Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Sube el paro en Galicia: durante el mes de octubre se registraron 4.700 nuevos desempleados

El paro se incrementó en octubre en un 3,20% en la Comunidad autónoma de Galicia, frente a la media española del 1,36%, según datos del Ministerio de Trabajo. El número de parados registrados en las Oficinas de Empleo en Galicia al término del mes de octubre aumentó en 4.700 personas en relación con el mes anterior, con lo que el número de desempleados se situó en 151.534. La subida es la menor de los últimos siete años en la comunidad.

Según datos del Ministerio de Trabajo, el aumento del paro en términos porcentuales fue del 3,20%, mientras que en conjunto de España se incrementó un 1,36 por ciento. El paro subió en las cuatro provincias, especialmente en Lugo (4,55%).

En relación con octubre de 2005, el paro en la Comunidad bajó en 12.765 personas (-7,77%). El paro masculino se situó a finales del mes pasado en 54.638 mientras que el femenino se cifró en 96.896. Del total de parados de Galicia, 16.294 son menores de 25 años, de ellos 9.121 son mujeres y 7.173 hombres.

Por sectores, el paro registrado varió en las siguientes magnitudes: en Agricultura subió un 3,92%, en Industria creció un 2,19%; en Construcción aumentó un 1,81%; en Servicios subió un 3,56% y en el colectivo sin empleo anterior creció un 3,72%.

El número de contratos en octubre se elevó a 81.046, es decir 4.381 más que en el mes anterior. De ellos, 10.183 fueron contratos indefinidos, lo que supone un aumento de 1.334 respecto al mes anterior. El desempleo registrado en las oficinas del INEM subió en 26.670 personas en octubre, que cerró con un total de 1.992.836 desempleados, el 1,3% más que en el mes anterior, aunque registró récords en contratos firmados y en creación de empleo indefinido.

Según los datos publicados por el Ministerio de Trabajo, la subida del mes pasado supone el tercer repunte en el año, tras los avances de agosto y enero, si bien es inferior al aumento del paro en octubre de 2005, cuando creció el 1,97% o en 39.575 personas (casi 13.000 personas más). Esto permite que, en los últimos doce meses, el desempleo se haya reducido en 60.025 personas, el 2,9%. La bajada en términos interanuales es la séptima consecutiva.

En octubre se alcanzó un récord de contratos, ya que se suscribieron 1.819.192 (el 11,1% más que en octubre de 2005), de los que 239.673 fueron indefinidos, otro máximo histórico que supone el 13,1% del total de contratación en octubre y un ascenso del 61,7% respecto al mismo mes del año pasado.

Por sectores, el paro sólo se redujo en los sectores de construcción, con 2.240 desempleados menos (-1%), e industria, con 723 parados menos (-0,2%). Aumentó en el resto, especialmente en el colectivo sin empleo anterior, donde subió en 5.922 personas o el 2,7%, mientras que en la agricultura creció en 1.417 personas o el 2,3% y en los servicios, en 22.294 personas o el 1,8%.

Por sexo, el paro femenino fue el que más creció, el 1,3% o 16.926 mujeres (hasta un total de 1.230.345 paradas), frente a la subida del 1,2% o 9.744 del desempleo masculino (hasta 762.491 personas). No obstante, en ambos sexos se registra un descenso al compararlo con el mes de octubre de 2005, ya que el masculino se reduce en 41.286 personas o el 5,1%, mientras que el femenino lo hace sólo en 18.739, equivalente a una caída del 1,5%.

Por edades, el desempleo se incrementó en octubre entre los jóvenes menores de 25 años en 11.574 personas (un 4,8% más que en septiembre), mientras que entre los mayores de 25 subió en 15.096 personas o el 0,8%.

En cuanto a la evolución del paro en las Comunidades Autónomas, bajó en cinco, encabezadas por la Comunidad Valenciana (2.795 desempleados menos), Extremadura (-1.235) y Murcia (-416), y subió en las doce restantes, lideradas por Andalucía (12.348 parados más) y Baleares (4.979 más). Por provincias, el desempleo descendió en 14, sobre todo, en Valencia (3.866 parados menos), Almería (-3.032) y Barcelona (-1.602), y aumentó en 38, principalmente en Baleares (4.979) y Cádiz (4.192 más). En cuanto a la contratación, desde comienzos de año se han firmado 15.479.990 contratos, que supone 1.214.123 contratos o el 8,51% más que en los diez primeros meses de 2005. Los contratos indefinidos hasta octubre ascendieron a 1.710.215, lo que representa un aumento de 418.758 contratos, el 32,4%, sobre los diez primeros meses de 2005. Los contratos indefinidos del mes de octubre se dividen, en cuanto a la duración de su jornada, en 166.833 a tiempo completo (un 64,8% más que en octubre de 2005) y 72.840 a tiempo parcial (con un crecimiento del 55% en variación interanual). En cuanto a los temporales (1.579.519), 20.131 tuvieron carácter formativo, mientras que los eventuales por Circunstancia de la Producción -de jornada a tiempo completo- ascendieron a 528.306 (29,04% más); los de Obra o Servicio Determinado -con jornada a tiempo completo- se situaron en 512.515 (28,17% más) y los temporales con jornada a tiempo parcial alcanzaron 415.682 (22,85%).

Nota de prensa remitida por la Consellería de Traballo de la Xunta:

O director xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca, presentou en rolda de prensa os datos do paro rexistrado nas oficinas de emprego galegas correspondentes ao pasado mes de outubro. Segundo explicou Fuenteseca, o número de inscritos nas oficinas galegas do Servizo Público de Emprego, descendeu o pasado mes un 7,8% respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que en termos absolutos implica unha redución de 12.765 parados menos. Así, Galicia é a comunidade autónoma na que máis diminuíu o paro en valores absolutos en relación ao ano anterior e a terceira en canto á baixada porcentual. Trátase da maior redución interanual dos últimos 10 anos. Por sexos, o descenso foi de 6.820 homes e 5.945 mulleres.

O director xeral de Formación e Colocación destacou que este mes rexistrouse a meirande redución interanual do que vai de ano. Á vista deste dato, outubro é o quinto mes no que se superan os 10.000 parados menos. Tendo en conta que outubro é un mes no que habitualmente se rexistra pouco emprego estacional, estas cifras confirman a creación de emprego non ligada á estacionalidade. Fuenteseca manifestou a súa satisfacción porque “en Galicia continúa a diminuír o paro rexistrado interanual, incrementándose mes a mes a porcentaxe de diminución”. De feito, salientou que Galicia rexistra unha converxencia bruta de 7.961 demandantes, multiplicando case por tres o descenso estatal.

Así, o número total de parados rexistrados nas oficinas galegas en outubro de 2006 sitúase en 151.534, das que o 10,8% son menores de 25 anos e o 63,9% son mulleres. En relación con outubro de 2005, descende o paro en todos os sectores e sexos. Cómpre destacar o descenso do 14,2% na construción; do 9,2% na industria; e do 7,9% nos servizos. O sector primario rexistra unha baixada do 5,2% e o colectivo sen emprego anterior só dun 1,2%.

Fuenteseca informou de que por sectores de actividade destaca o comportamento da industria do metal, na que se reduce o paro nun 16,1% en relación co ano anterior. Desta maneira, consolídase como un sector “locomotora” da economía galega.

En resumo, os resultados interanuais do mes de outubro ratifican a tendencia á converxencia de Galicia co Estado, posto que o peso do desemprego de Galicia na media estatal reduciuse dende o pasado mes de decembro nun 10,5%.

O director xeral de Formación e Colocación subliñou que, en relación ao pasado mes de setembro, outubro foi un mes de incremento do paro, con 4.700 demandantes máis, o que supón un incremento porcentual do 3,2%. Non obstante, apuntou que se trata da menor suba dos últimos sete anos. A media de redución do que levamos de ano é de 9.738 demandantes. Os dez primeiros meses deste ano supoñen o período consecutivo no que houbo maior redución porcentual do paro dos últimos cinco anos. O paro feminino continúa por quinto mes consecutivo por debaixo das 100.000 demandas.

Por grupos de idade, destaca o peso dos parados de máis de 45 anos. Suman 60.632 persoas, o que supón o 40% dos parados. Desta franxa de idade o 60,5% son mulleres (un total de 36.656).

O incremento de demandantes sen emprego anterior, cunha antigüidade inferior aos seis meses supón a incorporación da xuventude ás oficinas de emprego, debido ás expectativas que está a levantar a boa marcha do mercado de traballo. Neste senso, a Consellería de Traballo é consciente da importancia da incorporación da mocidade ao emprego, polo que seguirá apostando por políticas activas de emprego dedicadas á mocidade de cara á consecución do seu pleno emprego.

O tempo de permanenza en desemprego é unha das variables importantes que hai que ter en conta de cara á análise do desemprego en Galicia. 63.147 demandantes, algo máis de catro (4,2) de cada dez parados, leva máis dun ano en situación de desemprego.

Neste mes prodúcese un notable incremento de altas de demanda, o que fai que os demandantes de menos de 6 meses sen emprego anterior se incrementen nun 10%. A principal redución en relación co mes anterior prodúcese nos demandantes inscritos entre 6 e 12 meses, cun descenso do 3,4%. En relación con outubro de 2005, o número de parados descende en todos os grupos de antigüidade de permanenza en paro.

As actuacións das políticas activas terán en conta esta realidade establecendo como un dos seus grupos obxectivos os demandantes de moi longa duración para establecer procedementos que permitan incrementar o seu nivel de competencias, así como políticas específicas para fomentar o emprego e a empregabilidade dos maiores de 45 anos.

Fuenteseca destacou que a redución do paro feminino pasa necesariamente pola incorporación da muller aos sectores masculinizados. A modo de exemplo, dos 2.461 demandantes nos que se reduciu o paro interanual do sector da construción tan só 396 (16,1%) eran mulleres.

A Consellería de Traballo continuará incidindo en políticas activas de discriminación positiva en busca da igualdade, especialmente na incorporación de mulleres naquelas ocupacións nas que están subrepresentadas.

Na evolución dos contratos rexistrados, prodúcese un incremento das contratacións no ámbito estatal de 144.457 con respecto ao mes anterior. En total, rexistráronse no mes de outubro 1.819.192 contratos, dos cales 239.673 foron indefinidos (13,17%) e 1.579.519 temporais (86,83%).

En Galicia rexistráronse un total de 81.046 contratos, 4.381 contratos máis que en setembro, dos que 10.183 foron indefinidos (12,6%) e 70.863 temporais (87,4%).

A evolución anual da contratación indefinida supón que no Estado haxa un incremento destes contratos do 32%. En Galicia obsérvase neste mes unha evolución positiva, por canto a contratación indefinida en comparación con outubro de 2005 medrou nun 80,71%, superando en 19 puntos o incremento estatal, que foi do 61,69%.

O comportamento do paro rexistrado nas catro provincias presenta un comportamento similar: en Lugo e Ourense increméntase nun 4,5% e nun 4% respectivamente; en Pontevedra no 3,6% e na Coruña aumenta nun 2,3%.

A diminución sobre outubro de 2005 é especialmente importante en Lugo, onde baixa en 1.420 persoas (8,7%) e en Pontevedra, onde se reduce en 5.163 demandantes (8,5%). Na Coruña redúcese en 4.797 demandantes (7,2%), e en Ourense a baixada é de 1.385, o que supón unha redución do 6,7%.

En relación á distribución territorial do paro rexistrado por provincias, A Coruña e Pontevedra xuntas supoñen algo máis das tres cuartas partes, (un 77%) mentres que Lugo e Ourense supoñen un 10% e un 13%, respectivamente.
R.