Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Lugo celebra las fiestas de San Froilán 2006 como las primeras declaradas de Interés Turístico Nacional. El presidente de la Xunta aprovecha el evento para realizar una visita institucional a la ciudad

Lugo celebra el San Froilán 2006 como las primeras fiestas declaradas de Interés Turístico Nacional desde el inicio de esta tradición hoy muy arraigada popularmente.

La ciudad de las murallas conmemora la festividad de su patrón cada año del 4 al 12 de octubre. Unos días en los que se desarrolla un amplio programa de actos lúdicos y culturales, pero también institucionales.

A las atracciones del recinto ferial, las casetas de degustación del pulpo, el teatro, la música o la artesanía, hay que añadir las visitas de destacadas personalidades que aprovechan estas celebraciones para visitar la ciudad.

Al líder del PP, Mariano Rajoy, que presentó a Joaquín García Díez como candidato a la Alcaldía en las elecciones municipales de 2007, se suma la visita del presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, el Domingo das Mozas.

En esta visita institucional, Pérez Touriño reiteró el compromiso de la Xunta y del Gobierno central con Lugo como una de las ciudades donde más crece el esfuerzo inversor, y confirmó la ejecución del Centro Tecnológico Agroalimentario.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, referiuse ao compromiso e ao esforzo investidor que está a realizar o Goberno da Xunta como o Goberno español na provincia de Lugo. Emilio Pérez Touriño referíase ás actuacións que ambos os dous Gobernos teñen en marcha nesta provincia na súa visita institucional á cidade de Lugo con motivo das festas do San Froilán e na que tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia e os conselleiros de Educación , Pesca e Traballo.

Deste xeito, o mandatario galego referiuse á infraestrutura como a rolda leste de Lugo que se converterá na principal vía de acceso ao novo Hospital Xeral de Lugo e que suporá un investimento de 23 millóns de euros. Xunto a isto, Pérez Touriño sinalou que a Xunta está a traballar “na integración plena” do barrio das Gándaras cun orzamento de máis de 6 millóns de euros e lembrou a subscrición dun convenio para a realización e integración da estación intermodal de autobuses e a potenciación do trasporte metropolitano.

Así mesmo, salientou a creación de solo industrial nas Gándaras que suporá un investimento de 75 millóns de euros e que permitirá actuar en 2 millóns de metros cadrados.

O titular da Xunta tamén quixo salientar as actuación que se están lavando a cabo en materia de medio ambiente que ao seu xuízo van propiciar un desenvolvemento da cidade de Lugo baseado na sostenibilidade. Deste xeito, referiuse a que proximamente será licitada a EDAR de Lugo cun investimento total de preto de 4 millóns de euros; que xa está asinado un convenio para acometer obras de saneamento no rural lugués por un valor próximo aos 5 millóns de euros ou as obras dos colectores dotadas con máis de 30 millóns.

Xunto a isto, salientou outras actuación en materia cultural e educativa como a construcción do Auditorio de Lugo dotado con case 14 millóns de euros ou a Rede de Escolas Infantís para a provincia, dúas das cales se ubicarán na propia cidade.

A isto hai que engadir a rehabilitación de case 50 vivendas e a construcción de máis de 1.130 de promoción pública nun período próximo.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño tamén se referiu a que “de maneira inmediata” e previsiblemente no mes de novembro, se vai constituír e por en marcha o Centro Tecnolóxico Agroalimentario que se ubicará en Lugo. Neste sentido, lembrou que este proxecto xa está en execución cos convenios e estatutos “xa perfilados”.

Emilio Pérez Touriño lembrou que a provincia de Lugo é na que máis medra o esforzo investidor do Estado, un 39 por cento, 247 millóns de euros. Neste sentido, indicou que grazas aos Orzamentos Xerais do Estado no ano 2007 estará en obras toda a conexión galega da Autovía do Cantábrico e que se destinarán 20 millóns de euros a facer realidade a rede de autovías Lugo-Santiago, Lugo-Ourense.

O presidente da Xunta considerou que Lugo ten diante de si “un escenario de futuro inmellorable” porque conta co liderazgo político, cohesión social e cun proxecto de cidade unida. Por iso reiterou que “nunca lle faltará o apoio e compromiso pleno da Xunta de Galicia”.

Emilio Pérez Touriño anunciou que o Plan de Reequilibrio Territorial contará o vindeiro ano con 225 millóns de euros con cargo aos orzamentos da Xunta. “Quero anunciar que nos orzamentos que o 20 de outubro presentaremos no Parlamento recollerán unha partida para o Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia 2007-2013. “Nese Plan de Reequilibrio Territorial que, con vocación de perdurabilidade nun longo periodo de tempo coincidente coa disponibilidade de fondos europeos, nace para ser aprobado no primeieo trimestre do ano que ven con orzamentos, proxectos e obxectivos”, asegurou Touriño.

Deste xeito, no proxecto de orzamentos da Xunta irá -segundo sinalou Touriño- unha dotación de 225 millóns de euros destinados á dinamización económica, á potenciación turística, ao medio rural e incluso a actuacións en materia de pesca.

O presidente galego subliñou que destes 225 millóns de euros, 100 millóns irán destinados a accións específicas que teñen que ver coas infraestruturas productivas, físicas e medio ambientais e outros 40 millóns de euros irán destinados á dotación dos equipamentos necesarios para manter “estandares e niveis de vida” dignos no medio rural.

Segundo remarcou o titular do Goberno galego na súa intervención, a dotación orzamentaria coa que contará o Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia para o 2007 beneficiará a un millón de habitantes da comunidade galega das zonas rurais o que representa o 38% da poboación e máis de 200 concellos aos que se refire o plan.

Emilio Pérez Touriño considerou esta medida como unha “actuación estratéxica na busca do reequilibrio para superar a situación que se foi conformando ao longo dos anos”.

Xunto a isto, Emilio Pérez Touriño tamén anunciou que os pensionistas galegos verán incrementada a súas rendas gracias aos 226 millóns de euros que investirá o Goberno central para facer fronte en Galicia ao incremento do 6,5 por cento das pensións xa anunciado. “Ademais deses 225 millóns de euros para actuacións específicas e singulares de reequilibrio territorial, os pensionistas galegos van recibir unha inxección de 226 millóns de euros con cargo aos orzamentos do Estado do ano que ven como consecuencia da subida do 6,5 por cento das pensións que beneficiarán a un total de 691.000 pensionistas en Galicia”, sinalou Pérez Touriño.

Segundo explicou o máximo mandatario galego, como consecuencia da decisión do Goberno do estado de incrementar por enriba da inflación de forma sustantiva as pensións posibilitará que as familias galegas “poidan contar con 226 millóns de euros adicionais de incremento sobre o que tiñan anteriormente”.

Por último, o titular do Goberno galego remarcou que estes recursos próximos os 500 millóns de euros “son consecuencia da prioridade asignada á cohesión e ao reequilibrio tanto por parte do Goberno de España como do Goberno da Xunta”. O presidente da Xunta fixo estes anuncios durante a súa visita institucional ao concello de Lugo con motivo das festas do San Froilán.

R.