Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los precios subieron en Galicia un 2'6% en 2006. El incremento del IPC anual fue una décima menor que en el resto de España

El Indice de Precios al Consumo (IPC) se incrementó un 0,2% en Galicia en diciembre respecto al mes anterior, con lo que esta comunidad cerró 2006 con un aumento del 2,6%, una décima menos que la media del Estado. En el conjunto de España los precios subieron un 0,3% el pasado mes y el IPC acumulado en el ejercicio de 2006 fue del 2,7%, según los datos hechos públicos hoy por el Instituto Nacional de Estadística (INE).

En Galicia el mayor aumento de los precios el año pasado se produjo en la vivienda (+4,7%), en los hoteles, cafés y restaurantes (+4,7%), en la enseñanza (+4,2%), en los alimentos y bebidas no alcohólicas (+3,1%), en el menaje (+3,1%) y en el capítulo de otros (+3,1%).

Le siguieron en subidas del IPC la medicina (+1,9%), el transporte (+1,7%), las bebidas alcohólicas y el tabaco (+1,5%), el vestido y calzado (+1%) y el ocio y la cultura (+0,1%). Por el contrario, la inflación sólo bajó el año pasado en comunicaciones (-1,7%).

Por provincias, en la que más se incrementaron los precios en 2006 fue en Pontevedra (+2,8%), seguida de A Coruña (+2,6%), Lugo (+2,5%) y Ourense (+2,3%). En diciembre la inflación aumentó más en Lugo (+0,3%), mientras que en las provincias de A Coruña y de Pontevedra la subida fue de dos décimas. En la de Ourense los precios se mantuvieron estables el mes pasado.

Comunicado de Prensa de UGT:

A inflación, aínda que moderada, supera unha vez máis a previsión oficial. UGT-Galicia insta aos empresarios a que garantan cláusulas de revisión salarial. Isto obriga ao Goberno a un maior control das tarifas dos servizos públicos e a actuar naquelas empresas cun comportamento especulativo.

O crecemento dos prezos neste último ano, segundo fai público hoxe o INE, son do 2,7 por cento no Estado e do 2,6 por cento en Galicia. Ambos os dous indicadores, aínda que moderados con respecto ás cifras que se viñan rexistrando nos últimos anos, por enriba da previsión oficial do Goberno, do dous por cento. Isto evidencia que a política económica non é capaz de atallar completamente o problema da inflación que supón, ano tras ano, un freo para a capacidade competitiva das empresas e tamén un obstáculo máis na calidade de vida dos cidadáns en xeral e especialmente regresiva e prexudicial para os que perciben menores ingresos.

UGT-Galicia advirte que si existen grupos cunha taxa de inflación preocupante, vivenda, 4,9 no Estado e 4,7 en Galicia, basicamente pola suba dos prezos da calefacción e alumeado; ensino, un 4,4 por cento no Estado e un 4,2 por cento nesta comunidade; e restauración, un 4,4 por cento no Estado e un 4,7 por cento en Galicia. A UGT preocúpanlle, sobre todo, os dous primeiros sectores porque son elementos de consumo básico para toda a cidadanía.

HAI SECTORES QUE SEGUEN A TER UN CRECEMENTO IMPORTANTE EN MATERIA DE PREZOS

O incremento dos prezos no sector servizos tamén é preocupante, dun 3,7 por cento. Isto amosa que boa parte deste sector aproveita a situación de escasa competencia para actuar dun xeito especulativo. Neste senso, o Goberno debería promover os cambios normativos necesarios naquelas actividades con empresas que veñen mostrando un poder de mercado que prexudica ao conxunto da sociedade.

UGT-Galicia tamén considera que chegou o momento de que as administracións públicas amosen un maior compromiso á hora de fixar os incrementos das tarifas dos servizos públicos ou sobre os que teñen unha incidencia directa, como é o transporte público, as taxas municipais ou as tarifas eléctricas, que deberían adecuarse á previsión de inflación que fixa o Executivo.

Neste senso, UGT amosa a súa preocupación polo comportamento da inflación de cara aos vindeiros meses ante o anuncio de subas nos prezos dalgúns servizos básicos como electricidade ou telefonía.

Por outra banda, no eido da negociación colectiva, UGT-Galicia insta aos empresarios a que garantan a inclusión de cláusulas de revisión salarial nos convenios, a única forma de garantir que os traballadores non perdan poder adquisitivo cando a inflación supere a previsión do Goberno, neste ano en 0,7 puntos. En Galicia calcúlase que preto do 80 por cento dos traballadores con convenio colectivo asinado teñen cláusula de revisión salarial.

R.