativa, o Goberno galego tamén aposta pola aprendizaxe de idiomas. Así, Pérez Touriño anunciou que este ano se duplicará “o número de rapaces e rapazas que poderán optar a pasar un mes no verán nun país estranxeiro aprendendo idiomas”.

Ademais, a Xunta traballou na posta en valor do traballo que desenvolven os profesionais da educación con medidas como o incremento da oferta de emprego público para funcionarios docentes; ou o acordo para a mellora retributiva de 32.000 docentes e a súa homologación cos traballadores das comunidades autónomas con máis altas percepcións salariais. Ademais puxéronse en marcha medidas específicas para reducir o fracaso escolar, como o Programa Proa, no que este ano xa participan 76 centros.

Finalmente, Touriño expresou o compromiso de que no horizonte da lexislatura Galicia dedique a este apartado o 6 por cento do seu PIB. Paralelalemente, anunciou que o Goberno que preside destinará en 2007 un total de 16 millóns de euros a dotar os centros escolares de Galicia de PC, portátiles, encerados dixitais e acceso á internet.

En materia de cultura, o presidente galego referiuse á paralización e redefinición da Cidade da Cultura, lembrando que a decisión do Goberno galego de suspender temporalmente as obras deste proxecto discorreu parello á decisión de abrir un proceso participativo de redefinición do futuro desta infraestrutura co obxecto de convertela “en algo útil para toda a sociedade e rendibilizar ese gran investimento público”.

Xunto a isto mencionou novas leis de dinamización cultural que está a impulsar o Goberno galego como a Lei de Arquivos e Bibliotecas, a Lei de Museos de Galicia ou a posta en valor do Camiño Primitivo de Santiago, sen esquecer a elaboración do proxecto de Lei do libro e da lectura, “xa a tramitación nesta Cámara”.

Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén lembrou a aposta do Goberno que preside pola sanidade, como factor clave do benestar social. Neste sentido, sinalou que a Xunta está a reformar o sistema sanitario galego e anunciou importantes proxectos legais que verán a luz nos próximos meses, como a Lei de Saúde de Galicia ou a Lei Galega en Materia de Drogas. Paralelamente, destacou o establecemento do dereito á segunda opinión médica e a declaración da vontade vital anticipada como novos dereitos dos pacientes.

Destacou tamén a creación da figura do Valedor do Paciente, que será unha realidade en 2007. No tocante á redución das listas de espera, Touriño salientou que se reduciu o tempo medio en 27 días e que a Xunta se marca como obxectivo que a finais de ano a media de espera sexa de 95 días, cando era de 137 no inicio da lexislatura.

A dispensación gratuíta da pílula poscoital e a procura da anestesia epidural nos hospitais públicos son compromisos xa cumpridos en materia sanitaria, tal e como destacou o presidente galego. A estas medidas hai que engadir o programa de asistencia bucodental infantil, posto en marcha neste ano, e que será ampliado en 2007.

A loita contra a violencia de xénero foi un dos frontes nos que o Goberno presidido por Touriño enmarcou a súa política de benestar social. Ao acordo interinstitucional para a mellora na atención ás vítimas hai que sumar a procura dunha liña de axudas económicas de ata 600 euros para as mulleres maltratadas. Neste cometido, inclúense novas leis que se porán en marcha en 2007 como a Lei Galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero ou a Lei Galega para a inserción laboral das mulleres.

O obxectivo do Goberno autonómico en materia de políticas sociais pasa por duplicar no horizonte da lexislatura o gasto social ata chegar a un 7% do gasto público total. Así, construiranse máis dun cento de escolas infantís en Galicia, cun investimento global de 29 millóns de euros.

Paralelamente, Touriño anunciou a posta en marcha en 2007 dun servizo de transporte adaptado para que os maiores dependentes poidan seguir vivindo nas súas propias casas e expresou o seu compromiso de aumentar as prazas nas residencias para maiores coa creación de 45 novos centros.

“O 2007 será o ano da vivenda. Dedicaremos máis de 50 millóns de euros á construción de máis de 2000 vivendas de promoción pública”. Deste xeito, salientou Touriño a relevancia que para o seu Goberno posúen as políticas de vivenda.

Neste sentido enmárcase o Plan de Vivenda 2005-2008, ao abeiro do cal neste ano xa se realizaron máis de 32.000 actuacións, cantidade que dobra as executadas no período 2002-2005.

Entre as “catro pedras angulares” do cambio que se iniciou fai un ano, o máximo mandatario galego sinalou que este Goberno proponse “converter esta lexislatura na lexislatura do emprego e do crecemento”, posto que é “unha das cuestións que preocupan de xeito principal á sociedade galega e ao presidente da Xunta ”.

Neste sentido, destacou que “a día de hoxe, a taxa de paro atópase por debaixo do 9 por cento” en Galicia, que foi, “nestes últimos doce meses, a comunidade autónoma que máis recortou a nómina de parados e unha das primeiras de creación de postos de traballo” con 30.000 ocupados máis nese período.

Así mesmo, puntualizou que a taxa de paro “caeu en 2,5 puntos respecto do segundo trimestre de 2005 e cun nivel do 8,5% xa está en parámetros similares aos de España”, e enmarcou esta mellora no Plan Integral de Emprego de Galicia asinado co Ministerio de Traballo ao abeiro do cal se destinaron 190 millóns de euros a políticas activas para este sector.

Do mesmo xeito, resaltou a aposta desenvolta no Plan de choque contra o desemprego xuvenil, acadando un descenso nesta franxa de traballadores dun 18,6% dende o comezo da lexislatura. Mención especial tivo tamén ao descenso do 6% no paro feminino e, fundamentalmente, ao crecemento dun 24% dos contratos estables asinados dende o mes de agosto de 2005.

Emilio Pérez Touriño asegurou que en 2007 se crearán en Galicia máis de 35.000 novos empregos e seguiran poñéndose en marcha medidas a prol dos traballadores como o incremento das bonificacións das cotas da Seguridade Social para cotitulares de explotacións agrarias, que actualmente beneficia a máis de 10.000 mulleres no ámbito rural.

Pérez Touriño destacou, na súa comparecencia que Galicia está nunha posición competitiva dende o punto de vista fiscal respecto do resto das comunidades autónomas. Neste sentido, anunciou que se manterá a liña de diminución de impostos cun descenso complementario ao marcado polo Estado. “Esta redución suporá unha diminución do IRPF en Galicia superior ao 5,5%”, manifestou.

Así mesmo, resaltou que tamén no imposto de sucesións e doazóns a nosa é unha comunidade “punteira”. Para 2007, o presidente da Xunta adiantou que se establecerán “deducións íntegras de 300 euros na cota do IRPF para aqueles que inicien por primeira vez unha actividade económica”, tentando fomentar o autoemprego en mozos e mulleres. O xefe do Executivo autonómico destacou así mesmo, que neste ano transcorrido da súa xestión, acadáronse importantes avances para toda a sociedade galega.

O máximo mandatario galego fixo fincapé nunha relevante medida que permitirá mellorar o acceso a internet e asegurar que os acceso en banda ampla cheguen, a prezos razoables, á práctica xeneralidade dos fogares e empresas, “con independencia da súa radiación xeográfica en zonas rurais ou urbanas de Galicia”. Trátase do Plan de Extensión da Banda Ampla, ao abeiro do cal se prestarán todos os servizos propios da banda ampla –internet a alta velocidade, telefonía, televisión dixital e servizos de datos a empresas- en máis do 80 por cento dos municipios cabeceiras de comarca e en máis de medio cento de concellos, do cales, a metade, pertencen ás zonas de menor renda de Galicia.

Doutra banda, a aprobación do Plan Galego de I+D+i permitirá que as empresas galegas pasen a achegar do 37 por cento ao 50 por cento do gasto total do I+D galego. Este plan, dotado con 800 millóns de euros, prevé duplicar no horizonte de 2010 o número de investigadores cos que conta a Comunidade Autónoma.

A implantación en Galicia de catro centros de referencia, ao abeiro dun acordo asinado co Ministerio de Educación, e a posta en marcha de novas plataformas científicas e tecnolóxicas manifestan, tal e como declarou Touriño, a vontade e o compromiso do seu Goberno “coa creación dunha rede de centro se excelencia” na Comunidade Autónoma.

O presidente da Xunta tamén quixo enumerar unha serie de plans que está a elaborar o Goberno galego e que se porán en marcha nos próximos meses co obxectivo de mellorar as infraestruturas e os transportes da Comunidade Autónoma. Así, referiuse ao Plan de Infraestruturas de Transporte de Galicia 2007-2013, que permitirá “xerarquizar a rede de estradas de Galicia afrontando as necesidades da comunidade a curto, medio e longo prazo”.

Paralelamente, articularase o Plan Galego de Seguridade Viaria; o Plan Estratéxico de Plataformas Loxísticas e o Plan Director de Portos Deportivos.

Polo que respecta á Alta Velocidade, o máximo mandatario autonómico reiterou o compromiso de que en 2007 os tramos do AVE Santiago-Ourense; Lubián-Medina e Valladolid-Madrid estean en obras ou en servizo, e os tramos Lubián-Ourense e o Santiago-Vigo licitados.

En materia enerxética, Touriño fixo fincapé na implantación dun canon de utilización da auga que permitirá reverter en Galicia “parte dos beneficios que se xeran pola explotación dos nosos recursos, sen que repercuta nas tarifas”. O presidente da Xunta destacou, na súa intervención, que Galicia foi pioneira no desenvolvemento de fontes de enerxía renovable e que mediante a Estratexia Energos promoverase un “ambicioso programa” de actuacións nos ámbitos da xeración, infraestruturas e eficiencia enerxética, cun investimento próximo aos 400 millóns de euros no período 2006-2009.

O cuarto eixe sobre o que Touriño sustentou o seu discurso de hoxe tivo que ver coa necesidade de que Galicia gañe en calidade democrática e reforce a súa identidade. “A vontade do goberno é que Galicia se converta nun exemplo de sociedade democraticamente avanzada”, sinalou o presidente galego, quen destacou que no ano e poucos meses que leva gobernando reorientouse o papel do Parlamento. “Este goberno non lle ten medo ao Parlamento nin menospreza a súa crucial función o autogoberno”, indicou e engadiu que este feito evidénciase nas “numerosas comparecencias, tanto do presidente da Xunta como dos integrantes do goberno, e a ampla actividade desenvolvida pola Cámara”.

Paralelamente, indicou que a primeira Lei aprobada polo Parlamento de Galicia nesta lexislatura ten que ver precisamente coa aposta por dotar á Administración autonómica dunha maior transparencia. Así, a Lei de Transparencia e boas prácticas na Administración pública afonda “nunha concepción máis democrática das relacións entre a administración e os cidadáns”. Ao tempo, segundo sinalou Touriño, está previsto articular novos textos legais como a Lei de subvencións ou a Lei de publicidade institucional para proseguir neste obxectivo de transparencia.

Na liña dunha administración máis próxima aos cidadáns cómpre destacar, tal e como indicou o presidente da Xunta, a configuración do Xurado de Expropiación que ten como obxectivo “evitar as demoras nos pagamentos”. De feito, destináronse máis de 14 millóns de euros a saldar a débeda que a Administración mantiña con máis de 3.200 propietarios aos que non se lle pagaran as expropiacións que se lle realizaron.

Tamén a sinatura do Pacto Local tivo unha enorme relevancia de cara a desenvolver un diálogo institucional máis estreito entre Xunta e concellos. Ao abeiro do Pacto dotouse aos municipios galegos dunha maior autonomía financeira e permitirase unha “maior prontitude” na procura de acordos “sólidos e factibles” entre administración autonómica e local, xa que se constituíron “diversas mesas de traballo”. Un acordo froito destas mesas, que terá como “grandes beneficiarios aos cidadáns” e a articulación do Decreto de agrupacións de secretarías de paz, ao abeiro do cal 270 concellos que non son cabeceira de partido xudicial poderán ser atendidos por funcionarios cualificados na administración de xustiza.

“Un país máis democrático debe ser tamén un país máis seguro”, indicou Touriño. Por iso se fai necesaria a Lei de emerxencias de Galicia que garantirá o dereito cidadán á protección e á información diante de catástrofes. Así mesmo, regularase a potestade do Goberno galego para a declaración de situacións de emerxencia e establecerase a posibilidade, por parte do presidente da Xunta, de crear un Mando Único que poida afrontar “con maiores garantías esas situacións”. Outros proxectos legais encamiñados a acadar un país máis seguro son a Lei de coordinación de policías locais e a Lei de Policía Autonómica, nas que xa traballa a Xunta de Galicia e que verán a luz en 2007.

Por outra banda, dentro deste apartado do seu discurso, o titular da Xunta avogou por establecer “políticas proactivas” que fagan real a igualdade que as leis estipulan. Neste sentido, referiuse á necesidade de “garantir a plena equiparación xurídica entre galego e castelán” e aludiu á que sexa o Plan Xeral de Normalización, aprobado unanimemente no Parlamento en 2004, o que guíe “as accións normalizadoras” do galego “nos máis diversos ámbitos da vida pública”. Neste mesmo apartado, destacou que en 2007 verá a luz o Consocio para a Planificación Lingüística, organismo no que participarán a Consellería de Presidencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, as catro deputacións e a FEGAMP e que ten como obxectivo unificar e coordinar accións “para o impulso do coñecemento e uso do galego desde as institucións nos diferentes sectores sociais”.

Emilio Pérez Touriño tamén quixo resaltar que o Goberno galego acadou neste ano “un cambio substantivo na percepción da nosa comunidade no resto de España”. Así, a cooperación leal co Executivo central fixo posible que Galicia acade nos Orzamentos Xerais do Estado o 8 por cento do investimento. Tamén, ao abeiro desta política de cooperación intelixente conseguiuse reactivar a Comisión Mixta de Transferencias e, neste tempo, xa se conseguiron as competencias do Instituto Social da Mariña e se avanzou notablemente na consecución da xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

“Galicia gaña peso en España e relanza e amplía tamén a súa dimensión exterior”, indicou Touriño, quen se referiu a continuación ás liñas estratéxicas da acción exterior de Galicia. Neste sentido, destacou que o obxectivo “máis ambicioso que temos por diante á a constitución dunha Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza”, para que os representantes da Xunta de Galicia e da Rexión Norte de Portugal poidan desenvolver as súas tarefas “no mesmo espazo físico”.

En materia de emigración, a Xunta de Galicia está traballando arreo para recoñecer o valioso papel e a contribución a Galicia dos emigrantes. “Máis alá das políticas asistenciais” que, segundo destacou Touriño, se teñen incrementado amplamente este ano, os obxectivos do Goberno galego enmárcanse na consecución de que os galegos do exterior sexan cidadáns de pleno dereito e poidan facer uso dos seus dereitos. Nesa dirección modificarase a Lei de Galeguidade e porase en marcha o Plan Estratéxico da Emigración, ademais de crear a figura do Valedor do Emigrante.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, incidiu, na súa quenda de peche no debate do Estado de Autonomía no Parlamento de Galicia, na necesidade de traballar para sacar adiante a reforma do Estatuto porque, dixo, “Galicia non pode quedar relegada a un papel secundario no concerto das comunidades que integran o Estado español”. Neste sentido, reiterou que Galicia “non pode perder o paso, nin permanecer muda diante do avanzado proceso de reformas estatutarias que se vive noutras comunidades”.

Así asegurou que a cidadanía galega é “cada paso” máis consciente da importancia de acometer e “levar a bo porto” a reforma. Trátase, salientou o máximo mandatario da Xunta, de incorporar e adaptar a un tempo novo o marco de convivencia colectiva e o instrumento que fixo posible, en boa medida, o progreso e desenvolvemento de Galicia nestes últimos 25 anos.

Por iso, incidiu, “non podemos estragar unha oportunidade histórica”, nin perder peso con respecto a outras comunidades que xa culminaron este proceso. A reforma trata de incorporar un novo catálogo de dereitos da cidadanía, aumentar o nivel de competencias, afondar na autonomía financeira e achegar máis recursos á economía galega. En suma, dixo Touriño, consiste en acadar maiores doses de autogoberno, o que supón “máis proximidade, máis eficacia, maior capacidade de resolver os problemas colectivos e de mellorar o benestar social”.

Neste marco, o xefe do Executivo autonómico fixo un chamamento a todas as forzas políticas para “relanzar o proceso” de reforma, limar as diferenzas, superar os atrancos e subscribir un gran acordo para a reforma do Estatuto”.

Pérez Touriño apelou á “xenerosidade dos grupos políticos para que abandonen a posición numantina, intensifiquen o diálogo, aceleren os traballos da ponencia parlamentaria e atopen o común denominador que demanda a sociedade galega”.

“O noso Estatuto”, asegurou, será sen dúbida “singular”, polo específico carácter nacional, reflectido na lingua e cultura galegas. Neste sentido, aclarou “será distinto, si, pero do máximo nivel, e nunca inferior a calquera outro”.

“Non pode quedar nin un milímetro por debaixo de ningún outro, nin en nivel de competencias, nin de dereitos cidadáns, nin en autonomía financeira, nin en suficiencia de recursos, nin en recoñecemento identitario”, Pois, en caso contrario, aseverou, “nunca o permitiríamos, nin o pobo galego consentiría un novo proxecto de aldraxe”.

Emilio Pérez Touriño reiterou esta tarde o ofrecemento feito pola mañá de chegar a un acordo sobre o territorio, que implique á Xunta, concellos, axentes económicos e sociais e partidos políticos, tantos os que forman goberno como os da oposición.

Explicou que este pacto polo territorio deberá sosterse en tres premisas. En primeiro lugar, haberá que asumir que é un dos principais valores económicos e de futuro. Un valor, que non é só compatible co crecemento, senón unha condición indispensable para que ese crecemento sexa sostible e equilibrado. Neste sentido, asegurou que o coidado co medio ambiente “son fontes de riqueza e non freos ao crecemento”.

A segunda premisa implica o deseño dunha política urbanística nova, que deberá ter a finalidade poñerse ao servizo da calidade de vida. Así, o máximo mandatario da Xunta asegurou que estamos a falar da “necesidade imperiosa” de que o urbanismo estea ao servizo “dos cidadáns, non de movementos especulativos ou de intereses privados”.

Como terceiro aspecto, o titular do Goberno galego indicou a necesidade de asumir o imperio da lei, no respecto escrupuloso das normas “unhas normas claras, transparentes, sen buratos negros, nin posibilidades de dobre lectura”, que permitan subterfuxios ou a interpretación fraudulenta.

O pacto estará sustentado en tres piares: as Directrices de Ordenación do Territorio, o Plan territorial integrado do Litoral, que estarán presentados no 2007, a inmediata Lei de medidas urxentes de ordenación do territorio e do litoral de Galicia e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Segundo manifestou o xefe da Administración autonómica, este pacto polo territorio inclúe tamén un acordo entre todas as forzas políticas para artellar unha nova política forestal. Nesta liña, repetiu o ofrecemento ao PPdeG para sumarse á Comisión de Incendios, que ten como obxectivo analizar e investigar o ocorrido na vaga de incendios, estudar as causas estruturais dos lumes e de propoñer políticas e medidas que eviten a perpetuación desas situacións.

Pérez Touriño dixo que Galicia “non está condenada a queimarse cada verán, nin os galegos somos prisioneiros de ningún designio escuro e fatal que nos condene a ver como arde o noso país cada ano”. E que, si isto pasa, “é porque a política forestal non é adecuada”. Por iso, asegurou que “imos acabar cos incendios”, pero “temos que facelo entre todos e contando con todos”, aseverou o presidente, que convocou de novo ao PP para que se sumara a esta tarefa.

Na súa intervención de peche no Debate sobre o estado da Autonomía, Emilio Pérez Touriño tamén se referiu aos catro eixes fundamentais que definen “o proxecto estratéxico do Goberno galego”, lembrando que todas as medidas postas en marcha ao longo deste ano están encamiñadas a converter a Galicia nun país que crea emprego e promove a igualdade de oportunidades, nun país socialmente xusto, cun territorio ordenado e cada día máis democrático.

O titular do Goberno galego lembrou que, no último ano, Galicia conseguiu inverter “o rumbo” e incrementar “a súa velocidade”. “Reactivouse a economía e o emprego, melloráronse servizos públicos fundamentais como a educación, a sanidade ou a protección dos nosos maiores, puxéronse en marcha ambiciosos programas de reequilibrio territorial e revitalizáronse os mecanismos de participación democrática”, lembrou Pérez Touriño a este respecto.

Por iso, e para demostrar os avances experimentados pola Comunidade galega desde a súa chegada á Xunta, Pérez Touriño enumerou un conxunto de medidas, “a xeito de decálogo”, que reflicten “os principais froitos recollidos” e algunhas das medidas previstas para o futuro.

O presidente da Xunta situou como “primeira conquista” do Goberno que preside a creación do emprego, lembrando que no último ano se rexistraron máis de 30.000 ocupados máis, o que converteu a Galicia na comunidade que máis recortou a nómina de parados e unha das primeiras en creación de postos de traballo. “Cando asumimos as tarefas de Goberno –lembrou Pérez Touriño- once de cada cen activos estaban desempregados. Hoxe –asegurou-, temos 11.000 parados menos e a taxa de paro sitúase por debaixo do 9 por cento”. “E traballamos co obxectivo de que o vindeiro ano se creen máis de 35.000 novos empregos”, engadiu.

Outro dos logros do Goberno galego foi, segundo Touriño, “a reactivación económica e a recuperación da senda da converxencia”, xa que Galicia está a medrar máis e a crear máis emprego que a economía española.

Nesta liña, lembrou ademais que, en materia fiscal, Galicia se atopa nunha posición competitiva respecto do resto das comunidades autónomas. Pérez Touriño anunciou que se vai manter a liña de diminución de impostos co descenso do tramo autonómico complementario ao estatal: “o IRPF diminuirá en Galicia máis do 5,5%”, remarcou.

Para o presidente da Xunta, a terceira actuación da que a Xunta se debe sentir orgullosa é a aprobación do Plan Galego de I+D+i, que mobilizará máis de 800 millóns de euros nos catro anos vindeiros, potenciará os recursos humanos no ámbito científico-tecnolóxico e creará potentes infraestruturas tecnolóxicas de referencia. Ese plan permitirá, ademais, duplicar a participación da investigación no PIB, ata situala no 1,5 por cento, pasar de 5.000 a 10.000 investigadores e servir de poderosa palanca para situar a Galicia no núcleo da sociedade do coñecemento, conseguindo que as empresas acheguen ata a metade do I+D galego.

O titular do Goberno autonómico tamén considerou de “vital importancia” para o desenvolvemento económico de Galicia as infraestruturas. Nesta liña, referiuse ao Plan de Infraestruturas de Transporte de Galicia 2007-2013, que, ao seu xuízo “será o elemento central que permita xerarquizar a rede de estradas de Galicia afrontando as necesidades da comunidade a curto, medio e longo prazo, co obxectivo de garantir que cada cidadán de Galicia se encontre a menos de 30 minutos dunha vía de alta capacidade”.

Como cuarto obxectivo, Pérez Touriño situou a educación. Neste senso lembrou que o esforzo orzamentario realizado polo Goberno galego permitiu mellorar as condicións de 32.000 profesores, estender a gratuidade dos libros de texto a 100.000 familias, establecer 5.000 axudas para a compra de ordenadores, crear 300 bolsas para a aprendizaxe de idiomas, ampliar ata o 40% a rede de comedores e implantar a figura do acompañante no transporte escolar no 93% das rutas. No vindeiro ano, segundo lembrou Touriño, os libros de texto serán gratuítos no ensino obrigatorio e o número de bolsas para o estudo dun idioma no estranxeiro verase duplicado.

Tamén a sanidade de converteu noutro dos eixes fundamentais do Goberno da Xunta. Nesta liña, as medidas postas en marcha polo Goberno galego permitiron reducir o “lastre financeiro” que soportaba o sistema de saúde, reducir nun 20 por cento os tempos de espera das intervencións cirúrxicas, ampliar a nómina do persoal facultativo e de apoio, implantar a epidural en todos os hospitais públicos galegos e poñer en marcha un programa de asistencia bucodental infantil que o vindeiro ano se ampliará ata os 14 anos. Xunto a isto, a mellora de centros de saúde e a construción doutros hospitais como o de Vigo.

“A sexta conquista do goberno consistiu –segundo sinalou o seu presidente- en pór as bases para adaptar a Galicia a lei estatal de Dependencia e o deseño dunha rede pública de servizos sociais que dará resposta ás demandas en materia de atención aos maiores, aos dependentes e aos máis pequenos”.

E o sétimo logro, en palabras de Touriño, veu dado polas máis de 32.000 actuacións no marco do Plan de Vivenda, todas elas encamiñadas a beneficiar, fundamentalmente, á mocidade, ás persoas maiores e ás familias con rendas baixas.

O titular do Goberno galego tamén se referiu á posta en valor do territorio impulsada pola Xunta, na súa tripla vertente de base para actividade económica, espazo de convivencia e legado para xeracións vindeiras. De aí o Plan de Saneamento Integral das Rías e depuración de augas, polo que se licitarán nos próximos dous anos vinte e dúas novas estacións depuradoras; ou as medidas no ámbito da ordenación territorial e o urbanismo, encamiñadas a garantir un desenvolvemento ordenado e equilibrado.

Como novena consecución do primeiro ano de Goberno, Touriño sinalou a “renovación democrática”, fundamentada, entre outras medidas, no control parlamentario ao que se someten os membros da Xunta, a Lei de Transparencia, o proxecto de Lei de Subvencións, que se presentará no Parlamento antes de que remate o ano, ou o proxecto de Lei de Publicidade Institucional.

Finalmente, Pérez Touriño situou como a décima conquista do Goberno da Xunta a súa capacidade para un diálogo co Goberno de España, que tivo “consecuencias enormemente positivas” que se expresan nos Orzamentos Xerais do Estado, que duplican os recursos destinados a Galicia polos Gobernos de Aznar; na revitalización da Comisión Mixta de Transferencias; e na cooperación financeira co Goberno español en materias como a adaptación da Lei de Dependencia ou a Creación de Centros de Excelencia.

O presidente rematou o seu discurso afirmando que “o horizonte é esperanzador”. Este ano, explicou, “demos o primeiros pasos” cara á modernización económica, cara a unha maior cohesión social e á potenciación do autogoberno.

Por iso, dixo, “queremos e podemos ser unha comunidade que creza máis economicamente, en igualdade, mellor, de forma máis sostible e en democracia”. “Queremos unha Galicia territorialmente máis equilibrada, socialmente máis cohesionada que defenda os seus intereses cunha única voz”.

Destacou ademais que o Goberno que preside “é un goberno que cumpre cos compromisos adquiridos”, como así o poñen de manifesto as medidas postas en marcha ao longo do último ano.

De igual xeito, quixo agradecer as achegas, suxerencias, propostas e críticas dos tres grupos parlamentarios, lembrando que cree “nos valores do diálogo aberto e da palabra franca” e que avoga pola colaboración leal nos grandes temas de país.
R.