Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Presentado el Plan Territorial de Contingencias por Contaminación Marina de Galicia

La capacidad de respuesta de Galicia ante un posible accidente marítimo con consecuencias medioambientales es semejante a la que pueda haber en los países más avanzados de Europa, según la titular de Pesca, Carmen Gallego. Gallego hizo estas declaraciones en el transcurso del acto de presentación del Plan Territorial de Contingencias por Contaminación Marina de Galicia, que se desarrolló en la sede de la Autoridad Portuaria de Vilagarcía.

El plan contiene un método de trabajo que establece las pautas de actuación que debe seguir el Gobierno autonómico para hacer frente a situaciones de lucha contra la contaminación y que implica a siete consellerías, Ministerio de Fomento y Medio Ambiente y Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado. Además este plan de alerta determinará que órganos que deben de actuar en cada momento.

Actualmente se está formando personal para el servicio de guardacostas en Gijon, fase por la que pasarán más tarde efectivos de Protección Civil y Medio Ambiente.
Carmen Gallego señaló que en lo relativo a medios materiales «hoy en Galicia hay seis veces más medios que cuando se produjo la catástrofe del Prestige, en cierta medida debido a la botadura del Don Inda». La conselleira de Pesca explicó que «existen medios aéreos que se complementan con los de Fomento y dispone de un avión en el aeropuerto de Lavacolla, que pronto será sustituido por uno propio de la xunta». Carmen Gallego añadió que «en ferrol existe una base de buceadores que están disponibles las veinticuatro horas del día durante todo el año, lo que hace que estemos a un nivel europeo en capacidad de respuesta».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca de la Xunta:

O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, e a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, presentaron ao sector o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña de Galicia, que foi aprobado polo Goberno galego o pasado 16 de novembro no Consello da Xunta, e no que se establecen as pautas de actuación que debe seguir o Executivo galego para facer fronte a situacións de loita contra a contaminación. Previamente á súa aprobación, o documento obtivo o visto bo do Pleno da Comisión Galega de Protección Civil.

O Plan supón un paso máis dentro do obxectivo do Goberno autónomo de que Galicia conte con máis e mellores medios e maior capacidade de reacción e coordinación para loitar contra posibles episodios de contaminación mariña. Ademais, a súa elaboración responde a un mandato legal do Executivo central que establece que todas as comunidades autónomas deben dotarse deste instrumento.

O Plan Territorial de Continxencias determina os medios humanos e materiais que serían necesarios ante un accidente por contaminación mariña para dar a resposta máis axeitada tendo en conta as particularidades das costas galegas. Asimesmo establece os protocolos de actuación que deberán seguir os distintos departamentos da Xunta que teñen responsabilidades directas nos traballos de loita contra a contaminación, sendo a Consellería de Presidencia a encargada de liderar as actuacións ao ter as competencias en materia de emerxencias.

Coa aprobación deste documento créase o CECOP, o Centro de Coordinación Operativa e órgano de dirección do plan, que funcionará baixo o mandato do conselleiro de Presidencia. No desempeño das súas funcións, o presidente do CECOP contará coa colaboración do Consello Asesor, integrado polos máximos responsables de Pesca, Medio Ambiente e Política Territorial. A maiores, no caso de que fose necesario uniríanse ao Centro de Coordinación os titulares de Innovación, Sanidade e Economía.

O Consello Asesor estará en permanente contacto coa Unidade de Apoio Técnico, que estará formada polas direccións xerais implicadas directamente na xestión da emerxencia, así como por un equipo de científicos encargados de propoñer as estratexias máis axeitadas para combater a contaminación.

Por outra banda, crearase unha Unidade de Apoio Loxístico que dependerá da Consellería de Política Territorial; un Grupo Operativo de Protección Civil, dependente da Consellería de Presidencia; un Grupo Operativo de Resposta en Terra, liderado por membros da Consellería de Medio Ambiente; e un Grupo Operativo de Resposta en Mar, dirixido pola Consellería de Pesca.

Pola súa banda, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) e Meteogalicia estarán integrados no Plan Territorial como centros oficiais dependentes da Xunta de Galicia. En concreto, o Intecmar involúcrase neste plan a través de dúas unidades, a de Documentación e Apoio Científico e a de Observación Próxima.

Segundo establece o Plan Territorial, o protocolo a seguir ante un aviso de posible contaminación mariña sería o seguinte:

1. Confirmación dos feitos.
2. Avaliación da situación.
3. Convocatoria do CECOP.
4. Activación do plan nos seus diferentes niveis de emerxencia.

Finalmente, o Plan Territorial presentado hoxe ao sector establece un programa de adestramentos e simulacros que terán como obxectivo mellorar a eficacia de resposta ante unha emerxencia e, nesta liña, será sometido a revisión cada dous anos contados a partir da súa data de aprobación. Ademais, poderá sufrir modificacións por proposta de calquera das consellerías implicadas ou como consecuencia dos avances tecnolóxicos que se produzan na loita contra a contaminación ou, tamén, debido a cambios lexislativos que obriguen á súa modificación.
R.