Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los Presupuestos de Galicia para 2007 superan por primera vez los 10.000 millones de euros y aumentan el gasto un 8'3%

El consello de la Xunta ha aprobado el proyecto de presupuestos de la Comunidad autónoma para 2007 que, por primera vez, superan la cifra de 10.000 millones de euros, en concreto 10.785, y suponen un crecimiento en el gasto no financiero del 8,3% respecto a las cuentas vigentes.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, informó tras la reunión del Ejecutivo de que el proyecto, aprobado «en tiempo y forma» y que será entregado al Parlamento por el conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, tiene un carácter «expansivo» y que la mayor parte de sus fondos va destinado a hacer cumplir las prioridades del actual Ejecutivo. De hecho, explicó, estos segundos presupuestos del Gobierno de coalición, que abogan por el impulso económico y la igualdad social, aumentan las partidas dedicadas a educación en un 8%, por lo que en dos años de nuevo Ejecutivo se ha llegado en esta materia a un incremento del 18%, cercano al 20 que había apuntado en su debate de investidura.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego destacou, na rolda de prensa posterior á celebración do Consello da Xunta, que os Orzamentos Xerais da comunidade para 2007 superan a “mítica cifra” dos 10.000 millóns de euros. En concreto, acadan a contía total de 10.785 millóns, “case que 900 millóns de euros adicionais con respecto ao ano pasado”, segundo apuntou Touriño. Este incremento representa, en termos porcentuais, unha suba do 8,3 por cento.

Segundo destacou o titular da Xunta, o 70 por cento destes orzamentos, practicamente dous terzos destes esforzo orzamentario, “van destinados aos obxectivos básicos, aos obxectivos prioritarios” que conforman o que Touriño denominou “o novo modelo, a nova orientación” en relación ás prioridades de gasto do Goberno da Xunta de Galicia, que está a impulsar unha política económica diferenciada con respecto a etapas anteriores.

Pérez Touriño salientou que as contas xerais da Xunta para 2007 están centradas “na xerarquía de prioridades dos obxectivos básicos que preside a acción do Goberno da Xunta” e que se sintetizan en seis grandes eixes: educación, innovación, infraestruturas, emprego, política social e reequilibrio territorial.

“A educación crece un 8 por cento”, apostilou Touriño, quen asegurou que en dous anos a Xunta ten practicamente cumprido o obxectivo comprometido polo presidente no Debate de Investidura, que establecía un crecemento económico do 20 por cento neste apartado. En só dous exercicios orzamentarios, o crecemento en educación xa se sitúa no 18 por cento, asegurou Touriño.

Paralelamente, a “incorporación á sociedade do coñecemento” é outra das prioridades da Xunta de Galicia. Segundo destacou o presidente galego, o capítulo da innovación, que inclúe o gasto en novas tecnoloxías e o gasto en I+D+i experimenta unha suba do 17 por cento con respecto ao exercicio anterior.

Por outra banda, o potenciamento de infraestruturas produtivas centra outro capítulo relevante das contas xerais da Xunta para 2007 ao incrementar o orzamento dedicado a este apartado nun 11,4 por cento. “Dedicámoslle preto de 1.500 millóns de euros ao esforzo en capital físico de Galicia”, salientou Touriño.

Ademais, para a creación de emprego e para o desenvolvemento de políticas activas nesta materia incrementarase notablemente o orzamento, que sube un 8,3 por cento neste apartado con respecto ao ano anterior, e sitúase en 331,3 millóns de euros.

No apartado de políticas sociais investiranse en 2007 4.000 millóns de euros, tal e como destacou o presidente da Xunta. Así, 228 millóns de euros dos 900 millóns adicionais con respecto aos orzamentos de 2006, van destinados a políticas sociais: sanidade, dependencia e vivenda. O titular do Goberno galego afirmou que a Xunta aspira concluír o ano que vén coa creación de 35.000 novos postos de traballo.

“Por último, crecer máis e distribuír mellor quere dicir tamén distribuír mellor no orzamento”, indicou Touriño. Por primeira vez, destacou o presidente galego, hai un programa de reequilibrio territorial que prevé un fondo de 225 millóns de euros para o seu desenvolvemento.

Os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para 2007 están asentados, tal e como destacou o presidente da Xunta, “na previsión dun sólido crecemento económico As contas públicas posibilitarán que Galicia creza o vindeiro ano un 3,4 por cento, é dicir, dúas décimas por riba da previsión do Estado, que se sitúa no 3,2 por cento.

“Para o ano que vén mantemos o obxectivo, e así o orzamentamos, de crecer por riba de España”, indicou Touriño, quen asegurou que sería a segunda vez nesta década en que Galicia medre por riba da media española.

Por outra banda, o presidente da Xunta destacou que os presupostos realizan un esforzo moi importante dende o punto de vista investidor. “Fan unha aposta moi potente pola capitalización da economía galega” dixo. Salientou que se trata dunha aposta polo investimento a pesar da caída dos fondos europeos, o 15% menos de media que en anos anteriores. Ademais subliñou que se consegue un relevante aforro que acada o 20%, 300 millóns de euros respecto ao ano pasado. “Ese esforzo de aforro sostén en boa medida eses presupostos profundamente investidores” indicou.

En canto aos gastos, o máximo mandatario galego, explicou que os presupostos significan que o gasto corrente crece un 7,8 por cento e os gastos de capital, un 9,9 por cento. Isto implica que os gastos de capital medran dous puntos por riba do crecemento do gasto corrente e máis dun punto e medio por enriba do crecemento xeral orzamentario que é do 8,3%. En síntese, o presidente destacou que se trata dunha aposta polo aforro, os gastos de investimento, polo rigor e a transparencia.

Para sintetizar os datos, o titular do Goberno galego explicou que por cada euro que gastan os galegos dos presupostos no ano 2007, 37 céntimos destínanse á sanidade e a políticas de benestar social, dependencia e vivenda. Así, 20 céntimos do total dedícanse ao sistema educativo; 14 a infraestruturas; 4 a investigación, desenvolvemento e innovación; 3 a políticas activas fomento do emprego; e 2 céntimos de euro específicas e singulares de reequilibrio territorial.

En resumo, o presidente subliñou que as grandes políticas de igualdade e de cohesión -como son a educación e a sanidade- asumen gran parte do esforzo orzamentario con 57 céntimos. A outra parte destínase a infraestruturas e investigación, e a políticas activas e de fomento do reequilibrio territorial.

Segundo destacou o presidente do Goberno galego, a filosofía dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2007 céntrase en “crecer máis” e “distribuír mellor”. Os orzamentos para o vindeiro ano aspiran a que a economía galega creza e creza máis “avanzando” real e efectivamente na axenda da converxencia. Trátase de que se “distribúa mellor no obxectivo da igualdade, a cohesión social e do equilibrio territorial ese esforzo de crecemento económico e de modernización do país”, apostilou.

O presidente da Xunta destacou dez das medidas concretas que se materializarán cos orzamentos presentados hoxe. Por orden prioritario e orzamentario. Pérez Touriño destacou o esforzo investidor en materia educativa onde 212.500 persoas se beneficiarán da gratuidade dos libros de texto o ano que vén. Neste eido, destacou ademais a implantación da figura do acompañante no transporte escolar no 100 por cen das liñas. O xefe do Executivo lembrou que cando asumiu a Presidencia, hai un ano, esta porcentaxe rondaba o 8%. Por último, dentro deste ámbito, remarcou que os presupostos do 2007 van permitir que 10.000 novas familias reciban axudas para mercar un ordenador.

En materia de innovación, o plan galego de I+D+i permitirá tal e como indicou Peréz Touriño, impulsar 2.850 novos proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, que contarán coa participación da iniciativa privada.

Touriño referiuse ás infraestruturas como a terceira panca do crecemento económico. Así, salientou que a partida destinada a este campo permitirá por en servizo 400 quilómetros de estradas novas e acondicionadas, o que suporá “unha potentísima melloría da rede viaria”.

En termos de emprego avanzou que os presupostos prevén a mellora da cualificación, liña da que poderán beneficiarse 5.700 mulleres, así como a incorporación de proxectos de inserción laboral, que beneficiarán a 12.500 persoas.

A partida destinada a políticas sociais permitirá a creación de 1.100 prazas públicas en residencias, 400 delas para persoas dependentes, a creación de 50 novos centros de día, así como a creación de 56 escolas infantís. Por último, dentro do apartado de política social, o titular do Goberno galego salientou que se rehabilitarán un total de 4.300 vivendas e que outras 4.000 serán cualificadas como de protección autonómica.

O presidente da Xunta referiuse ás reducións fiscais que vai levar a cabo o Goberno galego que incidirán, tal e como explicou Touriño, no IRPF, as sucesións e doazóns e as transmisións patrimoniais. No referente ao fomento do autoemprego, haberá unha dedución de 300 euros para os que inicien unha actividade empresarial ou profesional durante un ano. A medida beneficiará aos homes menores de 35 anos e a todas as mulleres.

No relativo ás sucesións e doazóns, os orzamentos do vindeiro ano facilitarán aos mozos o acceso á vivenda mediante unha redución do 95% da base impoñible nas doazóns para adquisición da primeira vivenda ata 30.000 euros a fillos e descendentes menores de 35 anos.

Por último, co obxectivo de facilitar a compra de vivenda, haberá unha redución de imposto do 7% ao 4% para persoas discapacitadas (grado do 65% ou superior) do que poderán beneficiarse 130.000 persoas.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o presidente da Xunta refereriuse ao endebedamento da comunidade galega. En relación ao endebedamento, Pérez Touriño subliñou que este ano representa un total de 93 millóns de euros, o que mellora os ratios netos de débeda.

Neste sentido, indicou o máximo mandatario da Xunta que estas cifras fan referencia á redución do peso da débeda en relación co PIB, co “tamaño da nosa economía e do noso produto”, pasando do 7,2 ao 6,59 do PIB da comunidade. O presidente argumentou que isto significa tamén “unha mellora na proporción en relación co aforro orzamentario deste ano”, pasando do 2,32 ao 1,99 neste exercicio.

En segundo termo, en referencia aos orzamentos da Cidade da Cultura, o titular do Goberno galego sinalou que están practicamente conxelados. En concreto, destacou, que o investimento dos 50 millóns está destinado “exclusivamente” a rematar as obras “en plena execución”. Neste marco o presidente referiuse ao arquivo, biblioteca, edificio de servizos e o de museos, os máis coñecidos, afirmou. Isto, segundo explicou Pérez Touriño, quere dicir que “concluímos aquilo que estaba nun elevado grao de execución cando o herdamos”, pero aclarou que “non investimos nada en proxección de novos contenedores”. Respecto a este tema, o xefe do Executivo autonómico lembrou que, no debate de investidura, se comprometeu a revisar o proxecto e amosou o seu convencemento de que “antes de fin de ano” se poidan “presentar as claves desa orientación e revisión”.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou que os Orzamentos da comunidade para o 2007 contemplan unha xerarquización do investimento que procura “a mellora das condicións de vida nas sete cidades galegas”. O titular do Executivo galego enfatizou que se trata de actuacións relacionadas coa optimización da mobilidade, da calidade de vida e da mellora dos servizos públicos das áreas urbanas do país, consideradas polo seu Goberno como “motor da nosa sociedade e da nosa economía”.

O máximo mandatario galego referiuse ás principais intervencións ás que irá dedicado o investimento en cada unha das sete cidades. Así, o presidente anunciou que na Coruña os orzamentos da comunidade para o 2007 prevén destinar 10 millóns de euros ás obras da Vía Ártabra e da terceira rolda de circunvalación da cidade. Contémplanse ademais diferentes actuacións no medio urbano cunha asignación orzamentaria de dous millóns de euros.

Sobre Ferrol, Emilio Pérez Touriño afirmou que a infraestrutura que comunicará a cidade con Madrid e coa Autovía do Cantábrico, é dicir, a autovía Ferrol-As Pontes-Cabreiros-Vilalba, absorverá no ano 2007 unha dotación de 30 millóns de euros. Paralelamente, está previsto destinar dous millóns de euros á construcción do auditorio.

Como “potentísima” definiu o presidente da Xunta a previsión de investimento no 2007 en Santiago, dirixido a dúas actuacións principais: a autovía Santiago-Brión, á que se destinarán o ano que vén 60 millóns de euros, e a Santiago-A Ramallosa, que levará 12,6 millóns de euros. Doutra banda, a mellora da rede viaria contemplada no convenio co Concello da capital galega, recibirá 2 millóns de euros, e realizaránse melloras no hospital por importe de 11 millóns de euros.

Cun total de 30 millóns de euros, a autovía Nadela-Sarria absorverá boa parte do esforzo en investimento destinado á cidade de Lugo. O xefe do Executivo anunciou ademais relevantes actuacións, como a construción do auditorio e o seu acceso a través da rolda leste da cidade, que recibirán 6 millóns de euros, que deben sumarse aos 29 millóns de euros cos que se concluirán as obras do novo hospital.

As contas da Xunta para o 2006 prevén destinar un total de 4,4 millóns de euros ás obras da circunvalación este e aos accesos ao polígono de San Cibrao e ao polígono tecnolóxico da cidade das Burgas. Contémplase tamén realizar actuacións no Complexo Hospitalario de Ourense ás que se destinarán 8 millóns de euros.

En Pontevedra, Emilio Pérez Touriño destacou dúas actuacións de primeira orde: a Vía de Alta Capacidade conveniada co Ministerio de Fomento, que unirá a cidade con Marín, e que recibirá 2,2 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para 2007. E, por outra banda, o comezo da autovía Pontevedra-Vilagarcía, cunha anualidade prevista de 3,5 millóns de euros.

Sobre Vigo, o mandatario galego anunciou que se prevé destinar un orzamento de 7 millóns de euros a avanzar no proxecto da Cidade do Mar, que definiu como “un proxecto querido e ambicionado pola Xunta e o seu presidente”. Citou ademais outras actuacións singulares como o plan de infraestruturas ao que se adicarán 4,5 millóns de euros, e o plan de integración ferroviaria, ó que se destinarán 2 millóns. Finalmente, o titular do Executivo referiuse á construción do auditorio da cidade, que absorverá 5,7 millóns de euros no 2007, e ao comezo do novo hospital de Vigo, que recibirá 5 millóns de euros.

R.